Saltar ao contido

Lance Armstrong

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLance Armstrong

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Lance Edward Gunderson Editar o valor en Wikidata
18 de setembro de 1971 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Plano, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónGeneral William J. Palmer High School (en) Traducir
Plano East Senior High School (en) Traducir
Austin College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura177 cm Editar o valor en Wikidata
Peso71 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónciclista, creador de podcast, autobiógrafo, triatleta Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor en Wikidata
Deporteciclismo en ruta
tríatlon Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Competición
1992-1996 Motorola
1997-1997 Cofidis (ciclismo)
1998-2005 Discovery Channel
2009-2009 Astana
2010-2011 RadioShack
Participou en
3 de xullo de 2010Tour de Francia 2010
2010UCI World Ranking de 2010 (pt) Traducir (60º)
2009UCI World Ranking de 2009 (pt) Traducir (31º)
2005UCI ProTour de 2005 (pt) Traducir (5º)
3 de xullo de 2004Tour de Francia 2004
2004Q53844942 Traducir (7º)
20032003 UCI Road World Rankings (en) Traducir (8º)
20022002 UCI Road World Cup (en) Traducir (13º)
20022002 UCI World Road Rankings (en) Traducir (2º)
20012001 UCI Road World Rankings (en) Traducir (4º)
20002000 UCI Road World Rankings (en) Traducir (4º)
2000Xogos Olímpicos de 2000
19991999 UCI Road World Rankings (en) Traducir (7º)
1998Q53844933 Traducir (25º)
19961996 UCI Road World Cup (en) Traducir (7º)
19961996 UCI Road World Rankings (en) Traducir (9º)
1996Xogos Olímpicos de 1996
19951995 UCI Road World Cup (en) Traducir (9º)
19951995 UCI Road World Rankings (en) Traducir (15º)
19941994 UCI Road World Cup (en) Traducir (6º)
19941994 UCI Road World Rankings (en) Traducir (25º)
19931993 UCI Road World Rankings (en) Traducir (21º)
1992Xogos Olímpicos de 1992 Editar o valor en Wikidata
Familia
ParellaTory Burch Editar o valor en Wikidata
PaisEddie Charles Gunderson Editar o valor en Wikidata  e Linda Gayle Mooneyham Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Medvik >>>:Armstrong, Lance, 1971-, Editar o valor en Wikidata
Sitio weblancearmstrong.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0035790 Facebook: lancearmstrong Twitter: lancearmstrong BNE: XX944036 Genius: Lance-armstrong Editar o valor en Wikidata

Lance Armstrong, nado o 18 de setembro de 1971 en Plano, Texas, é un ciclista norteamericano. É especialmente coñecido por, despois de ter superado un cancro de testículos (diagnosticado en 1996), ser o único ciclista do mundo en gañar 7 Tours de Francia. Conseguidos de xeito consecutivo, dende 1999 ata 2005, fóronlle retirados o 22 de outubro de 2012 pola Unión Ciclista Internacional tralo informe da Axencia Antidopaxe dos Estados Unidos (USADA) por doparse e de subministrar substancias dopantes aos seus compañeiros de equipo.

Fóra do ciclismo, é coñecido tamén por ter creado a Fundación Lance Armstrong para apoio ós enfermos de cancro. Unha das iniciativas máis famosas desta fundación foron as pulseiras amarelas Livestrong, coas que obtiveron decenas de millóns de dólares que destinaron á loita contra a enfermidade.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Armstrong comezou a competir xa á idade de 14 anos como triatleta, pero pronto fíxose evidente que o seu destino estaba no ciclismo. Con só 17 anos, foi invitado polo Equipo Ciclista Xuvenil dos EEUU, co que abandonou a súa cidade natal.

En 1991, Armstrong gañou o campionato afeccionado dos Estados Unidos; ó ano seguinte, fíxose profesional. Foi o último na súa primeira carreira ciclista, a Clásica de San Sebastián. Tan só un ano máis tarde, converteuse no campión do mundo en estrada en Oslo (Noruega).

Entre 1993 e 1995, Armstrong gañou varias etapas no Tour de Francia e varias carreiras dun só día. Pero 1996 foi un ano de verdadeiros fracasos para el, tanto no Tour coma nos Xogos Olímpicos.

Armstrong no Tour de 2004

O 2 de outubro de 1996, diagnosticáronlle tres cancros nos testículos que xa crearan metástase, estendéndose cara ós pulmóns e o cerebro. As súas probabilidades de supervivencia eran inferiores ó corenta por cento (algo que posteriormente desmentiron os propios doutores, pois non ascendían a máis do 3%).

Como consecuencia desta enfermidade, a Armstrong houbéronlle de extirpa-lo testículo dereito, solucionar dúas lesións cerebrais e someter a un tratamento de quimioterapia. Este último foi máis suave do habitual para permitir unha eventual continuación da súa carreira ciclista en caso de recuperación.

E esta produciuse cedo. Armstrong volveu ó ciclismo co equipo ciclista United States Postal Service e quedou de cuarto na Vuelta a España no ano 1998.

En 1999, Armstrong gaña o seu primeiro Tour de Francia. A este seguíronlle seis triunfos máis, na maior parte dos cales superou en máis de seis minutos ó segundo. Só en 2003 correu un verdadeiro risco, pois Jan Ullrich ameazou a súa vitoria ata o último momento (de feito, ó final a diferenza entre ambos era escasamente superior ó minuto).

Motivos do seu éxito

[editar | editar a fonte]

Firme metodoloxía de adestramento

[editar | editar a fonte]

Lance Armstrong é especialmente coñecido por terse centrado todo o ano no Tour de Francia, levando a cabo continuos adestramentos non só nos Estados Unidos senón tamén en España ou nos escenarios da carreira en Francia.

Forma de correr e características físicas

[editar | editar a fonte]

Armstrong ten un corpo especialmente adecuado para a práctica do ciclismo. O seu elevadísimo nivel de resistencia aeróbica permitiulle manter unha cadencia próxima ás 120 pedaladas por minuto. Isto dá lugar a que a súa velocidade se deba ó número de pedaladas e non á forza que lle imprime a cada unha, co que consegue mellores resultados con menor fatiga ca outros campións coma, por exemplo, Miguel Indurain.

Armstrong con Iván Basso

O corazón de Armstrong é un 30% máis grande cá media; cando está en repouso, dá entre 32 e 34 latidos por minuto; nun momento de máximo esforzo, pode chegar ás 201 pulsacións por minuto. A súa acumulación de ácido láctico é de 6μL/Kg (cando o normal entre ciclistas é situarse entre 12 e 20). Como resultado disto, Armstrong sente menos fatiga tras un exercicio prolongado.

O seu equipo

[editar | editar a fonte]

Un dos factores máis importantes dentro do éxito de Armstrong é o seu equipo. Por un lado, Johan Bruyneel, o seu director, organizou tódalas preparacións do ciclista de cara ó Tour de Francia e axudouno durante as súas sete vitorias. Por outro, os demais corredores do equipo adícanse unicamente á súa vitoria e supuxeron, ó longo dos sete Tours de Armstrong, un grande apoio para el.

Dúbidas sobre dopaxe

[editar | editar a fonte]

Armstrong, como ciclista, non se librou de numerosas acusacións de dopaxe. El sempre afirmou que era o atleta ó que máis controis se lle facían e dixo que as acusacións non se debían máis que a envexa polos seus triunfos.

A Armstrong nunca se lle atoparon substancias dopantes en ningún control de ningunha carreira ciclista. Só en 1999 os seus niveis dunha destas substancias superaban o normal, pero non eran suficientes para formalizar unha acusación. En 2005, o periódico francés L'Équipe dixo basearse en probas da Unión Ciclista Internacional para afirmar que Armstrong se dopaba; como resposta, este decidiu volver ó ciclismo (xa pretendera retirarse en 2005) e correr o Tour de 2006 para "fastidiar os franceses".

Finalmente, a aparición de novas probas[1] fixo que fose desposuído pola UCI dos seus sete títulos no Tour de Francia e suspendido de por vida en 2012[2].

Mulleres e fillos

[editar | editar a fonte]

Lance Armstrong casou con Kristin Richard en maio de 1998 e tiveron tres fillos: Luke (nado en outubro de 1999) e as xemelgas Isabelle e Grace (nadas en novembro de 2001). En setembro de 2003, divorciouse.

Despois disto, Armstrong tivo un romance con Sheryl Crow. A súa relación anunciouse en xaneiro de 2004; o seu compromiso, en setembro de 2005; a súa ruptura, en febreiro de 2006.

  • 1991-1992: Equipo nacional dos Estados Unidos
  • 1992-1996: Motorola
  • 1997: Cofidis
  • 1998-2002: US Postal Service
  • 2003-2004: US Postal Service presented by Berry Floor
  • 2005: Discovery Channel Pro Cycling Team
  • 2009: Astaná (equipo ciclista)
  • 2010: Team RadioShack

Fonte [3]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
1992
First Union Grand Prix
GP Sanson
Fitchburg Longsjo Classic (clasificación xeral e etapa)
Thrift Drug Classic
Vuelta La Riberia (clasificación xeral e tres etapas)
Trittico Premondiale (unha etapa)
1993
Campionato do Mundo
Campionato dos Estados Unidos
Oitava etapa do Tour de Francia.
Tour de América (clasificación xeral)
Volta Ciclista a Galicia
Trophée Laigueglia
Unha etapa do Tour DuPont
Unha etapa da Volta a Suecia
Kmart West Virginia Classic (clasificación xeral e dúas etapas)
Thrift Drug Classic
1994
Thrift Drug Classic
Unha etapa do Tour DuPont
1995
Etapa 18 do Tour de Francia
Clásica de San Sebastián
Quinta etapa da París-Niza
Tour duPont (clas. xeral e 3 etapas)
Kmart West Virginia Classic (clas. xeral e unha etapa)
Tour of America (clas. xeral)
1996
Tour DuPont (clas. xeral e 5 etapas)
A Frecha Valoa
1998
Rheinland-Pfalz Rundfahrt (clas. xeral)
Tour de Luxemburgo (clas. xeral e 1 etapa)
Cascade Classic

De aquí adiante, os resultados foronlle quitados por dopaxe tras a investigación da USADA

1999
Tour de Francia (clas. xeral e 4 etapas; o seu primeiro Tour)
Prólogo da Dauphiné Liberé
Route du Sud (cuarta etapa)
Circuit de la Sarthe (cuarta etapa)
2000
Tour de Francia (clas. xeral e 1 etapa)
GP des Nations
GP Eddy Merckx
Terceira etapa da Dauphiné Libéré
Medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Sydney en contra o reloxo masculina.
2001
Tour de Francia (clas. xeral e 4 etapas)
Tour de Suíza (clas. xeral e 2 etapas)
2002
Tour de Francia (clas. xeral e 4 etapas)
Sexta etapa da Dauphiné Libéré
GP du Midi-Libre
2003
Tour de Francia (clas. xeral, 1 etapa, contra o reloxo por equipos)
Dauphiné Libéré (clas. xeral, terceira etapa)
2004
Tour de Francia (clas. xeral, 5 etapas, contra o reloxo por equipos)
Tour de Georgia (clas. xeral, 2 etapas)
Quinta etapa do Tour du Languedoc-Roussillon
Cuarta etapa da Volta ao Algarve
2005
Tour de Francia (clas. xeral, 3 etapas, contra o reloxo por equipos)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]