Saltar ao contido

de

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Revisión feita o 25 de agosto de 2020 ás 02:13 por Calq (conversa | contribucións)
(dif) ←Revisión máis vella | ver revisión actual (dif) | Revisión máis nova→ (dif)

Convencións e grafías

Abreviatura

de

  1. O idioma alemán (Deutsch) segundo o código ISO 639.

Véxase tamén


Galego

  • Pronuncia: /ˈde/ /de̝/ (AFI)

de1

Substantivo masculino

de (sg: de; pl: des)

  1. Definición impropia: nome da letra d ou D, que en galego representa o fonema oclusivo dental sonoro.

Traducións

de2

Preposición

de

  1. Definición impropia: indica que [algo] pertence a [alguén] ou está nas súas mans.
  2. Definición impropia: expresa orixe ou procedencia.
  3. Definición impropia: expresa materia.
  4. Definición impropia: expresa asunto ou contido.
  5. Definición impropia: expresa parentesco.
  6. Definición impropia: expresa finalidade ou uso.
  7. Definición impropia: expresa carácter ou condición.
  8. Definición impropia: expresa situación no tempo.
  9. Definición impropia: expresa causa.
  10. Definición impropia: sinala o punto inicial nunha expresión temporal.
  11. Definición impropia: expresa modo.
  12. Definición impropia: indica o axente.
  13. Definición impropia: expresa valor partitivo.
  14. Definición impropia: forma parte de locucións modais.
  15. Definición impropia: emprégase tras certos verbos e antecedendo un infinitivo.

Traducións

Contraccións

m. s. f. s. m. pl. f. pl. neutro
o do da dos das
un dun dunha duns dunhas
el del dela deles delas
este deste desta destes destas disto
ese dese desa deses desas diso
aquel daquel daquela daqueles daquelas daquilo
estoutro destoutro destoutra destoutros destoutras
esoutro desoutro desoutra desoutros desoutras
aqueloutro daqueloutro daqueloutra daqueloutros daqueloutras
algún dalgún dalgunha dalgúns dalgunhas
outro doutro doutra doutros doutras


Castelán

Substantivo feminino

de (sg: de; pl: des)

  1. De.


Catalán

Preposición

de

  1. De (expresa valor partitivo).


Galés

Substantivo

de

  1. Sur.

Termos relacionados

Antónimos