Gerðr
Aparencia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/cb/Skirnir%27s_message_to_Gerd.jpg/220px-Skirnir%27s_message_to_Gerd.jpg)
Na mitoloxía nórdica, Gerðr é unha Jotun, unha deusa e a muller do deus Freyr. Gerðr aparece na Edda poética, compilada no século XIII dende fontes tradicionais, na Edda prosaica e na Heimskringla, escritas por Snorri Sturluson. Gerðr tamén é chamada Gerd ou Gerth.