Cabana de Bergantiños
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital | A Carballa | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.123 (2023) (41,14 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 100,23 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 375 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | José Muíño Domínguez | ||||
Eleccións municipais en Cabana de Bergantiños | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15115 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15014 | ||||
Sitio web | concello-cabana.com |
Cabana de Bergantiños (do latín capanna e do xentilicio céltico dos Brigantinos')[1] é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños no Partido xudicial de Carballo. Segundo o INE a súa poboación no ano 2018 era de 4.337 habitantes dos cales 2.091 eran homes e 2.246 eran mulleres[2] (4.347 no ano 2017, 4.446 no ano 2016, 4.552 no 2015, 4.623 no 2014, 4.716 no 2013, 4.759 no 2012, 4.865 no 2011, 4.909 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cabanés ou bergantiñán.[3]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situación
[editar | editar a fonte]Cabana de Bergantiños localízase no extremo occidental da comarca de Bergantiños na provincia da Coruña, en plena Costa da Morte. Limita ao norte co río Anllóns que o separa do concello de Ponteceso, ao leste co concello de Coristanco, ao sur co concello de Zas, e ao oeste co concello de Laxe e co estuario do río Anllóns que forma a fronte máis meridional da ría de Corme e Laxe.
Noroeste: Ría de Corme e Laxe | Norte: Ponteceso | Nordeste: Ponteceso |
Oeste: Laxe | Leste: Coristanco | |
Suroeste: Laxe | Sur: Zas | Sueste: Coristanco |
Aínda que hoxe en día a capital do concello está situada no lugar da Carballa, parroquia de Cesullas, nun principio estivo no lugar de Cabana (de aí ben o nome do concello), máis tarde chegou a estar nun edificio, hoxe en día en ruínas, situado no lugar do Bosque e ata hai poucos anos estivo situada no lugar da Áspera en cuxo edificio está agora a Casa das asociacións.
Superficie
[editar | editar a fonte]Cabana ten unha superficie de 100,23 km²[4] repartidos en 10 parroquias.
Orografía
[editar | editar a fonte]No concello destacan os seguintes montes:
- Borneiro (371 metros de altitude).
- Lourido (312 metros de altitude).
- O Castelo (318 metros de altitude).
- O Gontón.
- Perrol (de 438 metros de altitude).
- Vilariño.
Hidrografía
[editar | editar a fonte]O río principal é o Anllóns, que baña o norte do concello e fai de fronteira co concello de Ponteceso. A ladeira oriental do concello encóntrase percorrida por varios regatos que teñen os seus correspondentes nacementos nas ladeiras montañosas do concello. A rede fluvial da zona está formada por ríos que dirixíndose cara ao norte, verten o seu caudal no río Anllóns.
Ríos
[editar | editar a fonte]O río Anllóns que atravesa e limita polo norte no seu curso co concello de Ponteceso ata desembocar formando a enseada da Insua que o separa da ría de Corme e Laxe por unha lingua de area, que sae desde O Couto (Ponteceso) chamada A Barra e polo illote de A Tiñosa que de marea baleira forma unha península coa Barra.
Dentro de Cabana os ríos máis importantes són o río Cundíns e o río da Balsa que verten as súas augas no Anllóns.
Regatos
[editar | editar a fonte]- Río do Reguenco.
- Rego dos Muíños, chamado así debido aos numerosos muíños de auga que había e que aínda se conservan, pero nun estado lamentable de conservación. Hoxe en día dispón dunha senda fluvial que permite o paseo a carón do río.
- Río da Balsa.
Clima
[editar | editar a fonte]O clima neste concello é suave cunha media de 14 °C e unhas precipitacións de arredor dos 1.350 mm.
Flora
[editar | editar a fonte]A vexetación cobre aproximadamente o 55% da superficie do concello destacando as repoboacións de piñeiros e eucaliptos que cambiaron a vexetación autóctona.
Demografía
[editar | editar a fonte]Censo total 2014 | 4.623 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 386 (8.35 %) |
Entre 15 e 64 anos | 2.828 (61.17 %) |
Maiores de 65 anos | 1.409 (30.48 %) |
Evolución da poboación de Cabana de Bergantiños Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
4.727 | 5.232 | 6.772 | 6.991 | 5.354 | 4.985 | 4.865 | 4.759 | 4.716 | 4.623 | 4.552 | 4.623 | 4.347 | ||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Historia
[editar | editar a fonte]Prehistoria e Idade Antiga
[editar | editar a fonte]O Dolmen de Dombate, símbolo da cultura megalítica galega, e o castro de Borneiro, ambos na parroquia de Borneiro dan fe da poboación na antigüidade no municipio. Ademais existen uns oito recintos castrexos.
A Vía Per Loca Marítima que cruzaría o río Anllóns por Ponteceso camiño de Corme e as minas de Corcoesto[5] dan fe da presenza dos romanos. Tamén aparecen vestixios romanos nas igrexas de Cundíns, Cesullas e Riobo.
Idade Moderna
[editar | editar a fonte]Os pazos de Canduas, Corcoesto, Nantón, O Bosque (Cesullas) e a Torre da Penela son vestixios da Idade Moderna, estes últimos atópanse bastante abandonados.
Ao século XVIII corresponden os retablos das igrexas de Nantón e Riobó. Nesta última atópanse os cadaleitos dos Condes da Penela. Nesta mesma parroquia está a torre da Penela.
Cultura
[editar | editar a fonte]Patrimonio
[editar | editar a fonte]Patrimonio arqueolóxico
[editar | editar a fonte]- En Cabana de Bergantiños atópanse o Dolmen de Dombate e o castro de Borneiro, os dous na parroquia de Borneiro.
- Na parroquia de Riobo atópase a Torre da Penela.
- No contorno do dolmen de Dombate construirase[cando?] o Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte que é un dos catro centros de interpretación que constitúen a Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico.[6]
- Na parroquia de Canduas, no lugar de Sinde, está o Castro de Sinde da época da Idade de Ferro
Patrimonio cultural
[editar | editar a fonte]- Na parroquia de Cesullas atópase o lugar de San Fins, famoso pola súa romaría.
- Na parroquia de Canduas está a praia de Area das Vacas.
Etnografía
[editar | editar a fonte]Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]Nas festas hai que distinguir entre as oficiais do municipio e as das parroquias.
A Romaría de San Fins do Castro é a festa oficial do concello e celébrase o 1 de agosto na honra de San Fins do Castro.
- Festas das parroquias.
- Anos:
- Santo Estevo, día 26 de decembro.
- Borneiro:
- San Xoán, día 24 de xullo.
- Romaría do Carme do Briño, día 18 de xullo no lugar do Briño.
- Canduas:
- San Bras, día 3 de febreiro.
- Virxe do Carme, o 28 de agosto.
- San Antonio, o 29 de agosto.
- San Martiño, día 11 de novembro.
- San Lucía, día 13 de decembro.
- Cesullas:
- Virxe do Carme, o 1º domingo do mes de xullo no lugar de Neaño.
- Virxe do Carme, o 10 de agosto no lugar de San Fins.
- Santo Estevo, día 29 de decembro.
- Corcoesto:
- Romaría de Santa Margarida de Baneira, día 13 de xullo.
- Romaría de Santa Mariña do Remuiño, día 22 de xullo.
- O Esto:
- San Ramón, o 31 de agosto.
Gastronomía
[editar | editar a fonte]Podemos gozar da rica gastronomía da zona onde teñen especial interese os produtos da horta o caldo galego xunto co cocido e os produtos derivados do cocho, así como os lácteos en xeral.
Economía
[editar | editar a fonte]A agricultura e a gandería en Cabana teñen un peso de certa importancia na economía municipal sendo os cultivos como o millo e a pataca os que máis destacan neste eido.
En Canduas a carpintería de ribeira tamén ten a súa importancia as beiras do río Anllóns, aínda que a crise que está pasando o sector da pesca esta poñendo en perigo esta actividade.
Como chegar
[editar | editar a fonte]Desde A Coruña, chégase pola estrada C-552 que vai ata Fisterra, pasando por Arteixo, Paiosaco e A Laracha e ó chegar a Carballo (capital da comarca de Bergantiños) hai que desviarse cara a Malpica de Bergantiños ata chegar a Buño. Aí cómpre desviarse cara a Ponteceso e despois cara Cabana.
Ao pasar Carballo tamén se pode continuar pola C-552 sen desviarse ata Baio (concello de Zas) pasando por Coristanco, Agualada e Natón (xa en Cabana de Bergantiños).
Desde Santiago de Compostela chégase pola estrada C-545 ata Portomouro, e alí cómpre desviarse cara a Santa Comba, Zas e Baio, e aí coller o desvío cara a Borneiro.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Cabana de Bergantiños.
-
Cámara do dolmen
-
Vista xeral das pinturas do dolmen
-
Macrofotografia das pinturas
-
Castro de Borneiro
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Real Academia Galega (Xosé María Lema) (25/11/2021). O Seminario de Onomástica responde: Cabana de Bergantiños (Youtube).
- ↑ Páxina do Instituto Nacional de Estadística
- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 43. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ Fernández Carrera, Xan (2001). "Concello de Cabana de Bergantiños". Descubre a Comarca de Bergantiños. p. 193.
- ↑ hoxe en día están outra vez en estudo para unha posible reapertura Una empresa canadiense compra la mina de Corcoesto para extraer oro Cristina Viu La Voz de Galicia
- ↑ A Xunta dá luz verde ao proxecto sectorial do Parque do Megalitismo da Costa da Morte 2011
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cabana de Bergantiños |