Saltar ao contido

Xosé Luís Regueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXosé Luís Regueira

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xullo de 1958 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Goiriz, España Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalFiloloxía Románica
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Director de teseAntón Santamarina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor universitario, lingüista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela (2008–)
Universidade de Santiago de Compostela (1994–2008)
Universidade de Santiago de Compostela (1991–1994)
Universidade de Santiago de Compostela (1987–1991)
Universidade de Colonia (1985–1987) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

BNE: XX1059949 BUSC: regueira-fernandez-xose-luis-1958 Dialnet: 287740


Xosé Luís Regueira Fernández, nado en Goiriz (Vilalba) o 6 de xullo de 1958, é un lingüista galego. Desde 2018 dirixe o Instituto da Lingua Galega.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1982 licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela, e en 1983 entregou a memoria de licenciatura, co título O exordio estacional na lírica galorrománica medieval. En 1989 conseguiu o doutoramento, coa tese A fala do norte da Terra Chá: estudio descritivo.

Traballou como lector de castelán na Universidade de Colonia, e posteriormente incorporouse ao cadro académico da Universidade de Santiago, neste caso no departamento de Lingua Galega, onde é catedrático. A súa investigación estivo centrada na fonética e na fonoloxía da lingua galega.

É membro do Instituto da Lingua Galega desde 1981, ocupou durante anos o posto de secretario e desde xuño de 2018 é o seu director.[2] Tamén estivo vinculado á revista de investigación Cadernos de Lingua, da que actualmente (2011) é coordinador. O 23 de marzo de 2011 foi escollido académico da Real Academia Galega[3], lendo o 3 de xuño de 2012 o seu discurso de entrada.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]

Traducións

[editar | editar a fonte]
  1. "O catedrático Xosé Luís Regueira é o novo director do Instituto da Lingua Galega". Galicia Confidencial. 25 de xuño de 2018. Consultado o 26 de xuño de 2018. 
  2. "O catedrático Xosé Luís Regueira é o novo director do ILG da USC". USC. 25 de xuño de 2018. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2018. Consultado o 26 de xuño de 2018. 
  3. Ingreso de Xosé Luís Regueira Fernández Arquivado 09 de xuño de 2012 en Wayback Machine., Real Academia Galega.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]