20 de xullo
Aparencia
<< | Xullo | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 | ||||
2024 Todos os días |
O 20 de xullo é o 201º día do ano do calendario gregoriano e o 202º nos anos bisestos. Quedan 164 días para finalizar o ano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1810 - Colombia declara a súa independencia de España.
- 1936: en España, o xeneral José Sanjurjo, que ía encabezar o levantamento militar que desencadeou a guerra civil española, morre en accidente de aviación cando regresaba desde Lisboa a Madrid.
- 1954 - Camboxa tórnase independente.
- 1969 - A Apolo 11 pousa na Lúa. Neil Armstrong é o primeiro home a pisar o solo lunar.
- 1976 - A sonda Viking I estadounidense pousa no chan de Marte.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 1304 - Francesco Petrarca, escritor e humanista italiano (m. 1374).
- 1822 - Gregor Mendel, monxe agostiño e naturalista (m. 1884).
- 1830 - José Montero Ríos, médico e político galego (m. 1890).
- 1864 - Erik Axel Karlfeldt, poeta sueco (m. 1931).
- 1925 - Frantz Fanon, psicólogo e escritor francés de Martinica (m. 1961).
- 1927 - Constantino García, lingüista e escritor galego (m. 2008).
- 1932 - Josefa de Bastavales, pandeireteira galega.
- 1947 - Carlos Santana, músico mexicano.
- 1955 - Arsenio Fernández de Mesa, político galego.
- 1964 - Chris Cornell, músico estadounidense.
- 1966 - Stone Gossard, músico estadounidense.
- 1980 - Gisele Bündchen, modelo brasileira
Mortes
[editar | editar a fonte]- 1857 - Xosé María Díaz Sanxurxo, santo galego.
- 1866 - Bernhard Riemann, matemático alemán (n. 1826).
- 1908 - Federico Chueca, compositor español (n. 1846).
- 1936 - Francisco Ascaso, militante anarcosindicalista aragonés da CNT (n. 1901)
- 1937 - Guglielmo Marconi, inventor da radio.
- 1937 - Jesús Prósper Ros, político español.
- 1951 - Narciso Correal, escritor galego (n. 1876).
- 1973 - Bruce Lee, actor.
- 1992 - Manuel Fabeiro Gómez, historiador e escritor galego (n. 1916).
- 2009 - Ricardo Pérez Medín, político galego (n. 1908).
- 2011 - Lucian Freud, pintor xermano-británico (n. 1922).
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]Outros
[editar | editar a fonte]- Santoral: Santos Elías e Eliseu. Santo Galego: San Xosé María Díaz Sanxurxo.