Andrés Torres Queiruga
(2004) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de maio de 1940 (84 anos) Aguiño, España |
Residencia | Roma |
Relixión | Igrexa católica |
Formación profesional | Teoloxía, Filosofía |
Educación | Universidade Pontificia Comillas |
Actividade | |
Ocupación | teólogo, tradutor, catedrático, escritor, editor literario |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela, catedrático |
Membro de | |
Xénero artístico | Ensaio |
Premios | |
Andrés Torres Queiruga, nado en Aguiño (Ribeira) o 28 de maio de 1940, é un teólogo e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Realizou estudos de teoloxía no seminario de Santiago de Compostela e na Universidade Pontificia Comillas. Licenciado en Filosofía (1962) e Teoloxía (1966). Posteriormente, tras dous anos en Roma, realizou a súa tese de doutoramento en 1973, co título Constitución y evo-lución del Dogma. La teoría de Amor Ruibal y su aportación. É tamén doutor en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela no 1988, coa tese Noción, religación, trascendencia. O coñecemento de Deus en Amor Ruibal e Xavier Zubiri, dirixida por Carlos Amable Baliñas Fernández.[1][2]
A súa actividade como docente levouno á Universidade de Santiago, onde foi profesor de Filosofía da Relixión, Clásicos da Metafísica e Filosofía Alemá na Época da Ilustración na Facultade de Filosofía. Foi tamén profesor de Teoloxía no Instituto Teolóxico Compostelán.
Ingresou como membro de número da Real Academia Galega en 1980 co discurso Nova aproximación a unha filosofía da saudade, respondido por Ramón Piñeiro[3]. Membro tamén do Consello da Cultura Galega, foi ademais un dos fundadores e director da revista de pensamento cristián Encrucillada.
A súa obra divulgou a miúdo posturas discordantes co que postulaba a Igrexa católica, en particular sobre os conceptos do Espírito Santo e a interacción de Deus sobre a creación. Esta visión discrepante levou a diversas tensións co goberno da Igrexa, e a que en 2012 a Comisión da Doutrina da Fe da Conferencia Episcopal Española o apercibise publicamente por "distorsionar elementos da fe da Igrexa" como "a clara distinción entre o mundo e o creador e a posibilidade de que Deus interveña na historia e no mundo alén das leis que el mesmo estableceu" ou a distinción entre "creación e salvación", así como "a necesidade da graza sobre natural para alcanzar o fin último do home"[4] Ante esta nota, a Real Academia Galega fixo público un comunicado expresando a súa protesta contra o que cualificaba de "conculcación da liberdade de pensamento" do intelectual galego.[5]
Obra en galego
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]Estas son as súas principais obras:[6][7]
- Teoloxía e sociedade, 1974, Editorial SEPT.
- Recupera-la salvación, 1977, SEPT. Foi traducida ao castelán.
- Nova aproximación a unha filosofía da saudade, 1981, Real Academia Galega.
- A revelación como maieútica histórica, 1984.
- Rolda de ideas, 1984, SEPT.
- A revelación de Deus na realización do home, 1985, Galaxia. Traducida ao español (1987), ao italiano (1991[8])[9] e ao alemán (1996).[10]
- Creo en Deus Pai. O Deus de Xesús e a autonomía humana, 1986, SEPT.
- Torres Queiruga, Andrés. (1990). Noción, religación, trascendencia : o coñecemento de Deus en Amor Ruibal e Xavier Zubiri. [Pontevedra]: Fundación Pedro Barrie de la Maza. ISBN 84-85728-99-8. OCLC 434040979.
- O inferno a revisión, 1995, Irimia.
- Recupera-la creación. Por unha relixión humanizadora, 1996, SEPT. Foi traducida ao alemán.[11]
- Do Terror de Isaac ó Abbá de Xesús, 1999, SEPT.
- Repensar a resurrección. A diferencia cristiá na continuidade das relixións e da cultura, 2002, SEPT. Traducido ao castelán como Repensar la resurrección, publicado en Trotta, no 2003.[12]
- Para unha filosofía da saudade, 2003, Fundación Otero Pedrayo.
- Diálogo das relixións e autocomprensión cristiá, 2005, SEPT.
- Repensar o mal. Da poneroloxía a teodicea, 2010, Galaxia.
- Alguén así é o Deus en quen eu creo, 2012, Galaxia.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- A crise actual da conciencia relixiosa, 1972, SEPT
- As relacións Eirexa-Mundo en Galicia, 1972, SEPT.
- Homenaxe a Castelao, 1976, Universidade de Santiago de Compostela.
- O Novo Testamento, 1980, SEPT. Cotradutor.
- A Biblia, 1989, cotradutor.
- O pensamento galego na historia. Aproximación crítica, 1990, Universidade de Santiago de Compostela.
- Homenaxe a Ramón Piñeiro, 1991.
- Comentarios de textos contemporáneos, 1992, Xerais.
- Congreso Vicente Risco, 1995, Xunta de Galicia.
- Actas do Congreso Inrternacional de Estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo, 1996.
- Galicia 2020, 2000, Ir Indo.
- Congreso sobre Castelao, 2001, Xunta de Galicia.
- Carlos Casares: a semente aquecida da palabra, 2003, Consello da Cultura Galega.
- Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego, 2008, Xerais.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
- Rosalía na cobiza do lonxe, 2013, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio da Crítica Galicia de ensaio no 1978, por Recupera-la salvación.
- Premio da Crítica Galicia de ensaio no 1986, por A revelación de Deus na realización do home.
- Premio Galego Egrexio no 1994.
- Premio Losada Diéguez no 1997, por Recupera-la creación. Por unha relixión humanizadora.
- Premio Trasalba no 2003.
- Premio Sereo de Cultura Galega da Asociación Cultural Barbantia no 2010.
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Constitución y evolución del dogma: la teoría de Amor Ruibal y su aportación, 1977, Marova, Madrid.
- Opción por los pobres: La justicia del Dios cristiano, 1988, Editorial S. M.
- El Dios de Jesús. Aproximación en cuatro metáforas, 1991, Sal Terrae, Santander.
- La constitución moderna de la razón religiosa. Prolegómenos a una Filosofía de la Religión, 1992, Verbo Divino, Lizarra.
- El cristianismo en el mundo de hoy, 1992, Sal Terrae.
- El diálogo de las religiones, 1992, Cuadernos Fe y Secularidad, Madrid.
- Confesar hoy a Jesús como el Cristo, 1995, Cuadernos Fe y Secularidad, Santander/Madrid.
- La democracia en la Iglesia, 1995, S. M.
- Repensar la Cristología. Ensayos hacia un nuevo paradigma, 1996, Verbo Divino.
- Un Dios para hoy, 1997, Cuadernos Aquí y Ahora, Sal Terrae.
- El problema de Dios en la Modernidad, 1998, Verbo Divino.
- Creer de otra manera, 1999, Cuadernos Aquí y Ahora, Sal Terrae.
- Fin del cristianismo premoderno. Retos hacia un nuevo horizonte, 2000, Sal Terrae.
- Por el Dios del mundo en el mundo de Dios. Sobre la esencia de la vida religiosa, 2000, Sal Terrae.
- Esperanza a pesar del mal. La resurrección como horizonte, 2005, Sal Terrae.
- Filosofía de la religión en Xavier Zubiri, 2005, Tirant lo Blanch, Valencia.
- Repensar la revelación. La revelación divina en la realización humana, 2008.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Los gallegos, 1976, Istmo, Madrid.
- Galicia. Realidade económica e conflicto social, 1978, Banco de Bilbao.
- 10 Palabras clave en Religión, 1992, Verbo Divino, Estella.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Torres Queiruga, Andrés (1988). Noción, religación, trascendencia. O coñecemento de Deus en Amor Ruibal e Xavier Zubiri (Tese). Universidade de Santiago de Compostela.
- ↑ Torres Queiruga, Andrés (1990). Noción, religación, trascendencia. El conocimiento de Dios en Amor Ruibal y Xavier Zubiri (Tese) (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela.
- ↑ "Nova aproximación a unha filosofía da saudade". Real Academia Galega. 20 de xuño de 1980.
- ↑ Lombao, David (31 de marzo de 2012). "A Inquisición condena a Torres Queiruga por "distorsionar a fe da Igrexa"". Praza Pública.
- ↑ "Comunicado da Academia en apoio de Torres Queiruga". Real Academia Galega. 3 de abril de 2012.
- ↑ As datas de publicación das obras están recollidas de Dolores Vilavedra (coord.), Diccionario da Literatura Galega, Vol I, Vigo, 1995, páx. 579 e da biografía que aparece en Vieiros
- ↑ "Recuperar la salvación: para una interpretación liberadora de la experiencia cristiana". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-27.
- ↑ Andrés Torres Queiruga: “A gran tarefa é unha Galicia soberana na nova configuración mundial” Arquivado 27 de maio de 2020 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 27/9/2010
- ↑ "La rivelazione di Dio nella realizzazione dell'uomo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-27.
- ↑ "Die Offenbarung Gottes in der Verwirklichung des Menschen". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-27.
- ↑ "Die Wiederentdeckung der Schöpfung: für eine menschliche Religion". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-27.
- ↑ "Repensar la resurrección: la diferencia cristiana en la continuidad de las religiones y de la cultura". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-27.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Andrés Torres Queiruga |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Andrés Torres Queiruga". Real Academia Galega.
Predecesor: Francisco Fernández Rei |
Vicesecretario da RAG 2013-2021 |
Sucesor: Henrique Monteagudo |
- Escritores de Galicia en lingua galega
- Escritores de Galicia en lingua castelá
- Teólogos de Galicia
- Membros de número da Real Academia Galega
- Tradutores de Galicia
- Tradutores ao galego
- Nados en Ribeira
- Nados en 1940
- Ensaístas
- Enciclopedistas de Galicia
- Teólogos cristiáns
- Alumnos da Universidade Pontificia Comillas
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
- Profesores da Universidade de Santiago de Compostela