The Who
The Who | |
---|---|
The Who en 1975 (da esquerda para a dereita: Roger Daltrey, John Entwistle, Keith Moon e Pete Townshend | |
Orixe | Londres, Reino Unido |
Período | 1962 – 1983 1989 1996 – 1997 1999 – actualidad |
Xénero(s) | rock psicodélico, hard rock, art rock |
Selo(s) discográfico(s) | MCA Records Decca Records Track Records |
Membros | Formación actual: Pete Townshend Roger Daltrey Zak Starkey Simon Townshend Pino Palladino John "Rabbit" Bundrick |
Na rede | |
https://thewho.com | |
The Who é unha banda inglesa de rock formada en 1962. Orixinalmente chamábase The Detours, aínda que pouco despois adoptarían o nome de The High Numbers para máis adiante pasarse a chamar The Who.
A banda naceu en Londres, Inglaterra. A alienación "clásica" estaba composta por Roger Daltrey (voz), Pete Townshend (guitarra), John Entwistle (baixo) e Keith Moon (batería). Townshend era o principal compositor: escribiu a maior parte das cancións da banda e foi o responsable dos conceptos e historias de álbums como Tommy e Quadrophenia e o proxecto Lifehouse. Entwistle tamén compuxo unha parte importante das cancións de The Who, e foi responsable dalgúns temas importantes da banda, nos que cantou (Townshend só cantaba nalgunhas das súas propias cancións).
Desa alienación só quedan vivos Pete Townshend e Roger Daltrey xa que Keith Moon faleceu por sobredose de pastillas en 1978 (polo que foi substituído por Kenney Jones) e John Entwistle por un ataque ao corazón en 2002.
O grupo é considerado un dos máis influentes na historia do rock, e foi descrita como "unha das bandas máis innovadoras e poderosas na historia do rock".[1]. A banda é pioneira do concepto de ópera rock, e considerase precursora de subxéneros como o punk e o britpop.
Membros
[editar | editar a fonte]Formación clásica |
|
---|---|
Formación actual |
Pete Townshend |
Outros membros |
Kenney Jones |
Discografía oficial
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]- The Who Sings My Generation - 1965 (Brunswick/Decca Records) Tamén coñecido coma My Generation
- A Quick One - 1966 (Decca/Reaction Records) Tamén coñecido coma Heat wave
- The Who Sell Out - 1967 (Decca/Track Records)
- Tommy - 1969 (Decca/Track Records)
- Who's Next - 1971 (Decca/Track Records)
- Quadrophenia - 1973 (MCA Records/Polydor/Track)
- The Who By Numbers - 1975 (MCA/Polydor)
- Who Are You - 1978 (MCA/Polydor)
- Face Dances - 1981 (Polydor/Warner Bros. Records)
- It's Hard - 1982 (Polydor/Warner Bros. Records)
- Endless Wire - 2006 (Polydor/Republic Records)
Vivo
[editar | editar a fonte]- Live At Leeds (1970)
- Who's Last (1984)
- Join Together (1990)
- Live At The Isle Of Wight Festival 1970 (1996)
- Live At The Royal Albert Hall (2003)
Compilacións oficiais
[editar | editar a fonte]- Magic Bus (1968)
- Meaty, Beaty, Big and Bouncy (1971)
- 30 Years of Maximum R&B
- Odds And Sods (1974)
- Direct Hits
- Greatest Hits
- Who's Better, Who's Best
- Hooligans
- The Kids Are Alright
- The Ox
- The Story of The Who
- The Singles
- The Who Collection
- Who's Missing
- Two's Missing
- Rarities Vol. I
- Rarities Vol. II
- The Ultimate Collection
- Then & Now
- Teenage Wasteland
Ligazons
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: The Who |
- (en inglés) Web oficial de Pete Townshend e The Who Arquivado 30 de novembro de 2012 en Wayback Machine.
- (en inglés) thewho.net
- (en inglés) thewho.org
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.allmusic.com/cg/amg.dll?p=amg&sql=11:fifwxqr5ldfe~T1. Biografía de The Who