Saltar ao contido

Noel Gallagher

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNoel Gallagher

(2022) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Noel Gallagher
(en) Noel Thomas Gallagher Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Noel Thomas David Gallagher Editar o valor en Wikidata
29 de maio de 1967 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Longsight, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
Lateralidademanicho Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguitarrista, cantautor, músico, cantante Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1988 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock, rock alternativo e música pop Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoCreation Records Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMeg Mathews (1997–2001) Editar o valor en Wikidata
FillosAnaïs Gallagher Editar o valor en Wikidata
IrmánsLiam Gallagher Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webnoelgallagher.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0302462 Facebook: noelgallaghermusic Twitter: noelgallagher Instagram: themightyi MySpace: noelgallagher Souncloud: noelgallagher Spotify: 6IRQd80VHepXiTXdmBzk6l iTunes: 534174 Musicbrainz: 6493ed80-8b44-49fa-91de-e7b0a0b57d6d Songkick: 154591 Discogs: 5452 Allmusic: mn0000380158 WikiTree: Gallagher-6910 Deezer: 4911039 Editar o valor en Wikidata

Noel Thomas David Gallagher, nado o 29 de maio de 1967 en Manchester, é un músico, cantante, guitarrista e compositor inglés. Foi o principal guitarrista e compositor, ademais de co-vocalista da banda de rock Oasis. Gallagher comzou a tocar a guitarra as trece anos, e despois de distintos traballos na construción traballou para a banda de Manchester Inspiral Carpets como roadie e técnico en 1988. Mentres estaba de xira con eles tivo coñecemento de que o seu irmán, Liam Gallagher, formara a súa propia banda, coñecida como The Rain, e que finalmente se convertería en Oasis. Despois de que Gallagher regresase a Inglaterra foi convidado polo seu irmán a unirse ao grupo como compositor e guitarrista.

O álbum de estrea de Oasis, Definitely Maybe (1994), marcou o comezo do ascenso da banda cara a fama como parte do movemento britpop. O seu seguindo traball, (What's the Story) Morning Glory? (1995), acadou a cima das listas de álbums en moitos países, e o seu terceiro disco, Be Here Now (1997), foi o disco coas vendas máis rápidas da historia do Reino Unido. O britpop finlmente perdeu popularidade e os dous seguintes álbums de Oasis non conseguiron revivilo. Porén, os dous últimos traballos do grupo, Don't Believe the Truth (2005) e Dig Out Your Soul (2008), conseguiron un éxito renovado. O 28 de agosto de 2009, tras un altercado con Liam antes dun concerto en París, Noel Gallagher anunciou que deixaba Oasis e o 23 de outubro dese ano confirmaba que comezaría unha carreira en solitario.[1] Gallagher pasaría a formar Noel Gallagher's High Flying Birds.

A carreira de Gallagher con Oasis foi turbulenta, especialmente durante o pico do britpop, ao estar envolto en varias disputas con Liam, e a loita dos irmáns e as súas salvaxes vidas foron regularmente portada nos tabloides británicos. Gallagher (xunto con Oasis) tamén compartíu unha rivalidade persoal coa banda Blur. Porén, a miúdo foi considerado como a punta de lanza do movemento britpop, e a revista NME chegou a designar a un feixe de bandas deste estilo (como Kula Shaker, Ocean Colour Scene e Cast) como "Noelrock", citando a influencia de Gallagher no seu éxito.[2] Moitos eloxiaron as composicións de Gallagher, dicindo George Martin que se trataba do "mellor compositor da súa xeración".

  1. NME (ed.). "Noel Gallagher confirms solo career plan". Consultado o 18 de marzo de 2016. 
  2. Kessler, Ted (8 de xuño de 1996). "Noelrock!". NME.