Saltar ao contido

Charlotte Hornets

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Charlotte Hornets
Charlotte Hornets logo
Charlotte Hornets logo
Información xeral
Conferencia Leste
División Sueste
Fundación 1988
Historia Charlotte Hornets (1988–2002)
Charlotte Bobcats (2004–2014)
Cores                     Púrpura, verde
Retirados 1 (13)
Localización
Cidade Carolina do Norte Charlotte, Carolina do Norte
Pavillón Spectrum Center
Capacidade 19.077 espectadores
Inauguración 21 de outubro de 2005
Persoal
Propietario(s) Michael Jordan
Director Rich Cho
Adestrador James Borrego
Títulos
Campión 0
Conferencia 0
División 0
hornets.com

Os Charlotte Hornets son un equipo profesional de baloncesto que xoga en Charlotte. Xogan na División Sueste da Conferencia Leste da National Basketball Association. O propietario da franquía é Michael Jordan, quen adquiriu o equipo no ano 2010. Xogan os seus encontros coma locais no Spectrum Center, situado no centro da cidade de Charlotte.

Os Hornets foron creados en 1988 coma un equipo de expansión, pero na tempada 2001-02 trasladáronse a Nova Orleáns. En 2004 un novo equipo de expansión, os Charlotte Bobcats, foi creado. Tras 10 tempadas co nome de Bobcats, o equipo cambiou o seu nome a Charlotte Hornets para a tempada 2014-15, un ano despois de que a franquía de Nova Orleáns renunciara ó nome de Hornets e o cambiara polo de Pelicans.[1] Ademais, a franquía de Charlotte recuperou a historia e os récords dos Hornets orixinais dos anos 1988-2002, converténdose así nunha continuación da franquía orixinal.[2]

1987-2002: Os Charlotte Hornets

[editar | editar a fonte]

En 1987, a NBA permitiu fundar equipos novos a catro cidades. Charlotte, en Carolina do Norte foi unha das premiadas, xunto con Miami e Orlando, en Florida, e Minneapolis, en Minnesota, as dúas primeiras na tempada 1988-1989 e as dúas últimas na tempada 1899-1990. A nova franquía de Charlotte orixinalmente foi nomeada como Charlotte Spirit, pero os seareiros locais protestaron, e pouco antes de entrar na liga, o nome cambiouse a Charlotte Hornets.

O equipo xogou o seu primeiro partido na liga en outubro de 1988. O nome "Hornets" foi elixido pola súa tradición nos deportes profesionais de Charlotte. Foi o nome utilizado polas franquías das ligas menores de béisbol dende 1901 ata 1972, e polo equipo da World Football League en 1974 e 1975. O nome provén da forte resistencia da cidade á ocupación británica durante a Guerra da Independencia dos Estados Unidos, cando Charles Cornwallis referiuse a ela como "The Hornets' Nest" (a xerarca das nespras).

O equipo de 1988 foi liderado polo base Kelly Tripucka, que inmediatamente ofreceu un bo ataque. Foi o máximo anotador da franquía nas primeiras dúas tempadas. O equipo tamén tiña ó rookie tirador Rex Chapman, unha verdadeira ameaza dende posicións afastadas. Para a tempada 1990-1991, o base Kendall Gill foi elixido no draft e o equipo mellorou un pouco, pero aínda non o suficiente, e gañou o sorteo para o draft do ano seguinte e polo tanto a primeira elección.

Na tempada 1991-92 os Hornets elixiron o ala Larry Johnson, da Universidade de Nevada co número un. Johnson fixo unha moi boa primeira tempada, acabando entre os líderes da liga en rebotes e puntos, e gañando o premio ó Rookie do Ano de 1992. Kendall Gill liderou ó equipo en anotación cunha media de 20 puntos por partido.

Na 1992-93, o equipo tivo a segunda elección no draft, usándoa para elixir o pivote Alonzo Mourning, da Universidade de Georgetown. Con iso os Hornets tiñan dúas ameazas ofensivas con Mourning e Johnson, sendo xunto a Gill o trío de xogadores base dunha franquía máis novo da liga. Foi suficiente para rematar quintos na Conferencia Leste e lograr unha praza nos playoffs, onde derrotaron ós Boston Celtics co xa famoso tiro gañador de Mourning. Pero na segunda rolda notaron a falta de experiencia e perderon contra os New York Knicks.

Os anos seguintes estiveron marcados polas lesións de Johnson e Mourning, aínda que volveron ós playoffs na 94-95 para ser derrotados polos Chicago Bulls na primeira rolda.

No período de vacacións o equipo mandou a Mourning ós Miami Heat polo ala Glen Rice e polo pivote Matt Geiger. Geiger e Johnson empataron no liderado do equipo en rebotes, mentres o propio Johnson e Rice anotaban dunha maneira equilibrada pero poderosa, e co base All-Star Kenny Anderson suplindo ó lesionado Muggsy Bogues.

A pretempada foi de novo marcada porr grandes cambios: Anderson decidiu non renovar, Johnson foi intecambiado polo ala-pivote dos Knicks Anthony Mason, e o escolta elixido no draft Kobe Bryant foi mandado ós Lakers polo pivote Vlade Divac. Os novos Hornets parecían incluso mellores, con Divac e Geiger como o mellor dúo na pintura da liga, Mason promediando un dobre-dobre e logrando entrar no terceiro equipo da NBA, Bogues de novo xogando de base, e Rice facendo a mellor tempada de toda a súa carreira, sendo terceiro en anotación de toda a liga e logrando entrar no segundo equipo da NBA. Ademais, Rice tamén foi MVP do All-Star, logrando varios récords de anotación. En conxunto, o equipo fixo a mellor tempada da súa historia, volvendo ós playoffs.

A tempada 1997-98 tamén foi exitosa. O equipo asinou a un novo escolta suplente, David Wesley, e ó escolta tirador Bobby Phills. Cun quinteto titular formado por Wesley, Phills, Rice, Mason e Divac, os Hornets quedaron arriba na tempada regular, cun Rice que foi sexto en anotación e entrando no terceiro equipo da NBA; e o equipo calificándose para a segunda rolda dos playoffs por segunda vez, onde foron derrotados de novo polos Bulls. A tempada 1998-99 foi moi turbulenta, cun Rice sendo intercambiado por Eddie Jones, dos Lakers.

A tempada 1999-2000 foi un retorno á cume, coa chegada do axente libre Derrick Coleman e da elección número tres do draft, o base Baron Davis. O quinteto formado por Wesley, Jones, Mason, Coleman e Campbell era poderoso, pero viuse afectado pola morte de Bobby Phills o 12 de xaneiro de 2000. O seu dorsal foi retirado o 9 de febreiro. O equipo volveu ós playoffs, onde caeron contra os Philadelphia 76ers. Jones liderou a liga en roubos, pero na pretempada el e Mason foron mandados ós Heat por Jamal Mashburn e por PJ Brown.

En 2000-01 os Hornets, cunha quinta titular na que estaban Davis, Wesley, Mashburn, Brown e Campbell, tamén chegaron ós playoffs, onde conseguiron vencer ós Heat, terceiros de conferencia, e chegaron a semifinais de conferencia por terceira vez na historia da franquía, perdendo alí contra os Milwaukee Bucks en sete partidos. Volveron ás semifinais de conferencia a seguinte tempada batendo en primeira rolda ós Orlando Magic, pero esta vez tampouco conseguiron chegar máis aló, xa que perderon contra os New Jersey Nets. Moitos pensaron que a derrota debíase a que Jamal Mashburn tivo que perderse os playoffs. Nesa tempada, os Horntes mudáronse despois das disputas co concello da cidade sobre a construción dunha nova cancha. Cos Hornets xa en Nova Orleáns, a NBA volveu a Charlotte coa ceración da franquía número 30: os Charlotte Bobcats.

2002-2004: Creación dos Bobcats

[editar | editar a fonte]

Cando os Charlotte Hornets se moveron para Nova Orleáns na tempada 2002-03, a NBA prometeulle á cidade de Charlotte que ían ter un equipo na NBA para a tempada 2004-05. Moitos grupos de propietarios, incluído un liderado pola antiga estrela dos Boston Celtics, Larry Bird, fixeron ofertas polo equipo.[3] O 18 de decembro de 2002, un grupo liderado polo fundador da Black Entertainment Television, Robert Johnson, conseguiu a franquía,[4] converténdose no primeiro propietario afroamericano dun equipo profesional de deportes nos Estados Unidos.[5] O rapeiro Nelly converteuse tamén noutro copropietario salientable.[6]

En xuño de 2003, o novo equipo foi chamado co nome de Bobcats.[7] Charlotte, tamén casa dos Carolina Panthers da NFL, fixo dos nomes con motivos felinos algo natural para o novo equipo de baloncesto. Hai tamén algunhas especulacións nas que se pensa se "Bob" en Bobcats pode ser unha referencia ao propietario orixinal do equipo, Robert "Bob" Johnson.

Os Bobcats contrataron a Bernie Bickerstaff coma primeiro adestrador principal e director xeral da historia da franquía.[8] Debido aos intentos errados de fundar un novo pavillón no centro de Charlotte, os políticos da cidade decidiron poñer en funcionamento uns impostos para axudar a pagalo.[9][10] George Shinn, propietario dos Hornets, tamén quixo que a cidade pagara un novo pavillón, e deixou a cidade cando non o conseguiu.

2004–2007: A NBA volve a Charlotte

[editar | editar a fonte]
Os Bobcats nun partido contra os Dallas Mavericks o 11 de novembro de 2005.

Os Bobcats tiveron o seu draft de expansión o 22 de xuño de 2004, collendo xogadores con experiencia coma Predrag Drobnjak e xogadores máis novos con talento coma o aleiro dos Sacramento Kings, Gerald Wallace.[11] Ademais acordaron cos Los Angeles Clippers a adquisición da segunda elección do Draft da NBA de 2004, onde seleccionaron a Emeka Okafor, pivote da Universidade de Connecticut. O primeiro partido dos Bobcats da tempada 2004-05 foi o 4 de novembro no Charlotte Coliseum, onde perderon por 103-96 contra os Washington Wizards..[12] Dous días despois, gañaron o seu primeiro partido na historia da franquía, por 111-100 aos Orlando Magic.[13] O 14 de decembro, os Bobcats gañaron aos New Orleans Hornets 94-93 na prórroga na primeira viaxe dos Hornets a Charlotte tras o seu traslado a Nova Orleáns.[14] Con todo, coma a maioría de equipos novos, os Bobcats case sempre tiveron moitas dificultades, e remataron a súa tempada inaugural con 18 vitorias e 64 derrotas, e nunca gañaron máis de dous partidos seguidos.[15] Emeka Okafor tivo unha grande actuación, e gañou o premio ao Rookie do Ano da NBA.[16]

No Draft da NBA de 2005, os Bobcats elixiron a Raymond Felton e Sean May de North Carolina. Con eles, ademais de Okafor e Wallace, o equipo tiña a esperanza de construír unha base sólida para o futuro. Na segunda tempada, os Bobcats inauguraron o novo Time Warner Cable Arena cunha vitoria na prórroga contra os Boston Celtics. Despois de ter dificultades novamente a maioría do ano, pecharon a tempada con catro vitorias consecutivas para rematar cunha marca de 26-56, oito vitorias máis ca na primeira tempada. Despois da tempada, os Bobcats anunciaron que a lenda da NBA Michael Jordan mercara unha parte do equipo, converténdose na cabeza das operacións baloncestísticas.[17]

Os Bobcats amosaron algunha melloría durante a tempada 2006-07, cunha marca de 22-33 en febreiro. Porén, o equipo foi a menos, sufrindo unha xeira de oito partidos consecutivos perdendo, deixando a marca en 22-41 a comezos do mes de marzo. Despois disto, Michael Jordan anunciou que Bernie Bickerstaff non seguiría sendo o adestrador do equipo na seguinte tempada, pero que ía rematar a tempada adestrando ao equipo.[8] Os Bobcats gañaron 11 dos últimos 19 partidos para rematar a terceira tempada cunha marca de 33-49. En tres tempadas cos Bobcats, Bickerstaff rematou cunha marca de 77-169.

2014–presente: Volven os Hornets

[editar | editar a fonte]

O 20 de maio de 2014, os Bobcats convertéronse oficialmente na segunda encarnación dos Charlotte Hornets. Nunha rolda de prensa na que anunciaron o cambio de nome, os propietarios do equipo anunciaron tamén que como parte do acordo coa NBA e cos New Orleans Pelicans, os renomeados Hornets recuperaron a historia e os récords dos Hornets dos anos 1988-2002, mentres que os récords dos Hornets durante a súa etapa en Nova Orleáns de 2002 a 2013 permaneceron cos Pelicans.[2][18]

Nota: As estatísticas están actualizadas até a temporada 2017−18.

Campións da NBA Campións de Conferencia Campións de División En posición de Playoffs
Temporada Conferencia Posto División Posto V D %V PD Playoffs Premios
Charlotte Hornets
1988–89 Leste 12º Atlántico 20 62 .244 32
1989–90 Oeste 14º Medio Oeste 19 63 .232 37
1990–91 Leste 12º Central 26 56 .317 35
1991–92 Leste 12º Central 31 51 .378 36 Larry Johnson (ROY)
1992–93 Leste Central 44 38 .537 13 Gañada Primeira Rolda (Celtics) 3–1
Perdidas Semifinais de Conferencia (Knicks) 1–4
1993–94 Leste Central 41 41 .500 16 Dell Curry (SMOY)
1994–95 Leste Central 50 32 .610 2 Perdida Primeira Rolda (Bulls) 1–3
1995–96 Leste Central 41 41 .500 31
1996–97 Leste Central 54 28 .659 15 Perdida Primeira Rolda (Knicks) 0–3 Glen Rice (AMVP)
1997–98 Leste Central 51 31 .622 11 Gañada Primeira Rolda (Hawks) 3–1
Perdidas Semifinais de Conferencia (Bulls) 1–4
1998–99 Leste Central 26 24 .520 7
1999–00 Leste Central 49 33 .598 7 Perdida Primeira Rolda (76ers) 1–3
2000–01 Leste Central 46 36 .561 6 Gañada Primeira Rolda] (Heat) 3–0
Perdidas Semifinais de Conferencia (Bucks) 3–4
2001–02 Leste Central 44 38 .537 6 Gañada Primeira Rolda (Magic) 3–1
Perdidas Semifinais de Conferencia (Nets) 1–4
2002–03 Suspensión de operacións
2003–04
Charlotte Bobcats
2004–05 Leste 14º Sueste 18 64 .220 41 Emeka Okafor (ROY)
2005–06 Leste 13º Sueste 26 56 .317 26
2006–07 Leste 12º Sueste 33 49 .402 11
2007–08 Leste 12º Sueste 32 50 .390 20
2008–09 Leste 10º Sueste 35 47 .427 24
2009–10 Leste Sueste 44 38 .537 15 Perdida Primeira Rolda (Magic) 0–4
2010–11 Leste 10º Sueste 34 48 .415 24
2011–12 Leste 15º Sueste 7 59 .106 39
2012–13 Leste 14º Sueste 21 61 .256 45
2013–14 Leste Sueste 43 39 .524 11 Perdida Primeira Rolda (Heat) 0–4
Charlotte Hornets
2014–15 Leste 11º Sueste 33 49 .402 27
2015–16 Leste Sueste 48 34 .585 Perdida Primeira Rolda (Heat) 3–4
2016–17 Leste 11º Sueste 36 46 .439 13
2017–18 Leste 10º Sueste 36 46 .439 8

Rexistro histórico

[editar | editar a fonte]
Estatística Vitorias Derrotas % vitorias
Total en Temporada Regular 988 1260 .440
Total en Playoffs 23 40 .365
Total en Temporada Regular e Playoffs 1011 1300 .437

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Cadro actual

[editar | editar a fonte]
Charlotte Hornets 2023–2024
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
B/E 10 Bailey, Amari 1.96 m (6 ft 5 in) 84 kg (185 lb) UCLA
B/E 1 Ball, LaMelo 2.01 m (6 ft 7 in) 82 kg (180 lb) SPIRE Academy (OH)
A/AP 12 Black, Leaky 2.06 m (6 ft 9 in) 95 kg (209 lb) North Carolina
B/E 2 Bouknight, James 1.93 m (6 ft 4 in) 86 kg (190 lb) Connecticut
A/AP 0 Bridges, Miles 2.01 m (6 ft 7 in) 102 kg (225 lb) Michigan State
A/AP 20 Hayward, Gordon 2.01 m (6 ft 7 in) 102 kg (225 lb) Butler
B/E Lowry, Kyle 1.83 m (6 ft 0 in) 89 kg (196 lb) Villanova
A/AP 11 Martin, Cody 1.96 m (6 ft 5 in) 93 kg (205 lb) Nevada
B/E 7 McGowens, Bryce 2.01 m (6 ft 7 in) 81 kg (179 lb) Nebraska
P 31 Mensah, Nathan 2.08 m (6 ft 10 in) 104 kg (230 lb) San Diego State
E/A 24 Miller, Brandon 2.06 m (6 ft 9 in) 91 kg (200 lb) Alabama
B/E 44 Francia Ntilikina, Frank 1.93 m (6 ft 4 in) 91 kg (200 lb) Francia
P 4 Richards, Nick 2.13 m (7 ft 0 in) 111 kg (245 lb) Kentucky
B/E 14 Smith, Ish 1.83 m (6 ft 0 in) 79 kg (175 lb) Wake Forest
B/E 8 Smith Jr., Nick 1.96 m (6 ft 5 in) 84 kg (185 lb) Arkansas
A/AP 21 Thor, JT 2.08 m (6 ft 10 in) 93 kg (205 lb) Auburn
A/AP 25 Washington, P. J. 2.01 m (6 ft 7 in) 104 kg (230 lb) Kentucky
AP/P 5 Williams, Mark 2.13 m (7 ft 0 in) 110 kg (242 lb) Duke
Adestrador
Asistente(s)
  • Bob Beyer
  • Tyrone Corbin
  • Nick Friedman
  • Marlon Garnett
  • Norman Richardson

Lenda
  • (C) Capitán
  • (DP) Drafteado sen asinar
  • (FA) Axente libre
  • (IN) Inactivo
  • (S) Suspendido
  • Mancado Mancado

Cadro
Actualizado: 28-01-2024

Líderes históricos

[editar | editar a fonte]

Negra indica que ao xogador segue en activo na franquía. Cursiva indica que ao xogador segue en activo, mais non na franquía.

Puntos anotados (temporada regular) (a 22 de xaneiro de 2019)[19]

  1. Kemba Walker (11.059)
  2. Dell Curry (9.839)
  3. Gerald Wallace (7.437)
  4. Larry Johnson (7.405)
  5. Glen Rice (5.651)
  6. Muggsy Bogues (5.531)
  7. Raymond Felton (5.311)
  8. David Wesley (5.241)
  9. Gerald Henderson (4.701)
  10. Emeka Okafor (4.630)
  11. Alonzo Mourning (4.569)
  12. Kendall Gill (4.159)
  13. Rex Chapman (3.574)
  14. Elden Campbell (3.573)
  15. Michael Kidd-Gilchrist (3.571)
  16. Marvin Williams (3.571)
  17. Kelly Tripucka (3.379)
  18. Nicolas Batum (3.360)
  19. Kenny Gattison (3.289)
  20. Al Jefferson (3.238)
  21. Johnny Newman (3.208)
  22. Anthony Mason (3.173)
  23. J.R. Reid (3.124)
  24. Baron Davis (3.101)
  25. D.J. Augustin (3.068)
  26. Boris Diaw (3.010)
  27. Matt Carroll (2.923)
  28. Jeremy Lamb (2.866)
  29. Cody Zeller (2.799)
  30. Stephen Jackson (2.758)

Outras estatísticas (temporada regular) (a 22 de xaneiro de 2019)[20]

Minutos xogados

  1. Muggsy Bogues (19.768)
  2. Kemba Walker (19.317)
  3. Dell Curry (17.613)
  4. Gerald Wallace (16.718)
  5. Larry Johnson (14.635)

Rebotes

  1. Emeka Okafor (3.516)
  2. Larry Johnson (3.479)
  3. Gerald Wallace (3.398)
  4. Anthony Mason (2.354)
  5. Michael Kidd-Gilchrist (2.287)

Asistencias

  1. Muggsy Bogues (5.557)
  2. Kemba Walker (3.083)
  3. Raymond Felton (2.573)
  4. David Wesley (1.911)
  5. Baron Davis (1.605)

Roubos

  1. Muggsy Bogues (1.067)
  2. Gerald Wallace (827)
  3. Kemba Walker (753)
  4. Dell Curry (747)
  5. Raymond Felton (565)

Tapóns

  1. Alonzo Mourning (684)
  2. Emeka Okafor (621)
  3. Gerald Wallace (531)
  4. Elden Campbell (484)
  5. Bismack Biyombo (468)

Dorsais retirados

[editar | editar a fonte]

Os Chalotte Hornets retiraron o dorsal de Bobby Phills o 9 de febreir ode 2000, despois de que o xogador falecese nun accidente de automóbil na propia capital de Carolina do Norte. A súa camisola pendorou do teito do Charlotte Coliseum até o traslado da franquía en maio de 2002. Posteriormente, o dorsal foi exposto no New Orleans Arena até que a franquía se converteu nos Pelicans en 2013. O 1 de novembro de 2014 a camisola volveu a Charlotte, onde se lle volveu facer unha homenaxe, pendurando actualmente do teito do Time Warner Cable Arena.

Dorsais retirados polos Charlotte Hornets
Xogador Posición Período Data de retiro do Nº
13 Bobby Phills E 1997–00 9 de febreiro de 2000

Basketball Hall of Fame

[editar | editar a fonte]
Membros do Basketball Hall of Fame dos Charlotte Hornets
Xogadores
Nome Posición Período Ano de ingreso
00 Robert Parish P 1994–96 2003
33 Alonzo Mourning P 1992–95 2014
Adestradores
Nome Posición Período Ano de ingreso
Dave Cowens 1 Adestr. 1996–99 1991
Larry Brown 2 Adestr. 2008–10 2002
Notas:
  • 1 Incorporado como xogador.
  • 2 Adestrou ao equipo era coñecido como Charlotte Bobcats.

Galardóns individuais

[editar | editar a fonte]

Adestradores

[editar | editar a fonte]
Nome Inicio Fin Total Temporada regular Playoffs
P V D % P V D % P V D %
Dick Harter 2 de xuño de 1988 31 de xaneiro de 1990 122 28 94 .230 122 28 94 .230 0 0 0
Gene Littles 31 de xaneiro de 1990 24 de xullo de 1991 124 37 87 .298 124 37 87 .298 0 0 0
Allan Bristow 24 de xullo de 1991 23 de abril de 1996 423 212 211 .501 410 207 203 .505 13 5 8 .385
Dave Cowens 29 de maio de 1996 7 de marzo de 1999 191 113 78 .592 179 109 70 .609 12 4 8 .333
Paul Silas 7 de marzo de 1999 15 de maio de 2002 304 172 132 .566 281 161 120 .573 23 11 12 .478
Bernie Bickerstaff 16 de outubro de 2004 13 de marzo de 2007 246 77 169 .313 246 77 169 .313 0 0 0
Sam Vincent 25 de maio de 2007 26 de abril de 2008 82 32 50 .390 82 32 50 .390 0 0 0
Larry Brown 29 de abril de 2008 22 de decembro de 2010 196 88 108 .449 192 88 104 .449 4 0 4 .000
Paul Silas 22 de decembro de 2010 30 de abril de 2012 120 32 88 .267 120 32 88 .267 0 0 0
Mike Dunlap 18 de xuño de 2012 23 de abril de 2013 82 21 61 .256 82 21 61 .256 0 0 0
Steve Clifford 29 de maio de 2013 168 76 92 .452 164 76 88 .463 4 0 4 .000
Totais 1976 855 1121 .433 1920 835 1085 .435 56 20 36 .357
  1. "Jordan: Bobcats changing name to Hornets". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 21 de maio de 2013. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2013. Consultado o 21 de maio de 2013. 
  2. 2,0 2,1 "Charlotte Hornets Name Returns to Carolinas". NBA.com. 20 de maio de 2014. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2014. Consultado o 08 de xullo de 2014. 
  3. "Bird, Carr thinking pro hoops in Charlotte?". USA Today. Associated Press. 23 de maio de 2002. Consultado o 30 de xuño de 2009. 
  4. Michael Hiestand (19 de decembro de 2002). "Winning NBA bid just the start for Johnson". USA Today. Consultado o 30 de xuño de 2009. 
  5. "Johnson will be NBA's first black majority owner". ESPN. 17 de decembro de 2002. Consultado o 30 de xuño de 2009. 
  6. "Robert L. Johnson Adds Nelly To Bobcats Ownership Team". Charlotte Bobcats. 19 de xullo de 2004. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2008. Consultado o 30 de xuño de 2009. 
  7. "NBA Expansion Franchise To Be Named Charlotte Bobcats". Charlotte Bobcats. 11 de xuño de 2003. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2009. Consultado o 30 de xuño de 2009. 
  8. 8,0 8,1 "Jordan: Bickerstaff won't return as coach". ESPN. 14 de marzo de 2007. Consultado o 30 de xuño de 2009. 
  9. Laura Williams-Tracy (9 de agosto de 2002). "Arena bounces back". Charlotte Business Journal. Consultado o 30 de xuño de 2009. 
  10. Erik Spanberg (27 de decembro de 2002). "With new plan and new NBA team, arena project finally heads uptown". Charlotte Business Journal. Consultado o 30 de xuño de 2009. 
  11. "Building the Bobcats". NBA. June 22, 2004. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2010. Consultado o June 30, 2009. 
  12. "Magical night: Bobcats fall to Wizards in debut". ESPN. 4 de novembro de 2004. Consultado o 30 de xuño de 2009. 
  13. "2 for 1: First win for Okafor, Bobcats vs. Magic". ESPN. 6 de novembro de 2004. Consultado o 30 de xuño de 2009. 
  14. "Cats protect their house in Charlotte in OT". ESPN. 14 de decembro de 2004. Consultado o 30 de xuño de 2009. 
  15. "2004-05 Charlotte Bobcats Schedule and Results". Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2014. Consultado o 08 de xullo de 2014. 
  16. "Emeka Okafor Named 2004-05 NBA got milk? Rookie Of The Year". Charlotte Bobcats. 4 de maio de 2005. Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2008. Consultado o 30 de xuño de 2009. 
  17. "Michael Jordan to Become Part Owner of the Charlotte Bobcats". Charlotte Bobcats. 15 de xuño de 2006. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2013. Consultado o 30 de xuño de 2009. 
  18. Hornets all the buzz in Charlotte. ESPN, 2014-05-20.
  19. "Hornets: Players". Basketball-Reference (en inglés). 15 de xuño de 2015. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 13 de novembro de 2015. 
  20. "Charlotte Hornets Career Leaders". Basketball-Reference (en inglés). 15 de xuño de 2015. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 7 de novembro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]