Lei dos gases ideais
Aparencia
A lei dos gases ideais é unha ecuación de estado do gas ideal, un gas hipotético formado por partículas puntuais, sen atracción nin repulsión entre elas e con choques perfectamente elásticos, sen intercambio de enerxía. Un gas aproxímase ao modelo de gas ideal en condicións de temperatura elevada e presión baixa.
A lei xeral dos gases ideais obtense a partir da combinación da lei de Boyle-Mariotte, a lei de Gay-Lussac e doutras que as complementan e describe a relación entre a presión, temperatura, volume e cantidade de gas.
Ecuación de estado
[editar | editar a fonte]Valores de R |
---|
A ecuación matemática que define esta lei é:
Na cal:
- P é a presión do gas
- V é o volume que ocupa o gas
- n é o número de moles de gas
- T é a temperatura termodinámica ou temperatura absoluta
- R é a constante dos gases. Segundo as unidades que se utilicen, el valor da constante varía, así e todo as máis habituais son as dúas seguintes:
- = 8,314 J·K−1·mol−1
- = 0,082 atm·L·K−1·mol−1