Pegerto Saavedra
(2022) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de novembro de 1951 (72 anos) Ferreira de Arriba, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Director de tese | Antonio Eiras Roel |
Actividade | |
Ocupación | historiador |
Membro de | |
Pegerto Saavedra Fernández, nado en Ferreira de Arriba (Freixo, A Fonsagrada) o 15 de novembro de 1951[1], é un historiador galego. É catedrático de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Universidade de Santiago de Compostela, e foi premio extraordinario de licenciatura en Historia e premio extraordinario de doutoramento. Obtivo o Premio da Crítica, na categoría de Ensaio, en 1993 polo libro A vida cotiá en Galicia de 1550 a 1850, e en 1998, compartido cos outros autores, polo tomo I da Historia da Universidade de Santiago. En 2011 foi elixido membro da Real Academia Galega, ocupando a vacante deixada por Francisco Xavier Río Barxa. Ingresou como académico o 14 de setembro de 2013 coa lectura do discurso Demarcacións, topónimos, papeis, memoria: sobre a división e o control do territorio na Galicia moderna, respondido por Ramón Villares.[2]
Obra en galego
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- A vida cotiá en Galicia de 1550 a 1850, 1992, Universidade de Santiago.
- A facenda real na Galicia do antigo réxime, 1994.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Galicia fai dous mil anos. O feito diferencial galego, 1997, Museo do Pobo Galego.
- Historia da Universidade de Santiago, 1998, Universidade de Santiago.
- A gran historia de Galicia, La Voz de Galicia, 2007.
- Seminario de Mondoñedo (1565-2013). Centro de formación e promoción cultural, 2015.
- Historia das historias de Galicia, 2016, Xerais.
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Economía rural antigua en la montaña lucense. El concejo de Burón, 1979.
- La provincia de Mondoñedo en el Antiguo Régimen. Población, sociedad y economía, 1982.
- Economía, política y sociedad en Galicia, 1985, Xunta de Galicia.
- La vida cotidiana en la Galicia del Antiguo Régimen, 1994, Crítica, Barcelona.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- España en el siglo XVIII, 1985, Crítica, Barcelona.
- AA.VV. (1991). Historia de Galicia (en castelán). Faro de Vigo. ISBN 84-404-9520-X..
- El Siglo de Las Luces. Cultura y vida cotidiana (con Hortensio Sobrado Correa), 2004.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pegerto Saavedra Fernández". Real Academia Galega.
- ↑ Saavedra Fernández, P.; Villares Paz, R. (2013). Demarcacións, topónimos, papeis, memoria. Sobre a división e o control do territorio na Galicia moderna. Real Academia Galega.