Eddy Merckx
Edouard Louis Joseph Merckx, nado en Meensel-Kiezegem o 17 de xuño de 1945, é un ex ciclista profesional belga, coñecido como Eddy Merckx. Acadou sona por gañar o Tour de Francia cinco veces e outras moitas probas ciclistas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Merckx comezou a súa carreira de ciclista en 1961 dentro da categoría afeccionado. Só tres anos máis tarde gañou o seu primeiro grande título: campión do mundo afeccionado. En 1965, fíxose profesional; a partir de aquí, o seu continuo encadeado de vitorias fíxolle gaña-lo sobrenome de O Caníbal. De feito, o seu número absoluto de vitorias ascende a 525, dentro das cales podemos contar 5 tours, 5 giros e unha Vuelta a España, unha Volta a Cataluña, unha Volta a Suíza e tres París- Niza, unha Dauphine Libere e unha Volta a Valencia, entre as voltas por etapas.
Entre as numerosas clásicas salientan os sete triunfos na Milán-San Remo, cinco Lieja-Bastogne-Lieja, tres París-Roubaix e tres Frecha Valoa. Gañou en seis ocasións a Escalada ao Montjuic. Venceu tamén nunha ocasión no Gran Premio das Nacións e tres veces no campionato do mundo. Foi récord da hora en 1972 (49,431 km)
Merckx retirouse o 17 de maio de 1978.
Vitorias
[editar | editar a fonte]Marcas
[editar | editar a fonte]- Maior número de vitorias: 525.
- Percorreu 49,432 km nunha hora en pista (a marca da hora)
- Maior número de vitorias nunha temporada: 54.
- Maior número de tiradas no Tour de Francia: 34.
- Maior número de tiradas co maillot amarelo: 96.
- Único corredor en gañar a clasificación xeral, por puntos e da montaña nun mesmo Tour (1969)
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Tour de Francia: 5 veces a clasificación xeral: 1969, 1970, 1971, 1972, 1974. 3 veces a clasificación dos puntos: 1969, 1971, 1972. 2 veces a clasificación da montaña: 1969, 1970. 5 veces a clasificación combinada. 34 vitorias en tiradas.
- Giro de Italia: 5 veces a clasificación xeral: 1968, 1970, 1972, 1973, 1974. 25 vitorias en tiradas. Unha vez a clasificación por puntos: 1973. Unha vez a clasificación da montaña. 4 veces a clasificación combinada
- Vuelta a España: 1973. Seis etapas, regularidade e combinada
- Campionato do mundo: 1967, 1971, 1974
- Numerosas clásicas e carreiras menores.