Saltar ao contido

Ribeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRibeira
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°33′23″N 8°59′32″O / 42.5565, -8.9922
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalSanta Uxía de Ribeira Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación27.030 (2023) Editar o valor en Wikidata (391,74 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie69 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude0 m Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataLuís Pérez Barral (2023–) Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Ribeira Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15960 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE15073 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webribeira.gal Editar o valor en Wikidata

Ribeira é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barbanza. Segundo o IGE en 2020 tiña 26.848 habitantes (27.778 no 2012, 27.699 no 2011, 27.504 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ribeirense».

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Situación

[editar | editar a fonte]

O concello de Ribeira ocupa o extremo da península do Barbanza, asomándose ás rías de Arousa e de Muros-Noia.

Orografía e hidrografía

[editar | editar a fonte]

A maior parte do territorio ocúpano os contrafortes da serra do Barbanza, de cuxos 200 m. de alto baixan numerosos regatos encaixados en vales estreitos, como o de Artes.

Merece especial consideración o conxunto formado polo Complexo Dunar de Corrubedo e a Lagoa de Carregal e Vixán, declarado parque natural, e a illa de Sálvora, pertencente á parroquia de Aguiño e ó Parque nacional das Illas Atlánticas, en fronte da península do Grove (na península do Salnés).

Demografía

[editar | editar a fonte]
Censo total (habitantes) 26.848 (2020)
Menos de 16 anos 3.810 (14,19 %)
Entre 16 e 64 anos 17.377 (64,72 %)
Máis de 64 anos 5.661 (21,09 %)
Evolución da poboación de Ribeira   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
12.218 16.870 18.280 24.542 26.623 27.518 27.699 27.778 27.811 27.565 27.372 27.249 27.159 27.067 26.886 26.848
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Como en toda A Barbanza, abundan os restos megalíticos, entre os que cabe mencionar o dolmen de Axeitos. Da idade de bronce é a Pedra das Cabras, petróglifo situado na parroquia de Palmeira.

Da época castrexa destacan dous poboados: o castro do Monte da Cidá e mailo castro de Artes.

Os fomentadores cataláns que chegaron no século XVIII construíron fábricas de salgadura. No século XIX introducíronse as novas técnicas de conservación e envasado en folla de lata, co que as fábricas se reconverteron e deron lugar ás conserveiras actuais.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

Ribeira é palabra galega procedente do latín RIPARIA, 'franxa de terra que está ao lado dun río, dun lago ou do mar'.[1] Esta forma documentase por vez primeira nun testamento dado en 1387: Item mando a Sta. Ougea de Ribeira hua libra de cera en huun frolal et outra libra de azeite.[2] As formas escritas con b son xerais para este topónimo até 1607,[3] cando se documenta a grafía Santa Eugenia de Riveira.[4] Desde ese momento, nas mencións (en castelán) a este porto e freguesía, altérnanse formas escritas con b, como no Diccionario Madoz,[5][6] e con v.

Santa Uxía fai referencia á santa patroa da parroquia, Santa Uxía de Alexandría. Por outra banda, Uxía é a evolución do galego antigo Ougia, á súa vez evolución do nome greco-latino Eugenia. A igrexa parroquial é citada por primeira vez en 1200, na forma Sancte Eugenie de Carraria: "de tota nostra hereditate quantam habemus in villa que uocatur Dayam in concurrencia Sancte Eugenie de Carraria que est in terra Pistomarchos".[7]

O pleno do concello aprobou[8] o 11 de novembro de 1984 unha moción para denominar o concello "Santa Uxía de Riveira", con v, previo informe do cronista oficial Carlos García Bayón. O concello basea nese acto a súa utilización da forma Riveira malia que a única forma oficial é Ribeira, tal como aprobou a Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia.

O 3 de marzo de 2020 o concello aceptou o topónimo oficial nun acto institucional coa participación do alcalde, Manuel Ruiz, de representantes dos diferentes grupos políticos do concello, do presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, e do director da Comisión de Onomástica e Toponimia da RAG, Antón Santamarina.[9]

Festas e celebracións

[editar | editar a fonte]

Na cidade de Ribeira cobran especial importancia a festa da dorna e as festas do verán. A festa da Dorna ten lugar entre o 18 e o 24 de xullo. Nese tempo a xente agrúpase en peñas e levan a cabo todo tipo de actividades, como o "Voo sen motor", a "Regata de embarcacións feitas a machada" ou o "Gran prix de carrilanas". A festa conta cun "idioma propio".

[editar | editar a fonte]

Na capela de Santo Alberte realízase un rito adiviñatorio co que as mozas intentan saber cando van casar. Para iso lanzan tres anacos de tella e intentan que queden na soleira dunha pequena xanela na ábsida. O casamento queda garantido se o conseguen.[10]

Na mesma capela celébrase a romería de Santo Alberto, na que as esposas dos mariñeiros intentan garantir a pronta volta dos seus homes mediante o rito do "cambio de tella". Consiste en mover unha das tellas desde un dos puntos cardinais ó contrario. Buscan así que os ventos teñan unha dirección favorable.[11]

Refraneiro
  • Os de Palmeira beben a caña pola cuncha da vieira.[12]
  • Ronca Corrubedo, mariñeiro ponte quedo.[13]
Cantigueiro
  • A criada do cura/ de Corrubedo,/ ao picar a verdura/ picou un dedo.[14]
  • As rapazas de Ribeira/ cando se van a bañar/ o primeiriño que lavan/ é o pecado mortal.[15]
  • ¡Canto limón pola tina,/ canto limón pola eira!/ Cantas fillas de María/ ten o cura de Palmeira.[16]
  • Este ano hai moito millo,/ tamén hai moitos carozos./ As rapazas de Palmeira/ arrabean polos mozos.[17]
  • Maio vaia quen che puxo/ Santa Uxía de Ribeira/ que che había de poñer/ acabador de Palmeira.[18]
  • Marroguentos de Palmeira,/ pelados de Santa Euxía,/ para cantar e beilar/ vivan os da nosa Ría.[19]
  • Marroguentos de Palmeira,/ pelados son os da Vila,/ para cantar e beilar/ vivan os de Santa Uxía.[20]
  • Meu amor está en Palmeira,/ meu esprito en Santa Uxía/, meu corazón en Carreira,/ meu todo en Vilagarcía.[21]
  • Os de Palmeira son tolos/ que o dixeron os da Puebla,/ repinican as campanas/ para matar a colebra.[22]
  • Os do Maño son sapiños,/ os de Palmeira forzudos,/ os de Santa Uxía tolos/ e os de Carreira son mulos.[23]
  • Ribeiriña, ribeiresa,/ anque che son de Ribeira,/ anque che son non me pesa.[24]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes de Ribeira.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ribeira

Aguiño (Nosa Señora do Carme) | Artes (San Xián) | Carreira (San Paio) | Castiñeiras (O Bo Pastor) | Corrubedo (Santa María) | Oleiros (San Martiño) | Olveira (Santa María) | Palmeira (San Pedro) | Ribeira (Santa Uxía)

Lugares de Ribeira

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ribeira vexa: Lugares de Ribeira.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ribeira.
  2. López Ferreiro, Antonio (1901). Colección Diplomática de Galicia Histórica. Santiago: Tipografía Galaica. p. 417. 
  3. AGON. "A falacia da forma *Riveira". Consultado o 6 de agosto de 2012. 
  4. del Hoyo, Jerónimo (1607). Memorias del arzobispado de Santiago. 
  5. Madoz, Pascual (1847). "CASTIÑEIRAS". Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) VI. Madrid. p. 194. 
  6. Gaceta de Madrid de 13 de xullo de 1822
  7. Pérez Rodríguez, Francisco Javier (2004). Os documentos do tombo de Toxos Outos. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, Sección de Patrimonio Histórico. p. 654. ISBN 84-95415-82-8. 
  8. Que fue de la v de Ribeira
  9. Marcos Pérez Pena (3 de marzo de 2002). "O Concello de Ribeira acepta, despois de catro décadas, o topónimo legal da localidade". Praza.com. 
  10. Vítor Vaqueiro.
  11. Turismo.gal [consultado o 12.03.2022].
  12. Clodio González Pérez, 142.
  13. Lino Lema Bouzas, 9.
  14. Álvaro das Casas, en Nós 94, 15.10.1931, 192.
  15. Fermín Bouza Brey 1929, 176 e 195.
  16. Fermín Bouza-Brey 1929, 175. No orixinal: pol-a.
  17. Fermín Bouza-Brey, 1929, 178. No orixinal: pol-os.
  18. Fermín Bouza-Brey 1929, 202. No orixinal: Santa Enxía [sic].
  19. Fermín Bouza-Brey 1929, 169. No orixinal: Santa Euxía. Bouza Brey explica que "marroguento" refírese de xeito despectivo a "aquel que ten tripas de polbo".
  20. Fermín Bouza-Brey 1929, 169. No orixinal: "Santa Euxía".
  21. Fermín Bouza-Brey 1929, 158. No orixinal: Sta. Euxía.
  22. Fermín Bouza-Brey 1929, 171. En nota explica a orixe desta cantiga, tomada de "Os oestrimnios..." de Cuevillas.
  23. O Xobre (ou O Maño) é parroquia da Pobra do Caramiñal. Palmeira, Santa Uxía e Carreira son de Ribeira. No orixinal: os de O Maño, Santa Euxía. Fermín Bouza-Brey 1929, 169.
  24. Fermín Bouza-Brey: Paradela, en Nós 90, 15.06.1931, 108.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II].
  • Fermín Bouza-Brey (colector): "Literatura popular da parroquia de Paradela, concello da Estrada, na terra da Ulla", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós.
  • CASAS, Álvaro das (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 1931.
  • GONZÁLEZ PÉREZ, Clodio: “O refraneiro do mar”, en Coloquio de etnografía marítima, cap. 12. Museo do Pobo Galego 1988, 137-147.
  • LEMA BOUZAS, Lino (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993.
  • VAQUEIRO, Vítor: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, ed. Galaxia, Vigo 2011, s. v. penas dos namorados.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ribeira

Aguiño (Nosa Señora do Carme) | Artes (San Xián) | Carreira (San Paio) | Castiñeiras (O Bo Pastor) | Corrubedo (Santa María) | Oleiros (San Martiño) | Olveira (Santa María) | Palmeira (San Pedro) | Ribeira (Santa Uxía)


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.