Cidade Real
Ciudad Real (es) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela-A Mancha | |||
Provincia | provincia de Cidade Real | |||
Capital de | ||||
Capital | Ciudad Real (pt) | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 75.303 (2023) (264,22 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 285 km² | |||
Altitude | 628 m-657 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Organización política | ||||
• Alcaldesa | Eva María Masías (2021–) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 13001–13005 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 13034 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | ciudadreal.es | |||
Cidade Real[1] (en castelán: Ciudad Real) é unha cidade do centro de España, na Meseta Sur, capital da provincia de Cidade Real, en Castela-A Mancha.
Cidade Real ten 74.014 habitantes segundo o censo do Instituto Nacional de Estadística do ano 2009. A cidade atópase a 628 msnm, e o termo municipal cobre 289,98 km².
A cidade foi fundada por Afonso X o Sabio co nome de Villa-Real. A cidade é sede da Universidade de Castela-A Mancha e da Deputación Provincial.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O municipio de Cidade Real comprende catro núcleos de poboación, Cidade Real, Las Casas, Valverde e La Poblachuela. Cidade Real está urbanisticamente separada por escasos metros da veciña localidade de Miguelturra, formando un continuo demográfico. Cidade Real atópase na rexión histórica da Mancha, concretamente na comarca natural do Campo de Calatrava, caracterizada por toda unha chaira e situada na submeseta sur da Península Ibérica, ao bordo dun extenso territorio que presenta a particularidade do relevo e os fenómenos volcánicos. Así, pódense observar formacións do relevo que adoitan recibir o nome de "morro" ou "cabezo" e cráteres hidromagmáticos de explosión ou maar, que ás veces albergaban lagoas. Estas, en ocasións, foron desecadas na segunda metade do século XIX como consecuencia das ideas e políticas hixienistas ou miasmáticas da época, como a de Los Terreros, onde se atopa actualmente a Facultade de Educación.
A zona centro-sur de Cidade Real atópase emprazada sobre dúas maares, cuxos fondos de cráter sitúanse na praza do Pilar e na fonte do Hospital Xeral. No seu termo municipal, atópanse outros maares ou cráteres de explosión, como o da lagoa de La Posadilla (tamén chamado de Fuentillejos), declarada Monumento Natural.
Outros fenómenos son as augas agres, fervedoiros e baños termais. O relevo do termo municipal é chairo con lixeiras ondulacións e con pequenos outeiros volcánicos ademais de pequenas serras cuarcíticas. O río Guadiana suca este territorio represado para o regadío no encoro de El Vicario.
Clima
[editar | editar a fonte]De acordo coa clasificación climática de Köppen, o clima de Cidade Real é en xeral semiárido frío de tipo BSk, aínda que está moi preto do límite co clima mediterráneo de tipo Csa. Outras fontes describen o clima de Cidade Real como mediterráneo continentalizad, diferenciándoo do clima mediterráneo típico (que se dá en zonas próximas á costa), por ter unha maior amplitude térmica anual debido á súa altitude e distancia do mar. A precipitación media anual é duns 400 mm, cun mínimo marcado no verán (como é común nos climas mediterráneos) e un máximo no outono e comezos do inverno e, en menor medida, na primavera. As nevadas no inverno son ocasionais. O verán é moi cálido, mentres que o inverno é moderadamente frío.
Demografía
[editar | editar a fonte]O censo de Cidade Real é de 74.798 habitantes (INE 2014). Debido ao gran número de estudantes da Universidade de Castela-A Mancha (UCLM) e de persoas residentes non empadroadas, a poboación de Cidade Real dispárase ata as 80.000 persoas aproximadamente e chegaría ata os 100.000 habitantes contando a súa área metropolitana, o que supón unha porcentaxe moi elevada de poboación vinculada. Isto motivou diversas campañas do Concello de Cidade Real para aumentar o número de empadroamentos na cidade.
Administración e política
[editar | editar a fonte]Eleccións municipais
[editar | editar a fonte]Candidaturas con representación | 2015 | |||
---|---|---|---|---|
% | Concelleiros | |||
Partido Popular (PP) | 36,54 | 10 | ||
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) | 31,40 | 9 | ||
Ganemos Ciudad Real | 15,79 | 4 | ||
Ciudadanos (C's) | 7,47 | 2* |
Cidade Real está gobernada polo Concello de Cidade Real, cuxos representantes se elixen cada catro anos por sufraxio universal de todos os cidadáns maiores de 18 anos de idade. O órgano está presidido (2015) pola alcaldesa de Cidade Real, Pilar Zamora.
Actualmente un dos dous concelleiros elixidos por Ciudadanos é un edil non adscrito no consistorio.
Alcaldes
[editar | editar a fonte]Lexislatura | Nome | Partido |
---|---|---|
1979-1983 | Lorenzo Selas Céspedes | UCD |
1983-1987 | Lorenzo Selas Céspedes | AP |
1987-1991 | Lorenzo Selas Céspedes | Independentes |
1991-1995 | Lorenzo Selas Céspedes (1991-1993) Nicolás Clavero Romero (1993-1995, substitución) |
PSOE PSOE |
1995-1999 | Francisco Gil-Ortega Rincón | PP |
1999-2003 | Francisco Gil-Ortega Rincón | PP |
2003-2007 | Francisco Gil-Ortega Rincón | PP |
2007-2011 | Rosa Romero Sánchez | PP |
2011-2015 | Rosa Romero Sánchez | PP |
2015-2019 | María del Pilar Zamora Bastante | PSOE |
2019-2023 | María del Pilar Zamora Bastante (2019-2021) Eva Masías (2021-2023) |
PSOE Cs |
2023- | Paco Cañizares | PP |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 101. ISBN 84-8158-266-2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cidade Real |