The Stone Roses
The Stone Roses | |
---|---|
Orixe | Manchester, Inglaterra |
Período | 1984 – 1996 2011 - presente |
Xénero(s) | rock alternativo, Madchester |
Selo(s) discográfico(s) | Silverston Records, Geffen Records |
Membros | Ian Brown John Squire Gary 'Mani' Mounfield Alan Wren "Reni" |
Artistas relacionados | The Patrol, The Waterfront, The High, The Seahorses, Primal Scream, The Rub, Freebass, Oasis |
Na rede | |
www.thestoneroses.co.uk | |
The Stone Roses é unha banda orixinaria de Manchester (Inglaterra), representativa do movemento Madchester de finais dos anos 80. É un dos grupos que máis influíu a bandas da escena Britpop nos anos 90. O grupo separouse no ano 1996, pero no mes de outubro de 2011 anunciaron a súa reunión para realizar dous concertos en Manchester seguidos dunha xira mundial.
Historia
[editar | editar a fonte]Formouse en 1984, con Ian Brown na voz, John Squire á guitarra, Gary Mounfield (de alcume "Mani") co baixo, e Alan Wren, (de alcume "Reni") á batería. A súa música caracterízase por ter atractivas melodías ó estilo dos Beatles combinadas co son dance-beat da época. Con apenas un par de sinxelos obtiveron unha auréola de culto, e a prensa especializada tratábaos con reverencia. A banda só chegou a editar dous discos (un homónimo ("Stone Roses") en 1989 e un segundo disco, "Second Coming" en 1994, longamente demorado por problemas legais coa discográfica Silvertone) antes de separarse por problemas entre os seus integrantes.
O primeiro disco obtivo categoría de clásico case antes do seu lanzamento. O segundo é máis irregular pero cunha produción brillante e esmerada (ten, por exemplo, ducias de pistas en branco) con refachos de solidez esmagadora.
Trala separación, Ian Brown iniciou unha carreira solista, mentres que Squire formou the Seahorses e Mani uniuse a Primal Scream. De Reni, o primeiro en abandonar a banda, pouco se soubo ata que anunciou a formación dunha nova banda, The Rub.
Discografía
[editar | editar a fonte]Discos
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
The Stone Roses | 1989 | Silvertone |
Second Coming | 1994 | Geffen |
Remesturas/Compilacións
[editar | editar a fonte]- Turns into Stone - 1992
- The Complete Stone Roses - 1995
- Garage Flower - 1996
- Remixes - 2000
- The Very Best of The Stone Roses - 2002
Sinxelos
[editar | editar a fonte]- "So Young" (setembro de 1985)
- "Sally Cinnamon" (maio de 1987, lanzado de novo en xaneiro de 1990)
- "Elephant Stone" (outubro de 1988, lanzado de novo en marzo de 1990)
- "Made Of Stone" (febreiro 1989, lanzado de novo en marzo de 1990)
- "She Bangs The Drums" (Xullo 1989, lanzado de novo en marzo de 1990)
- "Fools Gold/What The World Is Waiting For" (novembro de 1989, lanzado de novo en setembro de 1990)
- "One Love" (xullo de 1990)
- "I Wanna Be Adored" (setembro de 1991)
- "Waterfall" (xaneiro de 1992)
- "I Am The Resurrection" (abril de 1992)
- "Love Spreads" (novembro de 1994)
- "Ten Storey Love Song" (febreiro de 1995)
- "Fools Gold '95" (abril de 1995)
- "Begging You" (novembro de 1995)
- "Crimson Tonight EP" (febreiro de 1996)
- "Fools Gold '99" (marzo de 1999)
Vídeos
[editar | editar a fonte]The Stone Roses
[editar | editar a fonte]- I Wanna Be Adored
- Elephant Stone
- She Bangs The Drums
- Waterfall
Turns Into Stone
[editar | editar a fonte]- Fools Gold
Second Coming
[editar | editar a fonte]- Ten Storey Love Song
- Love Spreads
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- páxina de Ian Brown (en inglés)
- páxina de John Squire (en inglés)
- https://web.archive.org/web/20110201002424/http://www.the-stone-roses.co.uk/ (en inglés)