Saltar ao contido

Praça do Comércio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arco Triunfal da Rua Augusta e Estatua de D. Xosé I, na Praça do Comércio.

A Praça do Comércio (Praza do Comercio, máis coñecida por Terreiro do Paço), foi o terreo onde se asentou o Palacio Real de Lisboa durante máis de 200 anos. É unha das máis importantes prazas de Lisboa, cunha gran vista ao estuario do río Texo, ademais de ser o centro neurálxico da cidade.

En 1511, D. Manuel I cambiou a súa residencia desde o Castelo de San Xurxo a este lugar á beira do Texo. Este palacio e a súa biblioteca con máis de setenta mil volumes foi destruído polo Terremoto de Lisboa. Na reconstrución, a praza converteuse en elemento fundamental dos plans do Marqués de Pombal. Os novos edifícios, con arcadas rodeando a praza están ocupados por ministerios.

Despois da Revolución de 1910 os edifícios foron pintados de rosa, a cor republicana, en contraposición ao amarelo real en que estaban pintados. O lado sur, coas súas dúas torres cadradas, está a mirar ao Texo. Esa foi sempre a mellor entrada de Lisboa, onde chegaban os embaixadores e a realeza. Para desembarcar utilizaban uns chanzos de mármore. Aínda é posible ver esa entrada a Lisboa. Hoxe o que destaca da praza é o intenso tráfico da avenida da Ribeira, que pasa entre a praza e o río. No centro da praza pódese ver a estatua ecuestre de D. Xosé I, erixida en 1775 por Machado de Castro, o principal escultor portugués do século XVIII. Co paso dos anos, a estatua de bronce foi tornándose a cor verde, sendo este cor o que presenta hoxe en día. No lado norte da praza atópase o impresionante Arco Triunfal da Rua Augusta, que é a entrada á Baixa.

O 1 de febreiro de 1908, o rei D. Carlos e o seu fillo Lois Filipe foron atacados cando atravesaban a praza. En 1974 a praza foi o escenario da Revolución dos Caraveis, que derrubou ao goberno de Marcelo Caetano nunha revolución sen violencia. A área foi utilizada como aparcadoiro durante moitos anos, aínda que hoxe este vasto espazo é utilizado para eventos culturais e espectáculos.

Acontecementos históricos

[editar | editar a fonte]
  • Antes do terremoto de 1755, estivo o Palacio Real, en cuxa biblioteca se gardaban 70 000 volumes e centos de obras de arte, incluíndo pinturas de Tiziano, Rubens e Correggio. Todo quedou destruído. Os arquivos reais cos documentos relativos á exploración do océano, incluíndo, por exemplo cartas numerosas a partir do descubrimento do Brasil e outros documentos antigos tamén se perderon.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]