Saltar ao contido

Tour de Francia 2014

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaTour de Francia 2014
Mapa de localización
Imaxe
(2014)
TipoTour de Francia Editar o valor en Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor en Wikidata
Parte deUCI World Tour 2014 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento3.660,5 km Editar o valor en Wikidata
Lugar de saídaLeeds Editar o valor en Wikidata
Liña de metaParís Editar o valor en Wikidata
Número de participantes198, inicio
164, final Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
PaísFrancia, Reino Unido, Bélxica e España Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo5 de xullo de 2014 – 27 de xullo de 2014 Editar o valor en Wikidata
Número de edición101 Editar o valor en Wikidata
Competición

Gañador da clasificación xeral Vincenzo Nibali
Segundo da clasificación xeral Jean-Christophe Péraud
Terceiro da clasificación xeral Thibaut Pinot
Gañador da clasificación por puntos Peter Sagan
Gañador da clasificación da montaña Rafał Majka
Vencedor da classificação dos jovens Thibaut Pinot
Winner of the most combative rider Alessandro De Marchi
Vencedora da classificação por equipas AG2R La Mondiale
Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialletour.fr… Editar o valor en Wikidata

2013 Editar o valor en Wikidata
2015 Editar o valor en Wikidata

O Tour de Francia 2014 foi a 101ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O seu percorrido comezou o 5 de xullo na cidade inglesa de Leeds e rematou o 27 de xullo en París. Os equipos participantes foron 22, 18 deles de categoría UCI ProTour (primeira división do ciclismo) e os outros 4 de categoría UCI Profesional Continental, convidados pola organización da carreira. O número de ciclistas participantes foi polo tanto de 198 (9 por equipo).

A carreira presentou as ausencias salientables de Nairo Quintana que viña de gañar o Giro de Italia, e Bradley Wiggins que estaba a preparar a Vuelta a España. Ningún ciclista galego participou nesta edición. Os principais favoritos eran Chris Froome e Alberto Contador, que viñan de gañar a meirande parte das carreiras anteriores nas que competiran. Tamén salientables eran as presenzas de Vincenzo Nibali e Alejandro Valverde na carreira, así como as de Joaquim Rodríguez e Andy Schleck que non chegaban cunha boa preparación. Non obstante, as caídas dos dous grandes favoritos (Froome e Contador) na primeira semana de carreira supuxo o seu abandono e que a disputa pola clasificación xeral quedase en mans doutros corredores.

A vitoria final foi para o italiano Vincenzo Nibali que aproveitou a súa ocasión dominando a clasificación xeral con moita vantaxe, gañando 4 etapas, e vestindo o Maillot jaune (amarelo) en 18 das 21 etapas do Tour. Esta vitoria supuxo que Nibali entrase nun pequeno grupo de corredores que ó longo da historia gañaron a tres grandes voltas (Giro de Italia, Tour de Francia e Vuelta a España), composto por Jacques Anquetil, Felice Gimondi, Eddy Merckx, Bernard Hinault e Alberto Contador. O resto das clasificacións foron gañadas por:

  • Maillot vert (verde) da clasificación por puntos: Foi para o eslovaco Peter Sagan, que dominou esta clasificación durante toda a carreira malia non gañar ningunha etapa.
  • Maillot à pois rouges (a puntos vermellos) da clasificación da montaña: Foi para o polaco Rafal Majka, seguido de preto polo líder da clasificación xeral Vincenzo Nibali, que chegou a liderar esta clasificación nunha das etapas dos Pireneos.
  • Maillot blanc (branco) da clasificación dos xoves: Foi para o francés Thibaut Pinot, terceiro da clasificación xeral, despois de que o tamén francés Romain Bardet o levase posto durante a primeira metade da carreira.
  • Clasificación por equipos: Venceu o equipo francés AG2R La Mondiale.
  • Premio da combatividade: Foi para Alessandro de Marchi pola súa frecuente presenza en escapadas.

O alemán Marcel Kittel tamén tivo unha actuación moi salientable acadando catro triunfos parciais en chegadas ao sprint, unha delas en París, e sendo o primeiro líder da carreira.

Etapa Data Percorrido km Gañador Líder
1.ª 5 de xullo Leeds- Harrogate 191 Alemaña Marcel Kittel Alemaña Marcel Kittel
2.ª 6 de xullo York- Sheffield Etapa de media montaña 201 Italia Vincenzo Nibali Italia Vincenzo Nibali
3.ª 7 de xullo Cambridge- Londres 155 Alemaña Marcel Kittel Italia Vincenzo Nibali
4.ª 8 de xullo Le Touquet-Paris-Plage-Villeneuve-d'Ascq 164 Alemaña Marcel Kittel Italia Vincenzo Nibali
5.ª 9 de xullo Bélxica Ypres-Arenberg Porte du Hainaut 152,5 Países Baixos Lars Boom Italia Vincenzo Nibali
6.ª 10 de xullo Arrás-Reims 194 Alemaña André Greipel Italia Vincenzo Nibali
7.ª 11 de xullo Épernay-Nancy 233 Italia Matteo Trentin Italia Vincenzo Nibali
8.ª 12 de xullo Tomblaine-Gérardmer La Mauselaine Etapa de media montaña 161 Francia Blel Kadri Italia Vincenzo Nibali
9.ª 13 de xullo Gérardmer-Mulhouse Etapa de media montaña 166 Alemaña Tony Martin Francia Tony Gallopin
10.ª 14 de xullo Mulhouse-Planche des Belles Filles Etapa de montaña 161 Italia Vincenzo Nibali Italia Vincenzo Nibali
11.ª 16 de xullo Besanzón-Oyonnax Etapa de media montaña 186 Francia Tony Gallopin Italia Vincenzo Nibali
12.ª 17 de xullo Bourg-en-Bresse-Saint-Étienne 183 Alexander Kristoff Italia Vincenzo Nibali
13.ª 18 de xullo Saint-Étienne-Chamrousse Etapa de montaña 200 Italia Vincenzo Nibali Italia Vincenzo Nibali
14.ª 19 de xullo Grenoble-Risoul Etapa de montaña 177 Polonia Rafal Majka Italia Vincenzo Nibali
15.ª 20 de xullo Tallard-Nimes 222 Alexander Kristoff Italia Vincenzo Nibali
16.ª 22 de xullo Carcasona-Bagnères-de-Luchon Etapa de media montaña 237 Australia Michael Rogers Italia Vincenzo Nibali
17.ª 23 de xullo Saint-Gaudens-Saint-Lary-Soulan Etapa de montaña 125 Polonia Rafal Majka Italia Vincenzo Nibali
18.ª 24 de xullo Pau-Hautacam Etapa de montaña 145 Italia Vincenzo Nibali Italia Vincenzo Nibali
19.ª 25 de xullo Maubourguet Pays du Val d’Adour-Bergerac 208 Lituania Ramunas Navardauskas Italia Vincenzo Nibali
20.ª 26 de xullo Bergerac-Périgueux Contra o reloxo individual 54 (CRI) Alemaña Tony Martin Italia Vincenzo Nibali
21.ª 27 de xullo Évry-París 136 Alemaña Marcel Kittel Italia Vincenzo Nibali
Total 3.663 Italia Vincenzo Nibali

Clasificación xeral

[editar | editar a fonte]

A seguinte táboa amosa as dez primeiras posicións da clásificación xeral trala última etapa do Tour 2014:

Posición Ciclista Equipo Tempo
Italia Vincenzo Nibali Astana Pro Team 89h 59' 06"
2.º Francia Jean-Christophe Péraud Ag2r La Mondiale + 07' 37"
3.º Francia Thibaut Pinot FDJ.fr + 08' 15"
4.º España Alejandro Valverde Movistar Team + 09' 40"
5.º Tejay van Garderen BMC Racing Team + 11' 24"
6.º Francia Romain Bardet Ag2r La Mondiale + 11' 26"
7.º República Checa Leopold Konig Team NetApp-Endura + 14' 32"
8.º España Haimar Zubeldia Trek Factory Racing + 17' 57"
9.º Países Baixos Laurens ten Dam Belkin-Pro Cycling + 18' 11"
10.º Países Baixos Bauke Mollema Belkin-Pro Cycling + 21' 15"

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]