Gazpacho
Gazpacho | |
Gazpacho servido. | |
Outros nomes | Gaspacho |
Tipo | Sopa |
Temperatura | Frío |
Orixe | Andalucía Alentexo, Algarve, Portugal |
Gastronomía | Gastronomía de Andalucía Gastronomía de Portugal |
Ingredientes | |
Orixe vexetal | Tomate Pemento Cogombro Allo Pan |
Condimentos | Aceite de oliva Vinagre |
Variantes | Ajoblanco |
Relacionados | |
Similares | Salmorejo Ajoblanco |
O gazpacho ou gaspacho[1] é unha sopa fría elaborada con ingredientes en cru, tradicional do sur da Península Ibérica. Desde tempos moi antigos era unha versión fría das sopas de allo, é dicir que ten como ingredientes básicos pan, auga, aceite de oliva, allo, cogombro e sal, ás veces sós, coma no gazpacho estremeño, e outras veces engadindo outros materiais para darlle sabor, por exemplo ovo cocido (así é no gazpacho cordobés).
Entre os ingredientes máis primitivos encontrábanse as améndoas na variante chamada ajoblanco de Andalucía oriental (Granada e Málaga); noutros casos, laranxas amargas coma en Sevilla ou a fariña de fabas secas. Á hora de servir poden poñerse por enriba uns anacos pequenos de alimento, tropezones, que no caso do ajoblanco tradicionalmente son uvas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "DICIONARIO DE ALIMENTACIÓN E RESTAURACIÓN". p. 123. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2015. Consultado o 3 de febreiro de 2015.