Saltar ao contido

Ciclismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carreira de ciclismo.

Ciclismo é un deporte de carreira de bicicleta no que o obxectivo dos participantes é ben chegar primeiro a determinada meta ou ben cumprir un determinado percorrido no menor tempo posíbel.

Foi en Inglaterra, en mediados do século XIX, cando comezou o ciclismo como deporte. As probas ciclistas xeralmente encádranse en tres categorías: probas en estrada, probas en pista e probas de montaña (bicicleta de montaña, ciclocross ou BMX) e practícase con diversos tipos e modelos de bicicletas.

Nas de bicicleta de montaña existen varias especialidades: o cros, que é unha proba de longa distancia que se disputa en todo o tipo de terreo, de preferencia no monte, e combinando distintas inclinacións e dificultades; o free ride, cun andamento máis extremo en que se dá preferencia a saltos e *descidas; o descenso que é a versión máis extrema e perigosa do ciclismo de montaña que consiste soamente en descender, normalmente a velocidades altas, en contra o reloxo, por terreos de monte. Cando se fai en cidade chámase descenso urbano. Unha variante do descenso é o four-cross ou 4x, que consiste nunha competición de descenso de monte onde compiten ao mesmo tempo catro ciclistas e onde ó perigo e á espectacularidade do anterior súmaselle a posibilidade do contacto físico entre as e os participantes.

O ciclismo é ademais parte dalgúns deportes combinados, coma o tríatlon.

Ciclismo na sociedade

[editar | editar a fonte]
Tour de France 2005.

Independente de campionatos e torneos, é común que amigos con intereses afíns se reúnan para facer longos paseos de bicicleta, quer no monte ou en estrada. A isto denomínaselle cicloturismo. O practicante do ciclismo chámase ciclista.

En termos de saúde, o ciclismo é unha actividade rítmica e cíclica, ideal para desenvolvemento dos sistemas de enerxía aerobio e anaerobio, dependendo do tipo de adestramento aplicado. Desenvolve o sistema cardiovascular dos practicantes, sendo aínda indicado por médicos especialistas como óptimo exercicio para queima de graxa corporal e desenvolvemento de resistencia de forza muscular de pernas, en adestramentos. Aínda que pode estar contraindicada para certos problemas de costas.

O mundo moderno inventou tamén o ciclismo estático, ou sexa, a práctica do ciclismo en bicicletas ergométricas ou incluso utilizando a propia bicicleta arriba dun trebello chamado rodete e en lugares pechados, casa, academia, club etc, un exercicio aeróbico alternativo e seguro ideal para individuos que desexan maior seguranza, sustentación e facilidade de manexo que o ciclismo de estrada ou de pista.

O ciclismo estático indícase para persoas que presentan determinados tipos de lesións de xeonllos, cadrís, columna e que non poden camiñar; xestantes, enfermos con osteoporose e principalmente obesos.

Modalidades de ciclismo

[editar | editar a fonte]
Campionato do Mundo feminino de ciclismo en ruta, en Innsbruck.

Competicións

[editar | editar a fonte]
Volta ciclista a España 2007.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]