Palmeira, Ribeira
Palmeira | |
---|---|
Igrexa de San Pedro de Palmeira. | |
Concello | Ribeira[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°34′42″N 8°57′38″O / 42.5784, -8.9606 |
Poboación | 2.567 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 39[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Pedro de Palmeira é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Ribeira. Segundo o IGE en 2018 tiña 2.600 habitantes (1.311 mulleres e 1.289 homes) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.905 habitantes.
No lugar de Figueirido está a Pedra das Cabras, petróglifo da idade de bronce.
Xentilicio
[editar | editar a fonte]Esta parroquia posúe un xentilicio, completamente consolidado e atestado, que é palmeirán. Ademais, os habitantes de Palmeira recibiron historicamente o pseudoxentilicio de maghorrentos, procedente da palabra maga, que significa "tripa de polbo ou de peixe, especialmente de sardiña machucada que se emprega como engado para a pesca", se cadra relacionado con que non eran poucos os palmeiráns que antigamente andaban entre as magas ou tripas de polbo e peixes[2].
Palmeira na literatura popular
[editar | editar a fonte]- Refraneiro
- Os de Palmeira beben a caña pola cuncha da vieira [3].
- Cantigueiro
- ¡Canto limón pola tina,/ canto limón pola eira!/ Cantas fillas de María/ ten o cura de Palmeira [4].
- Este ano hai moito millo,/ tamén hai moitos carozos./ As rapazas de Palmeira/ arrabean polos mozos [5].
- Maio vaia quen che puxo/ Santa Uxía de Ribeira/ que che había de poñer/ acabador de Palmeira [6].
- Marroguentos de Palmeira,/ pelados de Santa Euxía,/ para cantar e beilar/ vivan os da nosa Ría [7].
- Marroguentos de Palmeira,/ pelados son os da Vila,/ para cantar e beilar/ as mozas de Santa Uxía [8].
- Marroguentos de Palmeira,/ pelados son os da Vila,/ para cantar e beilar/ vivan os de Santa Uxía [9].
- Meu amor está en Palmeira,/ meu esprito en Santa Uxía/, meu corazón en Carreira,/ meu todo en Vilagarcía [10].
- Os do Palmeira son tolos/ que o dixeron os da Puebla,/ repinican as campanas/ para matar a colebra [11].
- Os do Maño son sapiños,/ os de Palmeira forzudos,/ os de Santa Uxía tolos/ e os de Carreira son mulos [12].
- Se din que Palmeira é probe/ n’é por falta de diñeiro,/ levantaron unha mina/ de bruxas en el Castrelo [13].
- Vexo Rúa, vexo Rúa/ e de paso vexo España./ As mociñas de Palmeira/ xa teñen palabra dada [14]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palmeira, Ribeira |
-
Dúas anemones vermellas e unha marrón acompañadas de arneste.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Palmeira
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Palmeira no concello de Ribeira (A Coruña) | |
---|---|
Almansa | O Bacelo | A Bouciña | Branca | O Brañal | Callao | A Cambra | A Canle | A Carballa | O Carballal | Carolo | Chacín | Chimpín | O Cochón | O Cruceiro de Cruces | O Cruceiro de Marcos | Cudieiros | Figueirido | Insuela | A Lagoíña | O Lixó | A Lomba | O Miñoteiro | Modorróns | Mondelo | Mourelos | O Muíño Vello | Palmeira | A Pedriña | O Porto | A Revolta | As Robaleiras | A Rochela | Rosende | O Rueiro do Adro | O Rueiro do Porto | As Saíñas | San Pedro | Ventín |
Parroquias de Ribeira
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Quiles, Fernando Cabeza. "Toponimia de Ribeira". Real Academia Galega. Consultado o 2023-06-25.
- ↑ Clodio González Pérez; "O refraneiro do mar", en Coloquio de etnografía marítima, cap. 12. Museo do Pobo Galego 1988, 142.
- ↑ Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 175. No texto: pol-a.
- ↑ Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 178. No texto: pol-os.
- ↑ Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 202. No texto: Santa Enxía [sic].
- ↑ Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 169. No texto: Santa Euxía. Bouza Brey explica que "Marroguentos" ten sentido despectivo describindo a aquel desprezable como as tripas de polbo.
- ↑ Fermín Bouza-Brey: "Archivo filolóxico e etnográfico de Galiza", en Nós nº 45, 15.09.1927. "Os da Vila" dise en Ribeira dos veciños da Pobra do Caramiñal.
- ↑ Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 169. No texto: "Santa Euxía".
- ↑ Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 158. No texto: Sta. Euxía.
- ↑ Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 171. En nota explica a orixe desta cantiga, tomada de Os oestrimnios..., de Cuevillas.
- ↑ O Xobre (ou O Maño) é parroquia da Pobra do Caramiñal; Palmeira, Santa Uxía e Carreira, son de Ribeira. No texto: os de O Maño, Santa Euxía. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], px. 169.
- ↑ O único Castrelo que recolle o Nomenclátor na ría de Arousa é o do concello de Cambados. Fermín Bouza Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 204. No texto: n-é.
- ↑ Bouza Brey engade en nota o seguinte: Suponse ista cántiga non beizos de un mariñeiro que ven entrando na Ría de Arousa e olla dempois de longa ausenza o faro de Rúa, na insuiña de tal nome e detrás dél o pobo de Palmeira que lle suxire a refleisón dos versos derradeiros. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 200. No texto: Hespaña.