Ponte Vasco da Gama
Ponte Vasco da Gama | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | ponte tirante, viaduto, ponte de estrada, patrimonio cultural e ponte de formigón armado ![]() | |||
Epónimo | Vasco da Gama ![]() | |||
Material usado | Formigón armado e formigón pretensado ![]() | |||
Custo | 897.000.000 € ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Portugal | |||
Distritos | Distrito de Lisboa | |||
Cidade grande | Lisboa | |||
Freguesía | Parque das Nacións de Lisboa ![]() | |||
Visitas | ||||
Prezo de acceso | 2,85 € e 12,2 € ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1995 ![]() | |||
Inauguración | 29 de marzo de 1998 ![]() | |||
Acontecementos | ||||
febreiro de 1995 – 29 de marzo de 1998 | construción ![]() | |||
Dimensións | ||||
Altura | 155 m ![]() | |||
Lonxitude | 12.345 m ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Arquitecto | Michel Virlogeux, Charles Lavigne e Armando Rito ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Sen protección legal | ||||
[ Wikidata ] |
A Ponte Vasco da Gama é unha ponte pénsil de tirantes sobre o río Texo, na área da Grande Lisboa, ligando o Montixo e Alcochete a Sacavém, moi próximo do Parque das Nacións, onde se realizou a Expo 98. Inaugurada a 4 de abril de 1998, a ponte é a máis longa de Europa e a cuarta máis extensa do mundo, cos seus 17,2 km de lonxitude, dos cales 10 están sobre as augas do esteiro do Texo. O van (lonxitude do taboleiro) do taboleiro central é de 420 metros. Foi construída a fin de constituír unha alternativa á ponte 25 de Abril para o tránsito que circula entre o norte e o sur do país na zona da capital portuguesa.
Durante a súa construción foi necesario tomar especiais coidados co impacto ambiental, visto que atravesa o Parque Natural do Esteiro do Texo, unha importante área a escala europea de alimentación e aniñadoiro de aves acuáticas. Foi tamén necesario proceder ao realoxamento de 300 familias.
O nome da ponte conmemora os 500 anos da chegada de Vasco da Gama á India, en 1498.
É unha das máis altas construcións de Portugal, con 148 metros de altura.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Dende a ponte.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ponte Vasco da Gama |