Saltar ao contido

Tartu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaTartu
Vista aérea
Imaxe

Lema«Heade mõtete linn»
«City of good thoughts» Editar o valor en Wikidata
EpónimoTaarapita (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 58°22′48″N 26°43′21″L / 58.38, 26.7225
PaísEstonia
CondadosCondado de Tartu
City (en) TraducirTartu City (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación97.759 (2024) Editar o valor en Wikidata (2.508,57 hab./km²)
Xeografía
Superficie38,97 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porEmajõgi Editar o valor en Wikidata
Altitude79 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación1262 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
15 de agosto de 1224Siege of Tartu (en) Traducir
23 de outubro de 1656Siege of Dorpat (en) Traducir
1657Siege of Tartu (en) Traducir
4 de xuño de 1704Siege of Tartu (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Código postal50050–51111 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Kutaisi (2017–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webtartu.ee Editar o valor en Wikidata
BNE: XX458735

Tartu é a segunda maior cidade de Estonia e capital do condado de Tartu. A cidade de Tartu ten unha poboación de 93.124 habitantes (2017) e unha superficie de 38,8 km². É a segunda cidade máis poboada do país, por detrás da capital Tallin,[1] e a oitava máis poboada no conxunto dos países bálticos.

O desenvolvemento de Tartu estivo ligado á propia historia do sur de Estonia. A primeira mención data de 1030 e fai referencia a «Iúriev», unha fortaleza controlada pola Rus de Kíiv.[2] Nas cruzadas bálticas de comezos do século XIII, dita fortaleza foi capturada polos Irmáns Livonios, renomeada «Dorpat» e convertida na capital do bispado de Dorpat (1224-1558). Posteriormente estivo baixo control da República das Dúas Nacións, o imperio sueco e o Imperio ruso, até que Estonia proclamou a súa independencia en 1919 e impuxo o topónimo actual.[3]

Tartu considérase a capital cultural e intelectual do país,[4][5][6] ó posuír a universidade máis antiga e prestixiosa do país, a Universidade de Tartu, fundada en 1632 por Gustavo II Adolfo de Suecia e principal academia do país.[7] Desde a década de 1960 até a súa morte en 1993 foi catedrático desta universidade o semiólogo Iurii Lotman, cofundador da Escola Tartu-Moscova. Durante o nacionalismo romántico, os intelectuais estonianos organizaron a primeira edición do Festival da Canción de Estonia —actualmente en Tallin— e a primeira representación teatral en lingua estoniana. Hoxe en día a cidade acolle o Ministerio de Educación e Investigación, a Corte Suprema, o Museo Nacional de Estonia e o observatorio de Tartu.[3]

Outros nomes históricos da cidade inclúen o alemán Dorpat (do século XIII) e o ruso Yuryev (Юрьев, dende 1030) e Derpt (Дерпт).

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O topónimo estoniano «Tartu» é oficial desde 1918 e provén do nome que os primeiros nativos lle deron á fortificación sobre o coto do río Emajõgi: Tarbata, Tharbata, Tharbete e incluso Darbete. A súa orixe non está clara: varía entre unha referencia ao touro (en estoniano, tarvas) e outra ao deus mitolóxico Tharapita (en estoniano, Taara).[8] O termo en latín é «Tarbatum».

Tamén ten outros nomes históricos noutras linguas. O máis estendido é o xermano «Dorpat», unha variante do latín actualmente en desuso pero que foi oficial desde 1224 até 1721. En tempos do Imperio ruso utilizouse o topónimo «Derpt» (Дерпт, 1721-1893) e «Iuriev» (Юрьев, 1893-1918), este último recoñecido na primeira mención escrita da vila.[9]

Poboación

[editar | editar a fonte]

Segundo o censo da European Statistical Office no ano 2005, a poboación de Tartu estaba composta por:

Cidades irmás

[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Tartu – City of Good Thoughts – ECB". Estonian Convention Bureau (en inglés). Consultado o 4 de maio de 2017. 
  2. "Yaroslav the Wise". Enciclopedia de Ucrania (en inglés). Consultado o 25 de abril de 2017. 
  3. 3,0 3,1 "History of Tartu". www.tartu.ee. Consultado o 25 de abril de 2017. 
  4. "La ciudad de Tartu, en Estonia". Deutsche Welle. Consultado o 29 de abril de 2017. 
  5. "Tartu". urbact.eu (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2017. Consultado o 4 de maio de 2017. 
  6. Jardine, Bradley (14 de decembro de 2015). "An insider's cultural guide to Tartu: Estonia's intellectual heart". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 4 de maio de 2017. 
  7. "University of Tartu achieves new record in the world rankings". Estonian World (en inglés). 7 de setembro de 2016. Consultado o 30 de abril de 2017. 
  8. "Kohanimeraamat Tartu nimedest". www.tartuekspress.ee (en estoniano). 24 de novembro de 2016. Consultado o 4 de maio de 2017. [Ligazón morta]
  9. "Vene kroonikate Jurjev oli tõenäoliselt siiski Tartu". www.sirp.ee (en estoniano). 12 de outubro de 2001. Consultado o 26 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]