Saltar ao contido

Tronco (árbore)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Exemplo de troco vello dun carballo na Carballeira de Santa Susana, Santiago de Compostela.

O tronco ou toro é o talo principal das árbores e arbustos. Nas plantas, un tronco é un tipo de caule leñosa, resistente, cilíndrica ou cónica e tamén máis longa na base ca na cima, con ramificacións que se forman a partir de certa altura.

Xusto debaixo da superficie do tronco (casca), a saiba da árbore, transporta os nutrientes minerais procedentes da terra. A árbore protexe esas canles mediante a casca; así e todo, plantas parasitas, insectos e fungos.

O tronco da maior parte das árbores adultas chega a aumentar uns 2,5 cm por ano (o das sequoias xigantes, 8 cm), e medra cara a fóra, de xeito que se cortamos un tronco é posíbel ver os aneis concéntricos que o conforman. Contando eses aneis, sábese a idade que tiña a árbore.

Chámase toco á parte do tronco ou do talo que queda pegado á raíz, despois de cortar unha planta ou unha árbore.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]