Odín
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f8/Odin%2C_der_G%C3%B6ttervater.jpg/220px-Odin%2C_der_G%C3%B6ttervater.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1d/Georg_von_Rosen_-_Oden_som_vandringsman%2C_1886_%28Odin%2C_the_Wanderer%29.jpg/220px-Georg_von_Rosen_-_Oden_som_vandringsman%2C_1886_%28Odin%2C_the_Wanderer%29.jpg)
Odín (Óðinn en antigo nórdico) é o deus soberano na mitoloxía nórdica e no paganismo nórdico, como o anglosaxón Woden, continuación do protoxermánico *Wōdinaz.
Mito
[editar | editar a fonte]O seu nome está relacionado con óðr, que significa "excitación", "furia" ou "poesía". O seu papel, como moitos dos deuses do panteón nórdico, é complexo, estando vinculado á sabedoría, a morte e a guerra, así como tamén á maxia, a poesía, as profecías, a vitoria ou á caza.
Odín aparece representado como un vello dun só ollo, deixando o outro como tributo na fonte sagrada que lle deu a sabedoría como atributos porta unha lanza, un anel de ouro e un cabalo de oito patas e dous lobos que o protexen, as novas transmítenllas os corvos. Como deus dos aforcados pode aparecer coa lingua fóra. Como deus da guerra é un deus sádico e como deus da morte manda queimar os mortos coas súas posesións para que as atopen outra volta en Valhalla.