Britpop
Britpop | |
---|---|
Orixe musical | British Invasion, Glam rock, Indie rock, Madchester, Mod revival, New Wave, Punk rock |
Orixe cultural | principios dos 90 no Reino Unido |
Instrumentos típicos | Guitarra - Baixo - Batería - Teclado |
Derivados | New wave of new wave, Lion Pop |
O britpop foi un xénero de rock alternativo británico e un movemento que foi moi popular sobre todo en Gran Bretaña a mediados dos anos 90. O britpop emerxeu da escena indie aprincipios da década dos 90 e estaba caracterizado por bandas influenciadas polo pop guitar británico dos anos 60 e 70. O movemento desenvolveuse como unha reacción contra varias tendencias musicais e culturais de finais dos 80 e principios dos 90, particularmente o fenómeno grunge dos Estados Unidos.
A pesar de que as bandas de britpop non tiñan un son unificado elas foron agrupadas xuntas polos medios primeiramente como unha escena musical, máis que como un xénero propiamente, e posteriormente como un movemento cultural nacional. Blur, Oasis e Pulp son considerados os grupos máis representativos do britpop, e outras bandas asociadas a este movemento son Suede, Elastica, Ocean Colour Scene, Supergrass e The Verve. Esas bandas levaron o rock alternativo británico cara ao mainstream e formaron a espiña dorsal dun movemento cultural británico aínda maior denominado "Cool Britannia".
A pesar de que as súas bandas máis populares foron capaces de manter o seu éxito comercial internacionalmente, sobre todo en Norteamérica, o movemento en gran parte se disolveu cara finais da década dos 90.
Estilo, raíces e influencias
[editar | editar a fonte]As bandas de britpop estiveron fortemente influenciadas pola música inglesa dos anos 60 e 70, especialmente polas bandas de British Invasion coma The Beatles, The Rolling Stones, The Who, The Kinks e The Small Faces; por artistas de glam rock coma David Bowie e T. Rex; e grupos de punk rock como os Sex Pistols, The Jam, os Buzzcocks e Wire. As influencias específicas de cada banda varían: Blur e Oasis beben dos Kinks e dos Beatles respectivamente; mentres que Elastica está máis influenciada polo arty punk rock.
As bandas de rock alternativo da escena indie dos 80 e de principios dos 90 foron on antecesores directos do movemento britpop. A influencia de The Smiths foi común na maioría dos artistas britpop. A escena Madchester, encabezada por The Stone Roses, Happy Mondays e Inspiral Carpets (para quen Noel Gallagher de Oasis traballara de roadie), foi a raíz máis inmediata do britpop.
En termos de estilo, as bandas de britpop confiaban en temas pegadizos e escribían letras con temáticas afíns á mocidade británica da súa xeración. Estas bandas denunciaban que os grupos de shoegazing e grunge eran irrelevantes e non lle dicían nada ás súas vidas. Damon Albarn de Blur resumiu a súa actitude en 1993 cando despois de que lle preguntasen se Blur era unha "banda anti-grunge" dixo, "se o punk tratábase de desfacerso dos hippies, entón esu estou desfacéndome do grunge". A pesar da declarada inimizade entre os xéneros, algúns elementos eran comúns a ambos.