Galo de auga común
Galo de auga común | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
En Tasmania, Australia
| |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Fulica atra Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||
Distribución de F. atra Cría Anual Inverno
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
O galo de auga común,[3] tamén chamada galiñola negra, galiñola negra común[4] ou galiñola de auga[5] (Fulica atra), é unha ave de costumes acuáticos.
Morfoloxía e hábitos
[editar | editar a fonte]Case do tamaño dun parrulo, o galo de auga común é completamente negra e ten un pico branco caracterizado cun escudete. É unha palmípede dunha lonxitude de 38 cm, envergadura de 70–80 cm e un peso aproximado de 700 gramos. Morfoloxicamente machos e femias son iguais. Ó nadar cabecea ritmicamente a cabeza.
Habita en augas doces cunha vexetación de ribeira abondosa. Aliméntase de herba, insectos e brotes de plantas, que busca mergullándose ou ben na ribeira.
Reprodución
[editar | editar a fonte]O galo de auga común constrúe niños flotantes entre abril e xullo. En Galicia é habitual que críe na espesura dos canavais e espadanais. A posta é de 5-10 ovos cun tempo de incubación de 23-24 días. Os polos comezan a voar ás 8 semanas de vida.
Distribución
[editar | editar a fonte]Ave común en toda Europa Occidental. No Leste só está presente na época de cría.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Fulica atra". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ Condon, H. T. (1975) Checklist of the Birds of Australia: Non-Passerines Royal Australasian Ornithologists Union, 57:311
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-06.
- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ Definición de Galo de auga común no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas". C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís, Atocha Ramos Martínez. Editado polo Concello do Grove. Depósito Legal:C 2423-2009
- Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. (en castelán)
- Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest, s.a. (en castelán)