Centro Cultural de Belém
Aparencia
Centro Cultural de Belém | |
---|---|
Centro Cultural de Belém | |
Coordenadas | 38°41′44″N 9°12′28″O / 38.695556, -9.207778 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Centro Cultural de Belém é un edificio civil de Lisboa, erixido a comezos da década de 1990 e inaugurado para ser a sede da presidencia portuguesa da Comunidade Económica Europea (actual Unión Europea).
Abriuse como centro cultural e de conferencias en 1993, destacándose no seu programa a música, as artes teatrais e a fotografía. Tamén dispón dun gran centro de exposicións e un museo de deseño con pezas dende 1937. A cafetería e o restaurante teñen vistas aos xardíns de oliveiras, que amortecen o ruído do tráfico, e dende onde se poden ver os peiraos e o río. Nas fins de semana o centro énchese de artistas, actores e patinadores.