Saltar ao contido

Miño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMiño
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°20′51″N 8°12′23″O / 43.3475, -8.20639
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor en Wikidata
CapitalA Carreira Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación6.753 (2023) Editar o valor en Wikidata (188,11 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie35,9 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Altitude10 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataManuel Vázquez Faraldo Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Miño Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15... Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE15048 Editar o valor en Wikidata

Sitio webconcellodemino.gal Editar o valor en Wikidata
BNE: XX454866

Miño é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Betanzos. Segundo o IGE a súa poboación no 2018 era de 6.056 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «miñés[1]».

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Situación

[editar | editar a fonte]

O concello, de 32,97 km² , abrangue oito parroquias que son Bemantes, Callobre, Carantoña, Leiro, Castro, Miño, Perbes e Vilanova. Limita ao norte con Pontedeume, ao leste con Vilarmaior, ao sur con Paderne e Irixoa, e ao oeste coa ría de Betanzos. Está situado a 25 km da capital da provincia, e a 72 km de Santiago de Compostela.

O concello está atravesado pola Vía inglesa do Camiño de Santiago.

Hidrografía

[editar | editar a fonte]

Polo municipio pasan o río Lambre, que tras cruzar a ponte do Porco forma a praia da Alameda, o río Xarío, que atravesa as parroquias de Vilanova e Perbes e desauga a carón da praia Grande, e o río Baxoi, que tamén desauga na praia Grande e recibe este nome polo seu paso pola Ponte Baxoi. Alí se atopa na súa beira unha fonte gótica e un merendeiro para o descanso dos peregrinos que se dirixen a Compostela.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Censo total 2014 5.838 habitantes
Menores de 15 anos 798 (13.67 %)
Entre 15 e 64 anos 3.651 (62.54 %)
Maiores de 65 anos 1.389 (23.79 %)

Fonte: Instituto Nacional de Estadística INE, 1857-2011

Evolución da poboación de Miño   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4.923 5.326 5.823 5.476 5.089 5.488 5.760 5.739 5.786 5.838 6.056
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Os vestixios máis antigos atopados en Miño corresponden á era castrexa e aos restos dun porto romano. En 1916 atopáronse na parroquia de Perbes 1500 moedas romanas, o tesouro de Algara[2]. O concello constituíuse en 1836 como Castro, nome dunha das parroquias do Antigo Réxime que conformaron o municipio, dependentes das xurisdicións de Pontedeume, Callobre, Vilachá, Leiro e mais Perbes, que pertencían á provincia de Betanzos. En 1919, trasladouse o consistorio[3] á parroquia de Miño e con el mudou tamén o nome do concello. Na actualidade segue tendo a sede na mesma parroquia, no núcleo chamado A Carreira.

Nos rexistros medievais en latín e en galego, o topónimo Miño xa ten a forma actual, mais con direrentes grafías. Nos séculos XIII e XIV predomina Myno (ás veces Mino): villa de Myno [...] casal q chaman de Ragel, 1287; sancta Maria de Mino, 1354; santa Maria de Myno, 1388; Myno, 1431. Xa a partir do século XV, a forma predominante é Myño: friglia de santa Maria de Myño, 1434; Alfonso da Vila morador en Myño, 1450. Para Gonzalo Navaza, non existe abonda documentación que permita confirmar que a etimoloxía do río Miño e do concello de Miño son a mesma. Para o río admítese unha orixe prerromana e significado hidronímico, derivado da raíz indoeuropea *mei- ‘camiñar, ir, fluír’, presente no nome doutros ríos de Europa. De teren a mesma orixe, o topónimo da parroquia de Miño viría motivado pola súa situación, na confluencia dos ríos Lambre e Baxoi coa ría de Betanzos[4].

Máis recentemente alá polo 2002 promoveuse unha gran urbanización Costa Anácara/Costa Miño Golf no concello pola inmobiliaria Fadesa e posteriormente Martinsa a cal consistiría en 1200 vivendas e un campo de golf, o goberno municipal de Juan Antonio Maceiras do PPdeG deulle un apoio cego ao proxecto, co tempo coñeceríase que a adquisición dos terreos por parte do concello foi ilegal recibindo este unha sentenza do Tribunal Supremo que lle condenaba a pagar 25 millóns de euros aos 500 veciños afectados pola expropiación, por consecuencia a débeda total do concello de Miño era de 22 millóns de euros.[5]

O concello baixo o mandato de Manuel Vázquez Faraldo chegou a un acordo cos veciños para pagar os xuros de 7 millóns de euros antes do 31 de maio de 2020 mediante un préstamo(que se sumaba aos outros 15 millóns de euros recibidos polo Goberno central) en consecuencia os veciños aceptarían a liquidación de créditos contra a entidade local(recarga de xuros de 8 millóns de euros), con isto evitábase que a débeda creces, Miño con 6000 habitantes tratábase do cuarto concello galego con máis débeda.[6]

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Patrimonio arqueolóxico

[editar | editar a fonte]

Da cultura castrexa consérvase o castro de Loios, castro de Ombre, Centroña, Insua, Santa María de Castro, Carantoña e Leiro[2][7]

Patrimonio arquitectónico

[editar | editar a fonte]

A igrexa de San Xoán de Vilanova é de orixe románica. Comezou a construírse no ano 1040, sendo a portada reconstruída no século XVIII. A súa ábsida semicircular foi restaurada. A igrexa de Santa María de Castro é do século XVI.

Sobre os ríos Lambre e Vixoi (hoxe río Baxoi), hai dúas pontes do século XV, mandadas construír por Fernán Peres de Andrade o Boo, señor de Pontedeume. A que cruza o río Lambre, cun só arco de estilo oxival, é coñecida como Ponte do Porco, por ter esculpido un xabaril, símbolo da casa de Andrade. En Bañobre está o pazo dos Condes de Vigo, que conserva na fachada elementos orixinais do século XVIII.

Etnografía

[editar | editar a fonte]

Festas e celebracións

[editar | editar a fonte]

Santa María de Miño

  • 27 ou 29 de xuño: Festas en honra a San Pedro. Parte da poboación miñense cre que San Pedro é o patrón, mais en realidade a parroquia de Miño é Sta. María, polo que non ten patrón, senón patroa: a Virxe da Asunción. A festividade de San Pedro débese a unha decisión estratéxica pola condición de municipio turístico de Miño que depende da tempada estival, dado que a festividade da Virxe da Asunción coincide con festas locais noutras vilas (15 de agosto), optouse por festexar San Pedro ao ser o 29 de xuño unha data máis propicia para atraer visitantes no verán. [Cómpre referencia][8]
  • 16 de xullo: Festa da Virxe do Carme, a patroa dos mariñeiros. Nesta festividade unha procesión coa imaxe da Virxe parte da igrexa parroquial de Santa María, baixando ata o porto, lugar onde se oficia unha misa cantada, polo xeral, a cargo da Rondalla e Coral da ACRD O´Castro. O alcalde e un membro da confraría de pescadores botan á auga unha gran coroa de loureiro, en memoria dos mariñeiros mortos no mar. Finalizada a cerimonia, a imaxe da Virxe do Carme regresa de novo en procesión ata a igrexa.
  • 31 de agosto: Romaría de San Ramón no lugar de Bra.
  • 23 de xuño: Festa da noite de San Xoán.
  • Primeiro fin de semana de agosto: Feira da Cebola chata de Miño.

Ponte do Porco

Bemantes

Callobre

  • Primeiro domingo despois do 16 de xullo: Festa da Virxe do Carme.
  • 24 de xuño: Festa de San Xoán

Carantoña

  • Primeiro domingo de xuño: Festa de Santa Isabel

Leiro

Bañobre

Castro

Viadeiro

  • 20 de xaneiro: Festa de San Sebastián

Perbes

  • xuño: Festa do Corpus Christi
  • Principios de agosto: Festa do Turista

San Xoán de Vilanova

  • 24 de xuño: Festa de San Xoán

Economía

[editar | editar a fonte]

Infraestruturas de transporte

[editar | editar a fonte]

O concello está comunicado a través da estrada nacional N-651 que vai de Betanzos a Ferrol e pola autoestrada AP-9 con acceso directo, que conecta coas cidades da franxa atlántica. Está atravesado pola liña de ferrocarril Ferrol-Betanzos Infesta que liga coa que vai da Coruña a Lugo, conta coa estación de Miño e coa estación de Perbes.

No concello teñen a súa sede os seguintes clubs deportivos:

  • Club Ciclista Miñotauros
  • Asociación Deportiva Miño
  • Bemantes CF
  • Club de Fútbol Sala Alameda-Xarío
  • Sociedad Deportiva Miño
  • Club Deportivo Comarca Lambre-Mandeo
  • Club Deportivo Náutico de Miño
  • Judo Club Bemantes

Asociacións

[editar | editar a fonte]

No concello teñen a súa sede as seguintes asociacións:

  • ACRD O Castro
  • Asociación Cultural Ardóbriga
  • Asociación Cultural Arruallo
  • Asociación A Irmandade
  • Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios de Miño
  • Asociación Camiño
  • A.VV. Xarío
  • A.VV. San Xulián de Carantoña
  • A.VV. Anduriña de Callobre
  • A.VV. Santa María de Castro
  • Asociación de Mulleres Rurais Divino Salvador de Leiro
  • Asociación Cultural A Inmaculada de Bañobre
  • Asociación Cultural Mulleres de Bemantes
[editar | editar a fonte]

Pasei a ponte do Porco,
paseille a man polo lombo,
meu divino San Andrés
o voso camiño é longo
[9].

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes de Miño.
  1. Costas González, Xosé-Henrique 1962- (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega. Vigo: Universidad de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7. OCLC 957756088. 
  2. 2,0 2,1 PXOM Memoria Xeral. 44 páx. 8 de agosto de 2002, Concello de Miño.
  3. "El cambio del ayuntamiento de Castro para Miño", artigo de José Raimundo Núñez-Varela Lendoiro en Betanzos e a súa Comarca, 1 de xullo de 2000.
  4. Galega, Seminario de Onomástica da Real Academia; Navaza, Gonzalo (2021-07-01). Os nomes dos concellos da provincia da Coruña. Real Academia Galega. ISBN 978-84-17807-09-2. doi:10.32766/rag.377. 
  5. "O acordo do Concello de Miño cos expropiados de Fadesa achega a solución a un conflito xerado por "neglixencias institucionais"". https://praza.gal/=data-acceso=15 de agosto de 2023.  Ligazón externa en |páxina-web= (Axuda)
  6. "Miño pecha, grazas a un préstamo de sete millóns, 18 anos de conflito coas 200 familias expropiadas por Fadesa". https://praza.gal/=data-acceso=15 de agosto de 2023.  Ligazón externa en |páxina-web= (Axuda)
  7. Miño. O Noso Patrimonio
  8. http://www.paxinasgalegas.es/catolica-parroquias-iglesias-mi%C3%B1o-2337ep_49ay.html
  9. Vicente Risco: "Cultura espritual", en Historia de Galiza I, 1962 (reed. Akal 1979, 405. Refírese ó paso dos peregrinos pola Ponte do Porco (Miño) camiño de Santo André de Teixido.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • PXOM Memoria Xeral. 44 páx. 8 de agosto de 2002, Concello de Miño.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Parroquias do concello coruñés de Miño

Bemantes (San Tomé) | Callobre (San Xoán) | Carantoña (San Xulián) | Castro (Santa María) | Leiro (Divino Salvador) | Miño (Santa María) | Perbes (San Pedro) | Vilanova (San Xoán)


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.