Saltar ao contido

Coirós

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCoirós
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°14′46″N 8°08′50″O / 43.2462, -8.1471
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor en Wikidata
CapitalCoirós de Arriba Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.923 (2023) Editar o valor en Wikidata (56,46 hab./km²)
Xentiliciocoirense Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie34,06 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude389 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataFrancisco Quintela Requeijo Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Coirós Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15316 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE15027 Editar o valor en Wikidata

Sitio webcoiros.es Editar o valor en Wikidata

Coirós é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 1747 habitantes (1765 no 2012, 1771 no 2011, 1722 no 2010). O seu xentilicio é coirense (non oficial).

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Situación

[editar | editar a fonte]

O concello, de 32,8 km², abrangue seis parroquias. Está situado ó noroeste da provincia da Coruña, e limita ao norte con Betanzos e Paderne, ao sur con e Aranga, ao leste con Aranga e Irixoa e ao oeste con Oza-Cesuras. Está atravesado pola estrada N-VI e a autovía A-6 que unen Madrid e A Coruña.

Hidrografía e orografía

[editar | editar a fonte]

Polo concello discorren os ríos Mandeo e Mendo, xunto cos seus afluentes rego de Tararou (afluente do Mendo) e río Vexo, regato das Pías e rego das Bouzas (afluentes do Mandeo). Os cumios máis destacados son o Pico da Felga (506 m), Fonte do Oso (448 m) e o monte da Retorta (502 m).

Ten un clima oceánico suave. En Coirós os veráns son cálidos; os invernos son longos, fríos e húmidos e está parcialmente nubrado durante todo o ano. Durante o transcurso do ano, a temperatura xeralmente varía de 5 °C a 25 °C e de cando en cando baixa a menos de -0 °C ou sobe a máis de 30 °C.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Censo total 2014 1747 habitantes
Menores de 15 anos 174 (9,96 %)
Entre 15 e 64 anos 1037 (59,36 %)
Maiores de 65 anos 536 (30,68 %)
Evolución da poboación de Coirós   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
2550 2292 2209 1606 1650 1713 1771 1765 1751 1747 1757 1789 1801 1824 1824 1853 1873
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Idade Antiga

[editar | editar a fonte]

Coirós foi lugar de asentimento humano desde tempo remoto: os primeiros vestixios atópanse relacionados coa cultura castrexa, representada polos castros da Espenuca, Xora e Flores.[1]

Existen indicios da existencia en Coirós de pobos precristiáns con cultos pagáns en "Spelunca", o que sería o actual lugar da Espenuca, onde se conservan pegadas da cultura castrexa como son restos de muíños e lápidas con inscricións[2].

Idade Media

[editar | editar a fonte]

A chegada do cristianismo comportou a edificación dun mosteiro na Espenuca que, trala invasión dos suevos no século V, permaneceu destruído. Igualmente o castelo da Mota, situado en Santiago de Ois, derrubouse e hoxe só se observan as súas ruínas[2].

No século IX, tivo lugar un feito histórico importante para o concello e para todo o noroeste peninsular, xa que segundo conta o Códice Salmanticense[1], no ano 844 tivo lugar en Coirós unha batalla entre os invasores normandos e as tropas do rei Ramiro I, resultando estas últimas as vencedoras da mesma, obrigando ós normandos a retirarse. Para outros autores[3][4], a batalla tería lugar en Betanzos ("Farum Brecantium") e non en Coirós e sendo rexeitados os invasores da vila betanceira. Hai autores que falan do desembarco en Galicia dos normandos, tamén no ano 844, pero sen especificar o lugar[5]. E incluso os historiadores Emilio González López[6] e Vicente Almazán[7] falan do desembarco das tropas viquingas en Farum Brigantium, a actual a Coruña e non en Betanzos.

Idade Contemporánea

[editar | editar a fonte]

O estudo da liñaxe dos Pardo de Cela vainos levar inevitablemente a Coirós a partir do século XVI, inda que non podemos situar exactamente a casa onde habitaba a familia dos Pardo de Cela, o estudo documental indícanos, cun certo grao de aproximación, que atoparíase no que agora é a aldea de Coirós de Abaixo, preto da casa reitoral, xa que nas partillas feitas en 1658 entre os herdeiros de Juan Pardo de Cela, da súa primeira muller Inés Vázquez de Noboa e da súa segunda muller Margarita Suárez aparece a seguinte referencia na lexítima adxudicada á filla do segundo matrimonio, Inés Pardo[8]

los castaños de la aldea de coiros de entre las casas que se quentan dende la casa de Antonio do campo como corre del rrigueiro hasta la casa del rretor y Pedro Sanchez hasta llegar a la cortiña de la casa principal de coiros como son conocidos

A raíz do Real Decreto de 23-07-1835, considerárase inicialmente a creación dun extenso municipio chamado Muniferral que incluía o territorio de Coirós e de Aranga[9].

No ano 1836 algunha das doce parroquias do concello de Muniferral pasou a formar parte do novo municipio de Coirós. Posteriormente, no ano 1842 pretendeuse que este concello se integrase no de Betanzos pero esta pretensión non saíu adiante. Ademais no lugar de Flores, na parroquia de Santa María de Ois, descubriuse no ano 1915 un torque de ouro que hoxe en día exhíbese no Museo Arqueolóxico e Histórico do castelo de San Antón, na cidade da Coruña. Perdura a crenza de que no monte Felgar radicaba o "castrum Leaccium", máis inda non apareceu ningunha mostra que así certifique a súa presenza[2].

Topónimo

[editar | editar a fonte]

Coirós é un topónimo prerromano, que xorde antes do século III, e que se refire á pedra ou a un alto rochoso.[10] ou covas ou depresións no terreo[9]. O nome é compatible coa latinización Carolio, Corioli, como aparece no testemuño "per collem Corioli et per bibitorium de Aranga", ou Curiolos[11]. En referencias anteriores, a parroquia é mencionada só coa advocación:in valle Nemitus [...] villa vocabulo Armenia [Armea] et sancto Iuliano[Coirós], 978. Tamén se documenta antes do ano 1000 o topónimo que dá nome ás parroquias de Santa María e Santiago de Ois coa forma Adones, ano 910. Téñense proposto diferentes hipóteses etimolóxicas para explicalos; a máis aceptada considéraos formados a partir dunha raíz indoeuropea *keu- ‘concavidade’.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Patrimonio artístico

[editar | editar a fonte]
Petróglifo da Moura, en Pena Furada.

A Pena Furada. No lugar de Figueiras (Santa Mariña de Lesa) están os petróglifos de Pena Furada. Posteriormente, o santuario foi cristianizado a través da igrexa de Santa Mariña de Lesa, moi preto do lugar, a uns 800 metros, e tamén orientada estratexicamente[12].Actualmente estase a traballar no proxecto, sendo un equipo interdisciplinar[13] formado por arqueólogos, arquitectos, entre outros, e dirixido polo arqueólogo director Antón Malde[14].

A ermida de Santa Eulalia sitúase no monte da Espenuca. Este miradoiro natural, situado a unha altitude de 290 m sobre a comarca das Mariñas permite ver o paso do Mandeo sobre o lugar de Chelo, e gran parte da comarca.

Unha lenda conta que o fundador deste cenobio foi un cabaleiro galego que incorrera en graves pecados; para purgar as súas culpas fundou catro templos nos sitios máis elevados da comarca, de maneira que puidesen ser vistos uns desde os outros. Na actualidade só se conservan o de Santa Marta de Babío (Bergondo) e o de Santa Baia da Espenuca, onde aseguran que morreu o fundador tras levar unha vida exemplar. O certo é que a historia da igrexa remóntase a antes do ano 830, xa que de entón é unha designación de igrexas pertencentes ao bispado de Iria, entre as que se cita a da Espenuca[15].

En 1863, o arqueólogo Antonio de la Iglesia[16] publicou unha inscrición na que se indicaba que o presbítero Cendulfo terminara a obra do santuario que puxo baixo a advocación de Santa Baia, o día 1 de marzo do ano 881. Esta inscrición perdeuse, aínda que cara a finais do século XIX aínda era parcialmente visible. A construción do templo prerrománico podería relacionarse co interese da Igrexa por sacralizar lugares relacionados con cultos pagáns, tal e como sucede tamén en San Cosme de Sésamo e outros puntos de Galicia.

O castelo da Mota ou Mota de Ois[17] [18] en ruínas xa que só se conservan restos dos muros. Situado sobre un outeiro a uns 230 metros de altitude e sobre un primitivo castro. Data do século XII. Tiña unha planta duns 30 por 35 metros. Construído en cantaría de granito de aparello irregular. Cara ao noroeste é onde se conserva a maior altura. Tamén se ven restos dos alicerces doutras construcións que cinguen a torre. O castelo pertenceu a Pedro Fernández de Andrade, fillo de Fernán Pérez de Andrade. Foi derrubado durante as guerras irmandiñas polo Arcebispo Alonso de Fonseca. Parece que foi reconstruído de novo, pero foi doutra volta derrubado polo gobernador de Galicia Fernando de Acuña, por mandato dos Reis Católicos. Na zona había outros dous castelos que semellaban dominar e protexer en puntos estratéxicos situados no leito do río Mandeo e, polo tanto, o acceso á cidade de Betanzos por esa vía. Estes eran os da Espenuca e o outro estaría en Aranga. Segundo a lenda foi unha fortificación de mouros, había un túnel secreto que partía dos sotos do castelo e ía ata o río polo onde se levaban os cabalos a beber, ademais de actuar como camiño de fuxido para os morarodos en caso de seren atacados. Tamén se di que na mota había un gran tesouro agochado e algunhas persoas andaron na súa procura. No lugar do Casal utilizáronse as súas pedras para construír as casas.

Así tal e como se recolle, o nome do río Mandeo, tería seguinte orixe. A xente dos concellos de Aranga e Coirós relata que “estando os mouros acampados na ribeira deste río, dous dos seus caudillos comezaron a discutir sobre quen comandaría as tropas. O máis valente e decidido dos dous, ao ver que non se poñían de acordo, deu un grito exclamando: – aquí mando eu!”[19].

A igrexa románica de Santiago de Ois, da primeira metade do século XIII[20]. Pouco se coñece da súa historia durante a época medieval, aínda que a presenza do castelo da Mota de Ois, que pertenceu aos Andrade, é un expoñente do interese que debeu de ter este termo durante a Idade Media[21]. En 1471, esta fortaleza pasou por herdanza a Pedro Fernández de Andrade, que a recibiu cos setenta vasalos que implicaba. Apenas se coñecen documentos medievais referentes a esta igrexa, pero si unha real cédula dos Reis Católicos, datada en 1487, pola que ordenan ao presidente e oidores da Audiencia de Galicia que lles envíen o proceso orixinal do preito establecido entre a cidade de Betanzos e Pedro Fernández de Andrade respecto aos "cotos de Oes e Oys", para que se vexa na Corte.[21]

A igrexa románica de San Xulián de Coirós[22], poucas son as referencias históricas que se coñecen relativas a este templo e ao seu termo. A referencia máis antiga data do tempo do rei don Fernando IV o Emprazado, sucesor de Sancho IV o Bravo, quen outorgou un privilexio ao mosteiro de Cis en 1293 polo que lle concedía xurisdición ordinaria sobre os termos de Oza, Lesa e Coirós. No século XVIII os habitantes desta parroquia gozaban do dereito de veciñanza da cidade de Betanzos e, a principios do século XX, a provisión da igrexa corría a cargo dos Pardo Bazán. Templo de estilo románico de finais do século XII ou principios do XIII. Na súa planta rectangular desenvólvese unha soa nave, da que sobresae a ábsida rectangular.

A igrexa de Santa María de Ois[23], igrexa de estilo románico que data do século XII (1183), de tipoloxía rural moi frecuente na comarca. Na súa planta rectangular desenvólvese unha soa nave, cunha ábsida rectangular. No interior o tránsito entre o presbiterio e a nave realízase a través dun arco triunfal apuntado. O templo só ten bóveda na ábsida, que se reforza con dous arcos, o triunfal e outro intermedio, que arrincan de catro semicolumnas encostadas e coroadas por capiteis ornamentados con grosas follas e cintas en espiral. No exterior concéntrase a decoración na fachada principal, onde destaca o tímpano. Posúe unha inscrición que fai referencia ó presbítero Pelaio de Oídes e ao ano de construción.

Durante os tres Domingos seguintes á Pascua de resurección, fieis da vila e da comarca visitan esta igrexa parroquial a pedir axuda divina para por remedio ós seus males do corpo e da alma, para cumprir unha promesa feita no pasado ou simplemente pola tradición. Coñécese pola romeria de Frei Pedro[24] de Santa María instaurada en torno á figura deste frei dominico nado no lugar de Castillón no século XVII.

A igrexa de Santa Mariña de Lesa[25], igrexa de estilo románico de transición ao gótico do século XIII. Na súa planta rectangular desenvólvese unha soa nave, cunha ábsida rectangular. No interior, o espazo correspondente ao presbiterio conserva elementos románicos como as catro columnas encostadas, os dous arcos e a bóveda. O exterior da ábsida desta igrexa presenta ao sur dous contrafortes e unha pequena xanela oxival con arquivolta e impostilla e ao norte engadíronlle unha sancristía[1].

Patrimonio Natural

[editar | editar a fonte]

Neste concello atopamos, o río Vexo ou o Fervenzas (coñecido con estes dous nomes), é un afluente do río Mandeo. O sendeiro que parte da Ponte de Xora discorre por unha paisaxe que goza de tranquilidade e fermosura, na que se atopan varios muíños que nos recordan a importancia do río para os nosos antergos. Tamén no discurso do tramo do río atopamos unha antiga ferrería coñecida como “O Machuco de Ois”, do que aínda se conservan os muros de grandes dimensións, tanto os do edificio principal como os dunha edificación anexa que podería ser a vivenda.

O lugar de Mende, nun contorno tranquilo no que o Mendo nos deleita cunha bonita paraxe na que podemos atopar dous muíños totalmente rehabilitados e que antigamente foron muíños de maquía, tal como se pode apreciar dende o exterior, xa que a súa rehabilitación respectou con sumo cuidado os elementos do muíño. Nesta paraxe atopamos dous muíños; o “muíño do Carlista” e o “muíño do Mende”.

Mención especial merece o Monte do Gato, este monte é o límite natural entre os concellos de Aranga, Coirós e Oza-Cesuras. No Monte do Gato atópase o punto máis alto do Concello, con 512 metros de altura e dende o que se pode desfrutar dunhas extraordinarias vistas sobre a comarca das Mariñas.

O Monte conserva o seu estado natural dende hai miles de anos, tanto a  nivel paisaxístico como no que se refire á conservación da súa fauna, na que destacan o corzo, o raposo, o xabarín, as aves rapaces e o gato montés, especie da que é probable que derive o nome este Monte.

Patrimonio fluvial

[editar | editar a fonte]

Lugar de Chelo, este lugar é unha paraxe fluvial situada no val da Espenuca, que foi declarada paisaxe pintoresca polo decreto 2646/1972 de 18 de agosto[26]. Accedese a este lugar dende a N-VI, no lugar de Collantres e seguindo as indicacións do Coto de Chelo. Destaca a súa vexetación, na que predominan os ameneiros, freixos, abeleiras á beira do río e castiñeiros e carballos mais afastados do río, en canto á fauna destaca por ser un dos poucos ríos nos que conviven os salmóns, a troita, o reo e a anguía. O coto de pesca atrae a numerosos pescadores cada ano. Ademais, atopamos o mexillón de río, a píntega, o merlo rieiro, o martiño peixeiro ou a lontra.

Proxecto Mandeo[27], este proxecto liderado pola Deputación da Coruña e varios concellos, é unha iniciativa que nace do interese por preservar o patrimonio ambiental do río. O río Mandeo forma parte do ZEC Betanzos-Mandeo da Rede Natura 2000.

Economía

[editar | editar a fonte]

O concello de Coirós ten unha base económica agraria e forestal. Nos últimos anos creouse o polígono industrial de Coirós, situado entre a A-6 e a N-VI con acceso á N-VI. Neste polígono instaláronse empresas como Emesa, Cementos Estrella, Disashop ou Prefabricados Castelo.

Festas e romarías

[editar | editar a fonte]

Xaneiro

  • 10 de decembro. Festas patronais na honra a Santa Baia da Espenuca.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes de Coirós.
  1. 1,0 1,1 1,2 Fiaño Sánchez 2006, p. 23.
  2. 2,0 2,1 2,2 Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Vol. X. Ed. El Progreso. 2005. p. 166. ISBN 84-87804-12-8. 
  3. García Sánchez, Cristina. "Ramiro I, Rey de Asturias". MCN Biografías. Consultado o 19/08/2020. 
  4. Sáchez Pardo, José Carlos (2010). "Los ataques vikingos y su influencia en laGalicia de los siglos IX-XI". Anuario Brigantino (33): 60. 
  5. Salas Merino, Vicente (2015). Genealogía de los Reyes de España. Visión Net. p. 71. ISBN 978-84-16284-27-6. 
  6. Gonzalez López, Emilio (1978). Grandeza e decadencia do Reino de Galicia. Ed. Galaxia. pp. 89–90. ISBN 9788471543035. 
  7. Almazán, Vicente (1986). Gallaecia scandinavica. Estudo das relacións galego-escandinavas durante a Idade Media. Ed. Galaxia. ISBN 84-7154-524-1. 
  8. Fiaño Sánchez, Manuel (2018). "Os Pardo de Cela:fidalgos de Coirós". Anuario Brigantino 41. ISSN 1130-7625. 
  9. 9,0 9,1 Navaza, Gonzalo (2021). Toponimia municipal. Os nomes dos concellos da provincia da Coruña. Real Academia Galega - Seminario de Onomástica. p. 38. ISBN 978-84-17807-09-2. 
  10. Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051. 
  11. González de la Peña, Dolores (25/01/2014). "A Espenuca: Brigantia". Arqueotoponimia. Consultado o 07/03/2021. 
  12. "ARQUEOASTRONOMÍA E RELACIÓNS ASTRONÓMICAS EN PENA FURADA". CONFERENCIA DE ANTÓN MALDE (Sociedade Antropolóxica de Galicia). 03/10/2015. 
  13. Martínez Rodríguez, Tomé (2016). Grandes enigmas de la Historia. Ediciones Nowtilus. ISBN 978-84-9967-804-7. 
  14. "Pena Furada, a moura e as pedras que cambian co movemento do sol". Historia de Galicia. 10/09/2019. Consultado o 18/08/2020. 
  15. García Roldán, Alberto. "Santa Baia da Espenuca, Coirós". Galicia pueblo a pueblo. Consultado o 18/08/2020. 
  16. De la Iglesia, Antonio. Santa Olalla de Espenuca. Galicia: Revista universal de este Reino. Vol. XXIV. 
  17. Franco, Óscar. "Fortaleza da Mota de Ois". Patrimonio Galego. Consultado o 18/08/2020. 
  18. Rodríguez González, Ángel (1984). Las Fortalezas de la Mitra Compostelana y los Irmandiños. Padre Sarmiento de Estudios Gallegos. Fundación Pedro Barrié de la Maza. ISBN 9788497521079. 
  19. Ferro Ruibal, Xesús (2016). Estudos de Onomástica Galega Microtoponimia: experiencias de recolla, didáctica e codificación. Sección de Lingua / Seminario de Onomástica. Real Academia Galega. p. 248. ISBN 978-84-946005-2-4. 
  20. "Iglesia Románica de Santiago de Ois, en Coirós. Provincia de A Coruña.". Mil lugares de Galicia. Consultado o 18/08/2020. 
  21. 21,0 21,1 Carrillo Lista, María del Pilar (2005). Arte Románico en el Golfo Ártabro y el Oriente Coruñés. Cap. XII. Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Xeografía e Historia. Departamento de Historia da Arte. Santiago de Compostela. pp. 766–770. 
  22. García Roldán, Alberto. "Iglesia Románica de San Julián de Coirós". Galicia Pueblo a Pueblo. Consultado o 18/08/2020. 
  23. "Igrexa de Santa María de Ois". Turismo de Galicia. Consultado o 18/08/2020. 
  24. Fiaño Sánchez, Manuel (2010). "Fray Pedro de Santa María y Ulloa". Anuario Brigantino (33). ISSN 1130-7625. 
  25. "Iglesia de Santa Mariña de Lesa". Turismo de Galicia. Consultado o 18/08/2020. 
  26. "Decreto 2646/1972, de 18 de agosto, por el que se declara paraje pintoresco el lugar de Chelo, de los Ayuntamientos de Coiros y Paderne (La Coruña).". Boletín Oficial del Estado. Consultado o 18/08/2020. 
  27. "Proxecto Mandeo". Río Mandeo. Consultado o 18/08/2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Coirós

Armea (San Vicente) | Coirós (San Xulián) | Colantres (San Salvador) | Santa María de Ois (Santa María) | Santa Mariña de Lesa (Santa Mariña) | Santiago de Ois (Santiago)


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.