Antes da tempada, Shaquille O'Neal foi traspasado a Miami Heat debido ao enfrontamento e as disputas co seu compañeiro de equipo Kobe Bryant. Phil Jackson tamén deixou o banco dos Lakers, sendo substituído por Rudy Tomjanovich, mentres que os anxelinos quedaríanse fóra dos playoffs por quinta vez na súa historia.
Os Chicago Bulls clasificáronse para playoffs por primeira vez desde 1998, ano do seu último campionato. Tras comezar a tempada 0-9, levantou o voo liderado por Ben Gordon, Eddy Curry, Kirk Hinrich e Luol Deng, entre outros. O seu equipo era un dos máis novos da historia.
Os Washington Wizards conseguiron entrar en playoffs por primeira vez dende que cambiaron o seu nome de Bullets a Wizards na tempada 1997-98.