Australia no Festival de Eurovisión
Australia | |
---|---|
Estación membro | SBS (membro asociado) |
Final nacional | |
Aparicións | 4 |
Primeira aparición | 2015 |
Mellor resultado | |
Final | 2º en 2016 |
Semifinal | 1º en 2016 |
Peor resultado | |
Final | 20º en 2018 |
Semifinal | 6º en 2017 |
Ligazóns externas | |
[ Páxina de Australia en eurovision.tv] |
Australia participou por primeira vez no Festival de Eurovisión na edición de Festival de Eurovisión 2015. Aínda que non tiña as condicións axeitadas para facelo, xa que o país está situado fóra da Área de Radiodifusión Europea, Australia puido participar por mor do 60 aniversario do festival. O país de Oceanía emite as semifinais e finais na televisión australiana, a pesar de que non ten o mesmo fuso horario que os países participantes.[1]
Festival de Eurovisión Júnior 2011
[editar | editar a fonte]No Festival de Eurovisión Júnior, todos os participantes reciben 12 puntos antes das votacións. No ano 2011, Australia foi o encargado de repartir eses 12 puntos a todos os participantes.[2]
Festival de Eurovisión 2014
[editar | editar a fonte]Aínda que o país non pode participar como o resto dos países europeos, a UER deulle a oportunidade de facer unha actuación representando ao país na segunda semi-final do Festival de Eurovisión 2014, aínda que sen concursar. A Special Broadcasting Service escolleu a Jessica Mauboy para representar a Australia.[3]
Festival de Eurovisión 2015
[editar | editar a fonte]O 10 de febreiro de 2015, os organizadores de Eurovisión anunciaban que Australia podía participar no festival como homenaxe ao seguimento do festival no país de Oceanía. A elección do cantante foi elixida internamente pola canle australiana SBS e só podería volver a participar de gañar o festival.
Australia puido votar nas dúas semifinais e tiña garantido o seu pase á final do certame, no que puido participar de xeito activo emitindo os seus propios votos. Cómpre dicir que, en principio, esta foi a primeira e única participación do país no festival, xa que a invitación é so por motivo do aniversario do festival. De gañar o certame musical, a UER anunciou que o festival do ano próximo tería lugar nun país europeo, pero que a SBS debería correr coa metade dos gastos. De suceder isto Australia podería facer a súa segunda aparición no festival da canción.[4]
Participacións
[editar | editar a fonte]Ano | Sede | Artista | Canción | Final | Pts | Semifinal | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|
2015 | Viena | Guy Sebastian | Tonight Again | 5 | 196 | Clasificado directo | |
2016 | Estocolmo | Dami In | The Sound of Silence | 2 | 511 | 1 | 330 |
2017 | Kíiv | Isaiah Firebrace | Don't Come Easy | 9 | 173 | 6 | 160 |
2018 | Lisboa | Jessica Mauboy | We Got Love | 20 | 99 | 4 | 212 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Australia prepares for Eurovision" (en inglés). Eurovision.tv. 27 de abril de 2011. Consultado o 30 de novembro de 2012.
- ↑ "Junior Eurovision Song Contest 2011" (en inglés). Junioreurovision.tv. Consultado o 30 de novembro de 2012.
- ↑ "Australian superstar to sing at Eurovision" (en inglés). Eurovision.tv. Consultado o 12 de abril de 2014.
- ↑ "Australia participate in the 60th Eurovision". Eurovision.tv. EBU. 10 February 2015. Consultado o 11 February 2015.