Tour de Francia 2004
O Tour de Francia 2004 foi a 91ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O seu percorrido comezou o 3 de xullo na cidade belga de Liexa e rematou o 25 de xullo en París.
Os equipos participantes foron 21, o número de ciclistas que comezaron a carreira foi de 189 (9 por equipo), dos cales remataron 147. Óscar Pereiro do equipo Phonak e Marcos Serrano do equipo Liberty Seguros foron os 2 únicos ciclistas galegos que participaron na proba.
A carreira presentaba como gran favorito ó ciclista norteamericano Lance Armstrong, do equipo US Postal, quen xa gañara as 5 edicións anteriores do Tour de Francia, mentres que como principais alternativas presentaba ó italiano Ivan Basso e ós alemáns Jan Ullrich e Andreas Kloden.
Thomas Voeckler vestiu o maillot amarelo durante 10 etapas, ata a chegada dos Alpes, nos que Lance Armstrong colleu o liderado da carreira definitivamente. O podio dos Campos Elisios estivo formado por Lance Armstrong, Andreas Kloden e Ivan Basso.
No ano 2012, Lance Armstrong foi sancionado pola UCI coa retirada de tódolos seus resultados deportivos obtidos a partir de 1998 como condena por formar parte dunha trama de dopaxe.[1] A mesma condena afectou ós seus compañeiros de equipo, entre eles o 9º clasificado, Levi Leipheimer. Deste xeito, o podio da edición 2004 do Tour de Francia quedou sen gañador.
Etapas
[editar | editar a fonte]- CRI - Contra o reloxo individual; CRE - Contra o reloxo por equipos.
Clasificación xeral
[editar | editar a fonte]Así quedaron as primeiras posicións da clasificación xeral do Tour de Francia 2004 trala disputa da proba e tralas eliminacións de Lance Armstrong e Levi Leipheimer en 2012.

Posición | Ciclista | Equipo | Tempo |
---|---|---|---|
![]() |
Vacante | - | - |
Desc. | ![]() |
||
2 | ![]() |
T-Mobile | + 6' 19" |
3 | ![]() |
Team CSC | + 6' 40" |
4 | ![]() |
T-Mobile | + 8' 50" |
5 | ![]() |
US Postal | + 14' 30" |
6 | ![]() |
Illes Balears | + 18' 01" |
7 | ![]() |
Gerolsteiner | + 18' 27" |
8 | ![]() |
Team CSC | + 19' 51" |
Desc. | ![]() |
||
10 | ![]() |
Phonak | + 22' 54" |
54 | ![]() |
Liberty Seguros | + 1h 42' 53" |
- Desc. - Descalificados.