Tour de Francia 2005
O Tour de Francia 2005 foi a 92ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O seu percorrido comezou o 2 de xullo na localidade de Fromentine (departamento de Vendée) e rematou o 23 de xullo en París.
Os equipos participantes foron 21, o número de ciclistas que comezaron a carreira foi de 189 (9 por equipo), dos cales remataron 155. Óscar Pereiro do equipo Phonak e Marcos Serrano do equipo Liberty Seguros foron os 2 únicos ciclistas galegos que participaron na proba, cunha salientable actuación, xa que ámbolos dous foron quen de gañar unha etapa.[1][2]
A carreira presentaba como gran favorito ó ciclista norteamericano Lance Armstrong, do equipo Discovery Channel, quen xa gañara as 6 edicións anteriores do Tour de Francia, mentres que como principais alternativas presentaba ó italiano Ivan Basso, ós alemáns Jan Ullrich e Andreas Kloden, e ó casaco Alexander Vinocurov.
Lance Armstrong colleu o maillot amarelo na cuarta etapa, unha contra o reloxo por equipos de 67'5 quilómetros, e xa non o deixou até a meta de París salvo por un día que o colleu o alemán Jens Voigt. O podio dos Campos Elisios estivo formado por Lance Armstrong, Ivan Basso e Jan Ullrich.
No ano 2012, como consecuencia das investigacións realizadas na Operación Puerto, a Jan Ullrich fóronlle retirados tódolos resultados deportivos obtidos a partir de maio do ano 2005, acusado de realizar prácticas prohibidas para mellorar a súa condición física, como transfusións de sangue.[3] Tamén no ano 2012, Lance Armstrong foi sancionado pola UCI coa retirada de tódolos seus resultados deportivos obtidos a partir de 1998 como condena por formar parte dunha trama de dopaxe.[4] A mesma condena afectou ós seus compañeiros de equipo David Zabriskie, George Hincapie e Levi Leipheimer. Deste xeito, o podio da edición 2005 do Tour de Francia quedou sen gañador, e o 3º posto pasou a estar ocupado polo español Francisco Mancebo, que rematara 4º na clasificación xeral.
Etapas
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b6/Lance_Armstrong_Tour_de_France_Pforzheim_2005-07-09.jpg/180px-Lance_Armstrong_Tour_de_France_Pforzheim_2005-07-09.jpg)
- CRI - Contra o reloxo individual. CRE - Contra o reloxo por equipos.
Clasificación xeral
[editar | editar a fonte]Así quedaron as primeiras posicións da clasificación xeral do Tour de Francia 2005 trala disputa da proba e tralas eliminacións de Lance Armstrong, Jan Ullrich e Levi Leipheimer.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/ce/Tour-de-France-2005-Oscar-Pereiro-Sio.jpg/250px-Tour-de-France-2005-Oscar-Pereiro-Sio.jpg)
Posición | Ciclista | Equipo | Tempo |
---|---|---|---|
![]() |
Vacante | - | - |
Desc. | ![]() |
||
2 | ![]() |
Team CSC | + 4' 40" |
Desc. | ![]() |
||
3 | ![]() |
Illes Balears | + 9' 59" |
4 | ![]() |
T-Mobile | + 11' 01" |
Desc. | ![]() |
||
6 | ![]() |
Rabobank | + 11' 33" |
7 | ![]() |
Davitamon-Lotto | + 11' 55" |
8 | ![]() |
Phonak | + 12' 44" |
9 | ![]() |
Phonak | + 16' 04" |
10 | ![]() |
Crédit Agricole | + 16' 26" |
39 | ![]() |
Liberty Seguros | + 1h 21' 31" |
- Desc. - Descalificados da carreira sancionados por dopaxe.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El español Óscar Pereiro gana la decimosexta etapa del Tour (en castelán)
- ↑ Marcos Serrano gana tras una escapada la decimoctava etapa del Tour (en castelán)
- ↑ TAS: Ullrich, culpable de dopaje y sancionado dos años (en castelán)
- ↑ La UCI deja vacantes los siete Tours de Armstrong y quiere “dar la vuelta a este doloroso episodio” (en castelán)