Happy Mondays
Aparencia
Happy Mondays | |
---|---|
Orixe | Little Hulton, Greater Manchester, Inglaterra |
Período | 1980 – 1993 1999 – 2000 2004 – presente |
Xénero(s) | rock alternativo, madchester, acid house, hip house |
Selo(s) discográfico(s) | Factory, Elektra |
Membros | Shaun Ryder Mark "Bez" Berry Gary Whelan |
Antigos membros | Mark Day Paul Ryder Paul Davis Rowetta Satchell |
Na rede | |
http://www.happymondaysonline.com/ e http://www.happymondaysofficial.co.uk/ | |
Happy Mondays é unha banda inglesa de rock alternativo procedente de Salford, Greater Manchester e formada en 1980. Orixinalmente estivo composta por Shaun Ryder nas voces, o seu irmán Paul Ryder no baixo, o guitarrista Mark Day, o teclista Paul Davis e o batería Gary Whelan. Mark "Bez" Berry uniríase posteriormente ao grupo no escenario durante as actuacións ao vivo despois de facerse amigo de Shaun Ryder. Rowetta Satchell uniuse á banda como corista a principios dos anos 90.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Squirrel and G-Man Twenty Four Hour Party People Plastic Face Carnt Smile (White Out) - 1987 (Factory)
- Bummed - 1988 (Factory)
- Pills 'n' Thrills and Bellyaches - 1990 (Factory)
- Yes Please! - 1992 (Factory)
- Uncle Dysfunktional - 2007 (Sequel)