Antonio Couceiro Freijomil
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xuño de 1888 ![]() Pontedeume, España ![]() |
Morte | 9 de maio de 1955 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor, catedrático ![]() |
Membro de | Real Academia Galega (académico de número) (1941–1955) Real Academia Galega (membro correspondente) (1926–1941) ![]() |
Obra | |
Obras destacables | |
![]() ![]() ![]() |
Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un filólogo, bibliógrafo, pedagogo e escritor galego, coñecido polo seu Diccionario bio-bibliográfico de escritores. Foi membro de número da Real Academia Galega desde 1941[1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/34/Placa_casa_natal_Couceiro_Freijomil.jpg/220px-Placa_casa_natal_Couceiro_Freijomil.jpg)
Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela e fundou en Pontedeume un colexio de primeiro ensino. Exerceu como profesor en varios colexios de Lugo e Ourense, onde casou con Elisa Pavón Rodríguez. Foi membro da Real Academia Galega e do Seminario de Estudos Galegos.
Fundou con Edmundo Roberes Alonso El Eco de Puentedeume en 1906,[2] foi redactor de Ecos del Eume, redactor xefe de El Diario de Orense e colaborou en La Zarpa, Galicia, El Norte de Galicia, Vida Gallega, El Compostelano, El Correo Gallego e La Noche.
Obra
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/52/Diccionario_bio-bibliogr%C3%A1fico_de_escritores.jpg/200px-Diccionario_bio-bibliogr%C3%A1fico_de_escritores.jpg)
- La aceptación del dolor, 1914.
- Ortografía gallega. Bases para su unificación, 1929.
- La bandera de Galicia, 1929.
- Los factores del desenvolvimiento humano, 1934.
- El idioma gallego, Historia, Gramática, Literatura, 1935.
- Los niños anormales y su educación especial, 1936.
- Historia de Pontedeume y su comarca, 1944.
- Diccionario bio-bibliográfico de escritores, Editorial de los Bibliófilos Gallegos, 1951-1954.
- Programa escolar, 1955.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Antonio Couceiro Freijomil". Real Academia Galega.
- ↑ La Voz de Galicia, 21-2-1906, p. 1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antonio Couceiro Freijomil ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Brais da Bouza [Ignacio Pérez Vázquez] (2005). "Couceiro Freijomil". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego, Francisco (1990). Diccionario de escritores en lingua galega. Do Castro. p. 100. ISBN 978-84-7492-465-7.
- Simposio sobre Antonio Couceiro Freijomil. Actas do congreso realizado pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, Santiago de Compostela, o día 13 de maio de 2005. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. 2006. ISBN 978-84-453-4146-9.