Tileiro de folla miúda
Tileiro de folla miúda | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Tilia cordata : folla e flores | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Tilia cordata' Mill., Gard. Dict., ed. 8. n. 1, 1768 |
O tileiro de folla miúda[1] (Tilia cordata) é unha especie arbórea orixinaria de Europa, que vive dende a Península Ibérica até os Montes Urais.
Medra até os 20-30 metros de altura e ten de 1 a 1,5 m de circunferencia na base do toro. As súas follas teñen forma de corazón. Cada verán, produce flores miúdas de cor entre amarelo e verde. Estas flores son visitadas frecuentemente polas abellas.
Hibridación e especies semellantes
[editar | editar a fonte]En Europa hai dúas especies de tileira que se asemellan moito: T. cordata e Tilia platyphyllos. As dúas poden hibridarse e o produto dese cruzamento é a Tilia x vulgaris, árbore que a miúdo se utiliza na xardinaxe. Porén, non é difícil distinguir as dúas especies grazas a estes particulares:
- o tamaño das follas: as de T. cordata non miden májs de 8 cm, mentres que as de T. platyphyllos poden acadar os 15 cm, de aí os nomes comúns;
- o envés das follas: nas dúas especies hai pelos nas axilas dos nervios, que son de cor arroibada en T. cordata e de cor abrancazada en T. platyphyllos;
- o froito: o de T. cordata é miúdo, non mide máis de 8 mm de diámetro e non ten costelas, podéndose crebar coa man sen problemas; o de T. platyphyllos é máis grande, ten 5 costelas moi evidentes e é moi duro;
- as xemas: nas de T. cordata pódense ver só dúas escamas, mentres que nas de T. platyphyllos pódense ver tres escamas;
- as ramiñas: as de T. cordata son glabras, é dicir non teñen vilosidade, mentres as de T. platyphyllos son pubescentes, ou sexa, aveludadas.
Existen importantes problemas taxonómicos, aínda por arranxar, dentro do xénero - en particular para os chamados híbridos.[2]
- Tilia microphylla Vent.
- Tilia sibirica Bayer
- Tilia europaea subsp. parvifolia Ehrh.
- Tilia bohemica Opiz
- Tilia betulifolia Hoffm. ex Bayer
- Tilia parvifolia Ehrh. ex Hoffm.
- Tilia ulmifolia Scop.
- Tilia sylvestris Desf.
- Tilia cordata var. japonica Miq.
- Tilia japonica (Miq.) Simonk.
- Tilia cordata f. vulgaris Ig.Vassil.
- Tilia officinarum Crantz
- Tilia officinarum Crantz subsp. officinarum pro parte[3][4][5][6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nome vulgar en galego xunto a tileiro de folla pequena en Termos Esenciais de Botánica, Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo, Universidade de Santiago de Compostela, 2002
- ↑ Tilia en Flora Ibérica - RJB/CSIC, Madrid
- ↑ Flora Europea
- ↑ "USDA-GRIN". Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2012. Consultado o 27 de abril de 2013.
- ↑ The Plant List
- ↑ "eFlore". Tela Botanica (en francés). Consultado o 2020-04-20.
- ↑ "Anthos - RJB/CSIC, Madrid". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2015. Consultado o 27 de abril de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tileiro de folla miúda |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Tileiro de folla miúda |