Saltar ao contido

Elie Wiesel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaElie Wiesel

Elie Wiesel na gala Time 100 de 2012.
Nome orixinal(en) Elie Wiesel Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(he) Eliezer Wiesel Editar o valor en Wikidata
30 de setembro de 1928
Sighet, Maramureș, Reino de Romanía
Morte2 de xullo de 2016 (87 anos)
Nova York
Lugar de sepulturaCemitério Kensico (pt) Traducir
Sharon Gardens Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónFacultade de Artes de París Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París
Nova York Editar o valor en Wikidata
OcupaciónActivista político, profesor e escritor
Período de actividade1956 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorYedioth Ahronoth (pt) Traducir
Universidade de Boston
Universidade da Cidade de Nova York Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
21 de xaneiro de 2004Reunión Anual do Foro Económico Mundial de 2004 Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeMarion Erster Rose Editar o valor en Wikidata
FillosElisha Wiesel Editar o valor en Wikidata
PaisShlomo Wiesel Editar o valor en Wikidata  e Sarah Feig Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
maio de 1944-11 de abril de 1945cativerio
Causado por: Holocausto Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Medvik >>>:Wiesel, Elie, 1928-2016, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0927600 IBDB: 5346
BNE: XX1721701 Musicbrainz: bda50f29-5613-47d8-aa08-5dc954ba634b WikiTree: Wiesel-5 Find a Grave: 166354255 Editar o valor en Wikidata

Eliezer Wiesel, nado en Sighetu Marmației (Reino de Romanía) o 30 de setembro de 1928 e finado en Nova York o 2 de xullo de 2016, foi un escritor romanés sobrevivente dos campos de concentración nazis. Adicou toda a súa vida a escribir e falar sobre os horrores do Holocausto, coa firme intención de evitar que se repita no mundo unha barbarie semellante. Foi galardoado co Premio Nobel da Paz en 1986.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Aos 16 anos foi capturado polos alemáns, do mesmo xeito cós demais xudeus do seu pobo. Tras chorar a morte de todos os seus familiares en Auschwitz e Buchenwald, estudou na universidade da Sorbona, en París, e posteriormente traballou en xornais de Israel, Francia e Estados Unidos de América, onde se estableceu dende 1956.

Campo de concentración de Buchenwald. Elie Wiesel atópase na segunda fila de liteiras, o sétimo contando dende a esquerda.
Wiesel no Foro Económico Mundial

Autor de tres novelas sobre as súas vivencias durante aqueles anos de represión e morte (La Nuit, L'Aube e Le Jour; publicadas en galego baixo o título de Triloxía da noite), gañou o Premio Nobel da Paz en 1986.

O 16 de maio de 1944, a familia Wiesel, como outras tantas familias xudías, embarcábanse nun tren rumbo ao campo de concentración de Birkenau. "É a primeira parada, logo veñen Auschwitz e Buchenwald. É noite pechada, tebras exteriores ás que son guindadas, xunto a tantos xudeus asasinados ou sobreviventes, as nosas entrañas de humanidade, o noso manancial de profunda compaixón". La Nuit (1956-1958), foi o título que máis fama lle deu.

Nos seus últimos anos de vida, Wiesel xustificou bombardeos por parte do estado de Israel, onde morreron nenos, dicindo que era culpa de Hamas por usalos como escudos humanos. Nunha carta publicada no The New York Times, 327 sobreviventes e descendentes xudeus do Holocausto responderon a Wiesel “indignados pola sua xustificación do inxustificábel”) condenando o masacre de Gaza e, “alarmados pola desumanización racista e extrema dos palestinos na sociedade israelí. (...) O xenocidio comeza co silencio do mundo (...) “Nunca Máis debe significar Nunca Máis para Ninguén.”[1]

Na súa vila natal de Sighetu en Romanía fundou un museo de conmemoración do Holocausto. Xunto á súa esposa, fundou a Elie Wiesel Foundation for Humanity, co propósito de "Combater a indiferenza, a intolerancia e a inxustiza a través do diálogo internacional e programas enfocados á xuventude, que promovan a tolerancia, comprensión e igualdade." [2]. En 2008 desvelouse que o matromonio e a fundación perderan uns 15 millóns de dólares invertindo no esquema Ponzi de Bernard Madoff. [3]

Wiesel ocupou o cargo de Andrew Mellon Profesor de Humanidades na Universidade de Boston desde 1976, ensinando nos seus departamentos de Relixión e Filosofía.[4] En 1982 ensinou na Universidade Yale. Tamén co-instruíu os cursos de Winter Term (xaneiro) na Eckerd Facultade, St. Petersburg, Florida. De 1997 a 1999 foi profesor visitante de Estudos Xudaicos no Barnard College da Columbia University.[5]

  1. cafebarbantia. "Elie Wiesel Ante O Holocausto ; Café Barbantia". Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2021. Consultado o 2022-03-13. 
  2. "Elie Wiesel Foundation for Humanity". Elie Wiesel Foundation for Humanity (en inglés). Consultado o 2022-03-13. 
  3. Berger, Joseph (2016-07-02). "Elie Wiesel, Auschwitz Survivor and Nobel Peace Prize Winner, Dies at 87". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2022-03-13. 
  4. Allen, Evan; Koktsidis, Alexandra. "Fond memories of Elie Wiesel in Boston". BostonGlobe.com (en inglés). Consultado o 2022-11-17. 
  5. Columbia.edu, ed. (21 de novembro de 1997). "Rexistro da Universidade de Columbia". Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2021. Consultado o 24 de xullo de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]