Elie Wiesel
Elie Wiesel na gala Time 100 de 2012. | |
Nome orixinal | (en) Elie Wiesel |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (he) Eliezer Wiesel 30 de setembro de 1928 Sighet, Maramureș, Reino de Romanía |
Morte | 2 de xullo de 2016 (87 anos) Nova York |
Lugar de sepultura | Cemitério Kensico (pt) Sharon Gardens Cemetery (en) |
Relixión | Xudaísmo |
Educación | Facultade de Artes de París |
Actividade | |
Lugar de traballo | París Nova York |
Ocupación | Activista político, profesor e escritor |
Período de actividade | 1956 - |
Empregador | Yedioth Ahronoth (pt) Universidade de Boston Universidade da Cidade de Nova York |
Membro de | |
Participou en | |
21 de xaneiro de 2004 | Reunión Anual do Foro Económico Mundial de 2004 |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en |
|
Familia | |
Cónxuxe | Marion Erster Rose |
Fillos | Elisha Wiesel |
Pais | Shlomo Wiesel e Sarah Feig |
Cronoloxía | |
maio de 1944-11 de abril de 1945 | cativerio Causado por: Holocausto |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Medvik >>>:Wiesel, Elie, 1928-2016, |
|
Eliezer Wiesel, nado en Sighetu Marmației (Reino de Romanía) o 30 de setembro de 1928 e finado en Nova York o 2 de xullo de 2016, foi un escritor romanés sobrevivente dos campos de concentración nazis. Adicou toda a súa vida a escribir e falar sobre os horrores do Holocausto, coa firme intención de evitar que se repita no mundo unha barbarie semellante. Foi galardoado co Premio Nobel da Paz en 1986.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aos 16 anos foi capturado polos alemáns, do mesmo xeito cós demais xudeus do seu pobo. Tras chorar a morte de todos os seus familiares en Auschwitz e Buchenwald, estudou na universidade da Sorbona, en París, e posteriormente traballou en xornais de Israel, Francia e Estados Unidos de América, onde se estableceu dende 1956.
Autor de tres novelas sobre as súas vivencias durante aqueles anos de represión e morte (La Nuit, L'Aube e Le Jour; publicadas en galego baixo o título de Triloxía da noite), gañou o Premio Nobel da Paz en 1986.
O 16 de maio de 1944, a familia Wiesel, como outras tantas familias xudías, embarcábanse nun tren rumbo ao campo de concentración de Birkenau. "É a primeira parada, logo veñen Auschwitz e Buchenwald. É noite pechada, tebras exteriores ás que son guindadas, xunto a tantos xudeus asasinados ou sobreviventes, as nosas entrañas de humanidade, o noso manancial de profunda compaixón". La Nuit (1956-1958), foi o título que máis fama lle deu.
Nos seus últimos anos de vida, Wiesel xustificou bombardeos por parte do estado de Israel, onde morreron nenos, dicindo que era culpa de Hamas por usalos como escudos humanos. Nunha carta publicada no The New York Times, 327 sobreviventes e descendentes xudeus do Holocausto responderon a Wiesel “indignados pola sua xustificación do inxustificábel”) condenando o masacre de Gaza e, “alarmados pola desumanización racista e extrema dos palestinos na sociedade israelí. (...) O xenocidio comeza co silencio do mundo (...) “Nunca Máis debe significar Nunca Máis para Ninguén.”[1]
Na súa vila natal de Sighetu en Romanía fundou un museo de conmemoración do Holocausto. Xunto á súa esposa, fundou a Elie Wiesel Foundation for Humanity, co propósito de "Combater a indiferenza, a intolerancia e a inxustiza a través do diálogo internacional e programas enfocados á xuventude, que promovan a tolerancia, comprensión e igualdade." [2]. En 2008 desvelouse que o matromonio e a fundación perderan uns 15 millóns de dólares invertindo no esquema Ponzi de Bernard Madoff. [3]
Ensino
[editar | editar a fonte]Wiesel ocupou o cargo de Andrew Mellon Profesor de Humanidades na Universidade de Boston desde 1976, ensinando nos seus departamentos de Relixión e Filosofía.[4] En 1982 ensinou na Universidade Yale. Tamén co-instruíu os cursos de Winter Term (xaneiro) na Eckerd Facultade, St. Petersburg, Florida. De 1997 a 1999 foi profesor visitante de Estudos Xudaicos no Barnard College da Columbia University.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ cafebarbantia. "Elie Wiesel Ante O Holocausto ; Café Barbantia". Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2021. Consultado o 2022-03-13.
- ↑ "Elie Wiesel Foundation for Humanity". Elie Wiesel Foundation for Humanity (en inglés). Consultado o 2022-03-13.
- ↑ Berger, Joseph (2016-07-02). "Elie Wiesel, Auschwitz Survivor and Nobel Peace Prize Winner, Dies at 87". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2022-03-13.
- ↑ Allen, Evan; Koktsidis, Alexandra. "Fond memories of Elie Wiesel in Boston". BostonGlobe.com (en inglés). Consultado o 2022-11-17.
- ↑ Columbia.edu, ed. (21 de novembro de 1997). "Rexistro da Universidade de Columbia". Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2021. Consultado o 24 de xullo de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Elie Wiesel |
A Galicitas posúe citas sobre: Elie Wiesel |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Premio Nobel da Paz
- Escritores de Romanía
- Escritores en lingua francesa
- Nados en 1928
- Finados en 2016
- Escritores en lingua inglesa
- Escritores en lingua yiddish
- Premios Nobel dos Estados Unidos de América
- Premios Nobel de Romanía
- Premios Nobel de Hungría
- Profesores da Universidade de Columbia
- Profesores da Universidade Yale
- Profesores da Universidade de Boston