Leopardo
Leopardo Rango fósil: Plistoceno ata o presente | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Panthera pardus (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||
Distribución do leopardo en liberdade:
Presenza histórica. Presenza dubidosa. Presenza moi fragmentada. Presenza verificada. | |||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
O leopardo ou pantera (Panthera pardus)[2] é unha especie de mamífero da orde dos carnívoros, familia dos félidos e subfamilia dos panterinos. Coma os outros tres grandes panterinos do xénero Panthera (o león, o tigre e o xaguar), presenta unha modificación no óso hioide que lle permite ruxir. O leopardo é denominado comunmente pantera ou pantera negra cando a súa pelaxe presenta unha cor completamente escura por mor do melanismo. Este fenómeno tamén se da entre os xaguares americanos, coa diferenza de que nos leopardos débese a un alelo recesivo e nos xaguares a un alelo dominante.
Características
[editar | editar a fonte]Os leopardos habitan todo tipo de hábitats, salvo os desertos, sempre que teñan onde se acochar e alimento abondo. Así, atópanse en selvas, sabanas, lugares rochosos, zonas de cultivos etc. Na antigüidade o leopardo era abondoso en toda África e na metade sur de Asia. Daquela, nalgunhas culturas era considerado un cruzamento entre león e pantera, como se reflicte no seu nome, que se compón das palabras gregas λέων leōn (león) e πάρδος pardos (pantera macho). Actualmente é moito menos frecuente atopalo en Asia, pero segue tendo unha presenza importante na zona central de África.
O leopardo ten a cabeza redonda e a cola longa e fina. As súas patas son potentes, con 4 dedos nas patas de atrás e 5 nas de diante, sendo tódalas súas garras retráctiles. As diversas subespecies presentan tamaños moi variados. Acadan unha lonxitude de 91 a 191 centímetros sen ter en conta a cola, que pode medir de 58 a 110 cm. A altura pode variar entre 45 e 78 centímetros. Os machos adultos chegan a pesar entre 37 e 90 quilogramos, e as femias entre 28 e 60.
A súa alimentación consiste en animais medianos ou pequenos. Na súa dieta inclúense monos, porcos, cervos, chacales, antílopes, aves, gando etc. Adoita gardar parte da súa caza nas árbores para non ter que comer ás presas e que lle rinda varios días. Os leopardos cazan preferentemente pola noite e descansan polo día, ocupando covas ou pólas das árbores, dende as que tamén vixían a presenza de presas ou de ameazas como leóns, hienas ou tigres.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1758 por Linneo no Tomo 1, páxina 41, da 10ª edición do seu Systema Naturae,[3] baixo o nome de Felis pardus.[4]
Sinónimo
[editar | editar a fonte]Subespecies
[editar | editar a fonte]Malia que no pasado houbo máis subespecies, hoxe varias están extinguidas. Na actualidade a maioría dos autores recoñecen as seguintes 8 subespecies:[3][4]
- Panthera pardus delacouri Pocock, 1930 - leopardo de Indochina.
- Panthera pardus fusca (Meyer, 1794) - leopardo da India.
- Panthera pardus japonensis (J. E. Gray, 1862) - leopardo chinés do norte.
- Panthera pardus kotiya Deraniyagala, 1956 - leopardo de Sri Lanka.
- Panthera pardus melas (G. Cuvier, 1809) - leopardo de Xava.
- Panthera pardus nimr (Hemprich & Ehrenberg, 1833) - leopardo de Arabia (ás veces inclúese dentro do leopardo de Persia).[Cómpre referencia]
- Panthera pardus orientalis (Schlegel, 1857) - leopardo do Amur.
- Panthera pardus pardus (Linnaeus, 1758) - leopardo africano.
Porén, algúns consideran tamén a:
- Panthera pardus saxicolor Pocock, 1927[5] - leopardo de Persia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Stein, A.B.; Athreya, V.; Gerngross, P.; Balme, G.; Henschel, P.; Karanth, U.; Miquelle, D.; Rostro, S.; Kamler, J.F. & Laguardia, A. (2016). "Panthera pardus". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2016: 15954/102421779. doi:10.2305/IUCN.UK.2016-1.RLTS.T15954A50659089.en.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para leopardo.
- ↑ 3,0 3,1 Panthera pardus Linnaeus, 1758 en MSW.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Felis pardus Linnaeus, 1758 no GBIF.
- ↑ Panthera pardus (Linnaeus, 1758) no ITIS.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Leopardo |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Leopardo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- DeRuiter, D. J.; Berger, L. R. (2000). "Leopards as Taphonomic Agents in dolomitic Caves—Implications for bone Accumulations in the Hominid-bearing Deposits of South Africa". Journal of Archaeological Science 27 (8): 665–684. doi:10.1006/jasc.1999.0470.
- Allsen, Thomas T. (2007). "Natural History and Cultural History: The Circulation of Hunting Leopards in Eurasia, Seventh-Seventeenth Centuries". En Mair, Victor H. Contact and Exchange in the Ancient World. Honolulu: University of Hawai'i Press. ISBN 978-0-8248-2884-4.
- Sanei, A. (2007). Analysis of leopard (Panthera pardus) status in Iran (en persa). Tehran: Sepehr Publication Center. ISBN 978-964-6123-74-8.
- Sanei, A.; Zakaria, M.; Yusof, E.; Roslan, M. (2011). "Estimation of leopard population size in a secondary forest within Malaysia's capital agglomeration using unsupervised classification of pugmarks" (PDF). Tropical Ecology 52 (1): 209–217. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de abril de 2012. Consultado o 21 de novembro de 2021.
- Taylor, P.; Barrientos, S.; Dolan, C. (2005). Beyond Conservation: A Wildland Strategy. Earthscan. ISBN 978-1-84407-197-5.
- Zakaria, M.; Sanei, A. (2011). "Conservation and management prospects of the Persian and Malayan leopards". Asia Life Sciences. Supplement 7: 1–5.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |