Afrodita
Nome orixinal | (grc) Αφροδίτη |
---|---|
Biografía | |
Residencia | Olimpo |
Celebración | Relixión da Grecia antiga e Mitoloxía grega |
Patrón de | Amor e beleza |
Familia | |
Cónxuxe | Hefesto |
Parella | Anquises Hermes Dioniso Poseidón Phaethon Ares Faetonte Adonis Butes Zeus |
Fillos | Anteros () Ares Peitho () OcéanoTetis Tique () OcéanoTetis Eryx () Poseidón Eneas () Anquises Golgos () Adonis Polycaon () Butes Adrestia () Ares Cárites () ZeusEurínome (filla de Océano) Rode () OcéanoTetis Himeneo () Dioniso Eros () PoroPénia Deimos () Ares Priapo () Dioniso Fobos () Ares Hímero () Ares Harmonía () Ares Hermafrodito () Hermes Lyrus () Anquises |
Pais | Zeus Urano e Dione Evonyme Xea |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron |
Afrodita é a deusa grega do amor e da beleza. Nacida da escuma do mar de Chipre, segundo Hesíodo, ó ser fecundado polos xenitais do Ceo/Urano, botados polo seu fillo Crono/Saturno despois de castralo.
Durante o xuízo de Paris, nada puido a maxestade da deusa Hera nin a belicosidade de Atenea fronte á súa sedutora beleza, e Paris concedeulle a mazá de ouro como premio á fermosura. Foi a protectora de Paris e de Troia, e logo do heroe latino Eneas, o fillo de Anquises e fundador simbólico de Roma. É tamén a fecundidade na natureza vexetal e animal. O seu fillo é Eros -o latino Cupido- caprichoso frecheiro de dous dardos: un para os amores felices, e o outro para os desgrazados.
Os seus poderes eran inmensos: protexía aos esposos, fecundaba os fogares, estaba presente nos partos, simbolizaba a paixón desenfreada, incitaba aos mortais a toda clase de voluptuosidades e vicios.
A illa de Citeres era o centro do seu culto.
Afrodita tiña o seu propio festival, as Afrodisias, celebradas en toda Grecia, pero sobre todo en Atenas e Corinto.
O seu equivalente romano era Venus, Ishtar en Mesopotamia, Ashtart en Fenicia, Turan en Etruria.
Por mor da súa fermosura, Zeus temía que puidese ser causa de violencia entre os deuses, polo que a casou con Hefesto, pero a infelicidade do seu matrimonio causou que buscase compañía noutros deuses, especialmenteAres, pero tamén Adonis, Anquises e moitos outros.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Afrodita |