Alemaña no Festival de Eurovisión
Alemaña | |
---|---|
Estación membro | e |
Final nacional | Unser Star/Song für... (cidade sede) |
Aparicións | 58 |
Primeira aparición | 1956 |
Mellor resultado | |
Final | 1° 2010 1° 1982 |
Semifinal | 24º 1996, única semifinal porque a partir do ano 2000 pasa directamente á final por ser do Big 4 (máis tarde Big 5). |
Peor resultado | |
Final | 26° 2015
26° 2016 |
Semifinal | 24º 1996, única semifinal porque a partir do ano 2000 pasa directamente á final por ser do Big 4 (máis tarde Big 5). |
Ligazóns externas | |
Páxina de Alemaña en Eurovision.tv |
Alemaña participou en todos os Festivais de Eurovisión desde o seu inicio en 1956, salvo na edición de 1996. É o país con máis representacións en toda a historia do Festival da canción. Francia e o Reino Unido están preto, faltando a só dúas edicións cada un. Tamén se atopa bastante cerca España que empezou a concursar en 1961 e desde entón non faltou nunca.
Aínda que os participantes alemáns tiveron un éxito limitado (Alemaña só gañou o festival dúas veces), o interese público mantense alto e o festival é un dos eventos máis vistos en cada ano.
En anos recentes, Alemaña destacou pola súa adopción de estilos musicais non tan típicos co que poida asociarse normalmente a Eurovisión, tales como o country (Texas Lightning - Non Non Never en 2006), o swing (Roger Cicero - Frauen regier'n die Welt en 2007) ou o electropop (Lena - Taken by a stranger en 2011).
En 34 veces estivo no TOP-10 e só en 5 veces, Alemaña foi última (sen ter en conta a súa eliminación na rolda de clasificación en 1996).
Historia
[editar | editar a fonte]Festival de 1982
[editar | editar a fonte]A 1ª ganadora foi a estrela adolescente Nicole en 1982, que interpretou Ein bißchen Frieden, escrita por Ralph Siegel. A canción mantívose no número un da Lista de Popularidade alemá por cinco semanas e permaneceu entre as dez cancións máis populares por outras dezaseis. O festival tivo lugar no Reino Unido e Nicole gañou con 161 puntos, unha marxe de 61 puntos sobre o segundo lugar, ocupado po Avi Toledano de Israel. Siegel escribiu 12 das cancións interpretadas por cantantes alemáns, incluíndo "I can't live without music" en 2002 e "Let's get happy" en 2003.
Festival de 1996
[editar | editar a fonte]1996 foi o único ano no que Alemaña non acudiu ao Festival. Debido á gran cantidade de participantes en 1996, tívose que realizar unha criba de países por parte da organización en base á calidade dos temas. Malia que non se teñen datos oficiais sobre a súa realización, Alemaña quedou con 24 puntos, a 2 da última clasificada Finlandia, polo que non puido participar. O seu tema era "Blauer Planet", interpretado por Leon.
Festival de 1998: Guildo Horn
[editar | editar a fonte]O punto máis elevado do festival en Alemaña pode ser a versión de 1998. Guildo Horn comezou a súa campaña para ser nomeado como un cantante controvertido polo seu estilo. Foi criticado pola súa falta de seriedade e a súa imaxe. Con todo, a opinión pública pronto cambiou e Horn gañou a preselección alemá con máis do 60% dos votos. Achegándose o Eurovisión a "Guido-mania" estendeuse aínda máis a través de Alemaña e o evento foi material de primeira páxina ata a data do festival. Horn fíxose destacar tamén noutros países e a controversia que atopara en Alemaña rexurdiu a través de Europa.
Horn interpretou xunto a súa banda, Orthopädischen Strümpfe, cantando Guildo hat Euch lieb!, escrita por Stefan Raab. Aínda que o sétimo lugar foi decepcionante para moitos en Alemaña, foi un resurgimiento para o Eurovisión no país e foi o comezo para catro finais consecutivos entre os primeiros dez. Desde entón, Raab participou noutros dous Festivais. Dous anos logo de escribir "Guildo Hat Euch Lieb!", apareceu con "Wadde Hadde Dudde Da?", tema humorístico que interpretou o mesmo. Catro anos máis tarde, escribiu a canción de Max, "Can't Wait Until Tonight".
Festival de 2010: Lena Meyer-Landrut
[editar | editar a fonte]Alemaña conseguiu nesta edición a súa segunda vitoria no festival da man da nova Lena Meyer-Landrut.
O triunfo era moi esperado, tanto por alemáns como pola maioría dos europeos votantes, que vían como un país do "Big 4" levábase a casa o festival, fronte a candidaturas tan fortes como Grecia, Turquía ou os países do Leste, que adoitan copar o "top 10" nos últimos anos.
Gañou o certame con 246 puntos e o tema Satellite.
Votación de Alemaña 1975-2015
[editar | editar a fonte]
|
|
|
Ano: 2014
Participantes
[editar | editar a fonte]12 puntos
[editar | editar a fonte]- Alemaña deu 12 puntos a...
Final
[editar | editar a fonte]Ano | País | Ano | País | Ano | País | Ano | País |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1975 | Finlandia | 1988 | Suíza | 2001 | Dinamarca | 2014 | Países Baixos |
1976 | Francia | 1989 | Reino Unido | 2002 | Letonia | 2015 | Rusia |
1977 | Francia | 1990 | España | 2003 | Polonia | ||
1978 | Israel | 1991 | Suecia | 2004 | Turquía | ||
1979 | España | 1992 | Reino Unido | 2005 | Grecia | ||
1980 | Irlanda | 1993 | Suíza | 2006 | Turquía | ||
1981 | Francia | 1994 | Irlanda | 2007 | Turquía | ||
1982 | Israel | 1995 | Suecia | 2008 | Grecia | ||
1983 | Suecia | 1996 | Non cualificado | 2009 | Noruega | ||
1984 | Suecia | 1997 | Turquía | 2010 | Bélxica | ||
1985 | Noruega | 1998 | Turquía | 2011 | Austria | ||
1986 | Luxemburgo | 1999 | Turquía | 2012 | Suecia | ||
1987 | Italia | 2000 | Dinamarca | 2013 | Hungría |
Final (2016 - )
[editar | editar a fonte]Ano | Xurado | Televoto |
---|---|---|
2016 | Israel | Rusia |
2017 | Noruega | Portugal |
2018 | Suecia | Italia |
2019 |