Istituto Centrale per il Catalogo Unico
Aparencia
O Instituto central polo catálogo único das bibliotecas italianas e pola información bibliográfica ou ICCU (en italiano: Istituto centrale per il catalogo unico delle biblioteche italiane e per le informazioni bibliografiche) é un organismo público de Italia que ten o obxectivo principal de coordinar, promover e xestionar o catálogo e a rede do Servizo Bibliotecario Nacional (SBN).[1] Tamén é o responsábel técnico e científico en temas de dereitos de autor do Ministerio de Cultura de Italia.
O ICCU foi creado en 1975 para substituír o anterior Centro nazionale per il catalogo unico, que fora creado no ano 1951 para catalogar o patrimonio bibliográfico do país.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ICCU. "L'Istituto". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2015. Consultado o 15 de xaneiro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial Arquivado 18 de maio de 2016 en Wayback Machine. (en italiano)