Kaunas
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Lituania | ||||
City municipality of Lithuania (en) | Kaunas City Municipality (en) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 305.120 (2023) (1.943,44 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 157 km² | ||||
Bañado por | Río Niemen | ||||
Altitude | 48 m | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Visvaldas Matijošaitis (en) (2015–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | LT-44001 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 837 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Khárkiv (2001–) | ||||
Páxina web | kaunas.lt… | ||||
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Kaunas (en lituano [ˈkɐʊˑn̪ɐs̪] (AFI), escoitar) é unha antiga capital e segunda meirande cidade de Lituania. Sitúase no punto onde se encontran os ríos Neman e Neris, os ríos máis grandes do país.
Nomes
[editar | editar a fonte]Antes da independencia do país, a cidade era máis coñecida como Kovno, a forma tradicional do seu nome nas linguas eslavas. O seu nome en polonés é Kowno. A forma tradicional en ruso é Ковно, a pesar de Каунас tamén se usa dende 1940. En yiddish o seu nome é Kovne (קאָװנע), e en alemán é Kowno ou Kauen.
Historia
[editar | editar a fonte]Onde hoxe é o centro histórico de Kaunas, xunto ós ríos Neman e Neris, xurdiu no século X a.C. unha poboación. Cóntase que a cidade propiamente dita foi fundada en 1030, pero o seu nome só xurdiu en textos despois de 1361. No século XIII erixiuse unha muralla para protexela contra os ataques dos Cabaleiros Teutónicos. En 1362 a cidade foi capturada por estes, que destruíron o seu castelo.
En 1408 a cidade tivo garantidos os dereitos de Magdeburgo por Vytautas o Grande. O castelo foi reconstruído no comezo do século XV. A cidade comezou a destacar, pois estaba situada na intersección de rutas comerciais e era un porto fluvial. En 1441 Kaunas xuntouse á Liga Hanseática, e establecementos comerciais da Hansa foron abertos. Arredor do século XVI a cidade tiña unha escola pública, un hospital e unha farmacia, e era unha das máis organizadas cidades do Gran-Ducado de Lituania.
Os séculos XVII e XVIII foron malos para a cidade. En 1665, o exército ruso atacouna, e en 1701 Kaunas foi ocupada polos suecos. A peste negra atinxiu a cidade en 1657 e 1708, e varios incendios destruíron partes da cidade en 1731 e 1732. Despois da última repartición de Polonia-Lituania en 1795, a cidade foi ocupada por Rusia. Cando foi da invasión da Rusia por Napoleón Bonaparte en 1812, o Grande Exército pasou dúas veces pola cidade, devastándoa nas dúas ocasións.
Despois da última partición da Polonia, Kaunas foi un dos centros do Levantamento de Novembro (1830-1831) e do Levantamento de Xaneiro (1863-1864). Para desencoraxar a poboación local, as autoridades rusas deixaron un gran número de soldados na cidade. O forte militar ruso daquela época existe ata hoxe.
En 1862 foi construído un ferrocarril conectando o Imperio Ruso e Alemaña, e Kaunas tornouse un importante enlace ferroviario. En 1898 a primeira fábrica eléctrica comezou a funcionar. Despois de que Vilnius fora ocupada polos bolxeviques rusos en 1919, o goberno da República da Lituania fixou a súa sede en Kaunas. Posteriormente, cando Vilnius foi cercada por Polonia, a cidade tornouse na capital interina do goberno lituano, posición que mantivo ata 1940, cando Polonia foi dividida entre a Alemaña nazi e a Unión Soviética. Iosif Stalin devolveu Vilnius á Lituania, tralo que comezou o cambio da capitalidade. Pero antes da súa conclusión, o país enteiro foi ocupado polos soviéticos.
Entre as dúas guerras mundiais, as industrias prosperaron en Kaunas, e neste período foi a máis grande cidade lituana. Durante a xestión do prefecto Jonas Vileišis (1921-1931), Kaunas creceu rapidamente e tornouse unha cidade moderna. Inaugurouse un sistema de auga e desaugadoiros, que custou máis de 15 millóns de litas (a moeda lituana). A cidade creceu de 18 aos 40 km². Máis de 2500 predios foron construídos, así como tres modernas pontes sobre os ríos Neris e Nemunas. Todas as rúas da cidade foron pavimentadas, os transportes movidos por animais foron substituídos por omnibus modernos; novos suburbios foron construídos (especialmente na rexión de Žaliakalnis), e creáronse novos parques e prazas. As bases dun sistema de seguro social foron establecidas. Tres novas escolas e novas bibliotecas públicas foron concluídas, incluíndose a Biblioteca Vincas Kudirka. Vileišis mantivo diversos contactos con outras cidades europeas, e como resultado Kaunas tornouse activa participante na vida urbana europea.
En 1940 foi anexada pola Unión Soviética como parte da república socialista soviética da Lituania.
Despois da segunda guerra mundial Kaunas tornouse a principal cidade industrial de Lituania. Produciu preto de 1/4 da produción industrial da república soviética.
Despois da proclamación da independencia lituana en 1991, os soviéticos tentaron neutralizar a rebelión insuflada nas emisoras de radio e televisión situadas en Sitkūnai.
Poboación histórica
[editar | editar a fonte]Ano | Número de habitantes |
---|---|
1723 | 28 000 |
1796 | 8 500 |
1813 | 3 000 |
1825 | 5 000 |
1840 | 8 500 |
1860 | 23 300 |
1897 | 71 000 |
1923 | 92 000 |
1940 | 154 000 |
1959 | 214 000 |
1966 | 275 000 |
1989 | 418 087 |
2001 | 378 943 |
2004 | 366 652 |
2005 | 361 274 |
Deporte
[editar | editar a fonte]- FK Kauno Žalgiris
- BC Žalgiris-2 (club de baloncesto Žalgiris Kaunas)
Composición étnica
[editar | editar a fonte]Kaunas é unha das cidades que ten porcentualmente máis lituanos no país: un 93% da súa poboación. A porcentaxe de lituanos na cidade é maior que na capital Vilnius, e hai máis lituanos étnicos en Kaunas que letóns étnicos en Riga ou estonianos étnicos en Tallinn.
Composición étnica no 2001:
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kaunas |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial de Kaunas Arquivado 18 de decembro de 2012 en Wayback Machine.