Festival de Eurovisión 1961
Festival de Eurovisión 1961 | |
---|---|
Datas | |
Final | 18 de marzo de 1961 |
Anfitrión | |
Lugar | Palais des Festivals et des Congrès Cannes, Francia |
Produtor executivo | Maurice Barry |
Televisión anfitrioa | Radiodiffusion-Télévision Française (RTF) |
Acto(s) intermedio(s) | Tessa Beaumont mais Max Bozzoni (bailaríns) |
Participantes | |
Participantes | 16 |
Países que debutan | España, Finlandia e Iugoslavia |
Mapa
| |
Votacións | |
Sistema de votación | Cada país tiña un xurado de 10 membros, cada membro outorgaba un 1 punto á súa canción favorita. |
Canción gañadora | Luxemburgo, "Nous les amoureux" |
Festival de Eurovisión | |
◄1960 1962► |
O Festival de Eurovisión 1961 foi a 6ª edición do festival de Eurovisión. Por segunda vez o concurso foi feito na cidade francesa de Cannes, cidade na que xa fóra hospedado no 1959. Organizado pola Unión Europea de Radiodifusión (EUR, polas siglas en galego ou EBU polas súas siglas en inglés) e a televisión anfitrioa local, a RTF siglas en francés para Radiodiffusion-Télévision Française (en galego: Televisión Francesa de Radiodifusión).
O concurso foi organizado no "Palais des Festivais et des Congrès" (Pazo de festivais e congresos) o 18 de marzo de 1961. Foi o primeiro concurso realizado nun sábado polo serán, tradición que continúa ata a actualidade. O espectáculo foi conducido por Jacqueline Joubert, quen tamén conduxera o festival de 1959.
Dezaseis países participaron no concurso, tres máis que na edición anterior. Debutaron no festival a Finlandia, a España e a Iugoslavia.
O gañador foi Luxemburgo coa canción "Nous les amoureux" (Nós, os amigos), interpretada por Jean-Claude Pascal, escrita por Maurice Vidalin, e composta por Jacques Datin.
Localización
[editar | editar a fonte]O festival tivo lugar en Cannes, Francia, no Palais des Festivais et des Congrès, após que Francia gañara o concurso de 1960 o que otorga o dereito de ser anfitrión do festival do ano seguinte.
Cannes, é unha cidade localizada na costa azul francesa. É un dos maiores destinos turísticos de toda a Francia e é mundialmente coñecida por ser anfitrioa do Festival de Cine de Cannes, feito tamén no Pazo dos festivais e dos congresos. O edificio do teatro foi construído en 1949 dentro do hotel de luxo JW Marriott Cannes na popular avenida do Croisette. Esta foi tamén a sede da edición de 1959.
Formato
[editar | editar a fonte]O vídeo introdutorio foi semellante ó de 1959: primeiro unha visión do mar e do Palais des Festivals et des Congrès; despois, unha visón do local, das cabinas dos comentadores, do público, da orquestra e, finalmente, unha cortiña, que por detrás deixaba entreveres o escenario. O escenario foi maior do que fóra usado nos anos anteriores, nel representábase un grande xardín dunha gran pazo mediterráneo, con escadas de pedra, flores e co cuadro de votacións posicionado á esquerda do palco. Abriu a cortiña desvelando a todos os artistas reunido no escenario (por primeira vez na historia). Aparece entón a presentadora do espectáculo, Jacqueline Joubert, que foi a primeira persoa en presentar dúas veces o festival.
Comezou co clásico "Boa noite, Europa!" e concluíu a súa introdución con: "Para aproximar as persoas, un pouco dun refrán as veces é moito mellor do que un longo discurso." Doña Joubert deu entón a benvida aos participantes, que, un por vez, avanzaron ata o micrófono para dicir o seu nome. Despois, a propia Joubert foi quen introduciu cada canción.
Como é habitual houbo un intervalo de varios minutos entre a última música e a votación. Para amenizar estes minutos a RTF contratou a dous bailadores da Ópera do París para dar un breve baile.
A emisión durou 1 hora e 35 minutos. O evento foi seguido por 35 millóns de persoas.
O sorteo da orde de actuación foi feita a 16 de marzo.
Debido a problemas co tempo límite do concurso, a música vencedora non foi transmitida no Reino Unido.[1]
Durante as votacións Luxemburgo votou ó Reino Unido con 8 puntos, Noruega tamén votou á Dinamarca con 8 puntos. Esta foi a votación máis grande feita por un só pais a outro dende 1958 e non sería superada ata 1970 cando a Bélxica votou á Irlanda con 9 puntos.[2]
Países participantes
[editar | editar a fonte]Un total de dezaseis países participaron no Concurso, incluíndo o tres debutantes: Finlandia, España, e Iugoslavia.[2]
Mestres de orquestra
[editar | editar a fonte]Cada país tiña un mestre de orquestra de seu para cada actuación.[3] Léo Chauliac, foi o director do tema de apertura do festival. [a]
- España – Rafael Ferrer
- Mónaco - Raymond Lefèvre
- Austria – Franck Pourcel
- Finlandia – George de Godzinsky
- Iugoslavia – Jože Privšek
- Países Baixos – Dolf van der Linden
- Suecia – William Lind
- Alemaña - Franck Pourcel
- Francia - Franck Pourcel
- Suíza – Fernando Paggi
- Bélxica - Francis Bay
- Noruega – Øivind Bergh
- Dinamarca - Kai Mortensen
- Luxemburgo – Léo Chauliac
- Reino Unido – Harry Robinson
- Italia – Gianfranco Intra
Resultados
[editar | editar a fonte]Sorteo | País | Artista | Canción | Lingua[4] | Sitio[5] | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|
01 | España Franquista | Conchita Bautista | "Estando contigo" | Castelán | 9 | 8 |
02 | Mónaco | Colette Deréal | "Allons, allons les enfants" | Francés | 10 | 6 |
03 | Austria | Jimmy Makulis | "Sehnsucht" | Alemán | 15 | 1 |
04 | Finlandia | Laila Kinnunen | "Valoa ikkunassa" | Finés | 10 | 6 |
05 | Iugoslavia | Ljiljana Petrović | "Neke davne zvezde" (Неке давне звезде) | Serbo-Croata | 8 | 9 |
06 | Países Baixos | Greetje Kauffeld | "Wat een dag" | Holandés | 10 | 6 |
07 | Suecia | Lill-Babs | "April, april" | Sueco | 14 | 2 |
08 | Alemaña | Lale Andersen | "Einmal sehen wir uns wieder" | Alemán, francés | 13 | 3 |
09 | Francia | Jean-Paul Mauric | "Printemps, avril carillonne" | Francés | 4 | 13 |
10 | Suíza | Franca di Rienzo | "Nous aurons demain" | Francés | 3 | 16 |
11 | Bélxica | Bob Benny | "September, gouden roos" | Holandés | 15 | 1 |
12 | Noruega | Nora Brockstedt | "Sommer i Palma" | Noruegués | 7 | 10 |
13 | Dinamarca | Dario Campeotto | "Angelique" | Danés | 5 | 12 |
14 | Luxemburgo | Jean-Claude Pascal | "Nous les amoureux" | Francés | 1 | 31 |
15 | Reino Unido | O Allisons | "Are u sure?" | Inglés | 2 | 24 |
16 | Italia | Betty Curtis | "Al di là" | Italiano | 5 | 12 |
Resultados
[editar | editar a fonte]Cada país participante tivo un xurado de 10 xuíces que puntou con 1 punto á súa canción favorita.
Países
votados |
Puntuación
total |
Países puntantes | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
España | 8 | 1 | 2 | 2 | 1 | 1 | 1 | ||||||||||
Mónaco | 6 | 1 | 1 | 3 | 1 | ||||||||||||
Austria | 1 | 1 | |||||||||||||||
Finlandia | 6 | 2 | 2 | 1 | 1 | ||||||||||||
Iugoslavia | 9 | 1 | 1 | 1 | 2 | 1 | 3 | ||||||||||
Países Baixos | 6 | 2 | 1 | 1 | 2 | ||||||||||||
Suecia | 2 | 2 | |||||||||||||||
Alemaña | 3 | 1 | 1 | 1 | |||||||||||||
Francia | 13 | 2 | 1 | 4 | 1 | 1 | 2 | 2 | |||||||||
Suíza | 16 | 2 | 2 | 4 | 2 | 1 | 2 | 2 | 1 | ||||||||
Bélxica | 1 | 1 | |||||||||||||||
Noruega | 10 | 1 | 5 | 1 | 2 | 1 | |||||||||||
Dinamarca | 12 | 8 | 2 | 1 | 1 | ||||||||||||
Luxemburgo | 31 | 3 | 1 | 1 | 1 | 5 | 1 | 1 | 5 | 3 | 4 | 4 | 2 | ||||
Reino Unido | 24 | 1 | 8 | 1 | 1 | 7 | 3 | 3 | |||||||||
Italia | 12 | 4 | 4 | 1 | 1 | 1 | 1 |
Personalidades
[editar | editar a fonte]A continuación unha lista das persoas encargadas de presentar na retransmisión os votos de cada país na orde en que foron feitos:
- Italia– Enzo Tortora
- Reino Unido – Michael Aspel
- Luxemburgo– TBC
- Dinamarca – Ole Mortensen
- Noruega – Mette Janson
- Bélxica – Ward Bogaert
- Suíza– Boris Acquadro
- Francia – Armand Lanoux
- Alemaña – Heinz Schenk
- Suecia – Roland Eiworth
- Países Baixos – Siebe van der Zee
- Iugoslavia – Saša Novak
- Finlandia – Poppe Berg
- Austria – Emil Kollpacher
- Mónaco – TBC
- España Franquista – Diego Ramírez Pastor
Transmisión
[editar | editar a fonte]A continuación unha táboa cas televisións encargadas de transmitir o festival.[8][9]
País | Televisión | Presentador |
---|---|---|
Austria | ORF | Lobo Mittler |
Bélxica | RTB | Francés: Robert Beauvais |
BRT | Holandés: Nic Bal | |
Dinamarca | Danmarks Radio TV | Sejr Volmer-Sørensen |
Finlandia | Suomen Televisio, Yleisradio | Aarno Walli |
Francia | RTF | Robert Beauvais |
Alemaña | Deutsches Fernsehen | Lobo Mittler |
Italia | Programma Nazionale | Corrado Mantoni |
Luxemburgo | Télé-Luxemburgo | Robert Beauvais |
Mónaco | Télé Monte Carlo | |
Países baixos | NTS, Hilversum 1 | Piet te Nuyl |
Noruega | NRK, NRK P1 | Leif Rustad |
España | TVE | Federico Gallo |
Suecia | Sveriges TV, SR P1 | Jan Gabrielsson |
Suíza | DRS TV | Alemán: Theodor Haller |
TSR | Francés: Robert Beauvais | |
Reino Unido | BBC TV | Tom Sloan |
BBC Light TV | Pete Murray | |
Iugoslavia | Televizija Beograd | Serbo-Croata: Ljubomir Vukadinović |
Televizija Zagreb | Serbo-Croata: Sašun Novak | |
Televizija Ljubljana | Esloveno: Tomaž Terček |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ He would be succeeded in that regard by 1966's Hans Hammerschmid, 1967's Kenny Woodman, 1969's Frans de Kok and Johnny Harris, 1972's Klaus Munro, 1974's Sven-Olof Walldoff, 1990's Gianni Madonini, and 1997's Don Airey.
- Referencias
- ↑ Tobin, Robert Deam (2017-07-05). Eurovision at 50: Post-Wall and Post-Stonewall. Routledge. pp. 25–35.
- ↑ 2,0 2,1 "Cannes 1961". eurovision.tv. Consultado o 2009-02-13.
- ↑ "And the conductor is...". Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2018. Consultado o 10 de xullo de 2018.
- ↑ "1961 - 6th edition". Consultado o 4 de marzo de 2012.
- ↑ "Cannes 1961 (Final)". Consultado o 28 de marzo de 2021.
- ↑ "Cannes 1961 (Results)". Consultado o 28 de marzo de 2021.
- ↑ "Cannes 1961 (Scoreboard)". Consultado o 14 de xuño de 2021.
- ↑ "1961 - Cannes". songcontest.free.fr. Consultado o 2022-01-02.
- ↑ "Welkom op de website van Eurovision Artists". www.eurovisionartists.nl. Consultado o 2022-01-02.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Festival de Eurovisión 1961 |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Predecesor: Londres 1960 |
Festival de Eurovisión Cannes 1961 |
Sucesor: Luxemburgo 1962 |