Saltar ao contido

Le Grand-Bornand

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaLe Grand-Bornand
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 45°56′31″N 6°25′31″L / 45.9419, 6.4253
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsAuvernia-Ródano-Alpes
DepartamentoAlta Savoia
Distritosarrondissement of Annecy (en) Traducir
CantónCanton of Thônes (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación2.068 (2021) Editar o valor en Wikidata (33,67 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie61,42 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude920 m-892 m-2.749 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal74450 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Sitio webmairielegrandbornand.com Editar o valor en Wikidata
LinkedIn: mairie-du-grand-bornand Editar o valor en Wikidata

Le Grand-Bornand é unha pequena vila francesa, situada no departamento da Alta Savoia, e na rexión de Ródano-Alpes. É unha zona de fala francoprovenzal.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A vila está situada entre o macizo dos Bornes e a serra dos Aravis e é fundamentalmente coñecida por ser unha estación de esquí. Non está por conseguinte lonxe do Mont Blanc, do lago de Annecy e da fronteira con Suíza, O nome vénlle do río que a cruza, o Borne, que é un afluente do Arve. Ten unha extensión de 61,42 km², onde viven unciamente 2.115 habitantes (conforme o censo de 1999).

O territorio do concello divídese en tres grandes áreas: o val do Bouchet, o val do Chinaillon, e mais o poboamento do Gran-Bornand, que se atopa nunha valga de orixe lacustre no cruzamento dos dous vales maiores. O Bouchet, situado río arriba da vila, é un val moi encaixado, mentres que O Chinaillon, por riba deles, concentra a maior parte da actividade de deportes de inverno.

O pequeno tamaño do Grand-Bornand non lle conferiu demasiada importancia histórica. O incendio dunha igrexa en 1569 e un tremor de terra en 1817 son as principais datas antes de que se crease, o 28 de outubro de 1923 un club de esquí que lle daría pulo á vila.

As demais aparicións de Grand-Bornand na historia cóntanse por traxedias. O 24 de agosto de 1944, ao tempo que se producía a liberación de París, un grupo de oficiais das Forzas Francesas do Interior (FFI) fusilaba, logo dun proceso sumarísimo e sen garantías legais, a 76 milicianos, moitos deles menores de idade, acusados de colaboraren coa ocupación nazi. Iso acontecía preto do bosque de Peseretaz, en Grand-Bornand. O 14 de xullo de 1987, unha riada do Borne levou por diante un campamento e matou 21 dos seus ocupantes, con dous desaparecidos. O campamento estaba situado nunha zona de crecidas do río. O 12 de abril de 2003, un veciño asasina á familia enteira do produtor inmobiliario Xavier Flactif (5 vítimas) no seu chalé do Chinaillon, no que foi coñecido como caso Flactif.

Turismo e cultura

[editar | editar a fonte]

O edificio con maior valor histórico do Grand-Bornand é a igrexa de Nosa Señora da Asunción. Aínda que se sabe da existencia deste templo dende 1346, foi destruído parcialmente no incendio de 1569, e logo reconstruído varias veces ata a última reforma, de 1877.

Ademais do turismo deportivo derivado da estación de esquí (37 remontes, 90 km de pistas de esquí alpino e 62 de esquí de fondo), é propio do Grand-Bornand o queixo reblochon producido con leite de vaca. Tamén hai unha tradicional fábrica de limoada, que leva en funcionamento dende 1870.

Na vila, que foi xa por dúas veces (2004 e 2007) final de etapa do Tour de Francia, viven numerosos deportistas de inverno, que teñen colleitado éxitos internacionais para os equipos franceses de esquí e de bíatlon.