UCLA Bruins
| ||||
---|---|---|---|---|
División | División I da NCAA | |||
Subdivisión no fútbol americano | Football Bowl Subdivision (FBS) | |||
Conferencia | Pacific Ten Conference | |||
Alcume | Bruins | |||
Mascota | Joe Bruin | |||
Estadio de fútbol americano | Rose Bowl (92.452 espectadores) | |||
Pavillón de baloncesto | Pauley Pavilion (12.829 espectadores) | |||
Os UCLA Bruins son o equipo deportivo da Universidade de California, Os Ánxeles. Os Bruins en categoría masculina e feminina participan na División I da NCAA como parte da Pacific Ten Conference.
UCLA dispón de excelentes instalacións. O equipo de fútbol americano xoga os seus encontros no Rose Bowl dende 1982, mentres que o de baloncesto o fai no Pauley Pavilion, un pavillón con capacidade para 12.829 espectadores que foi inaugurado en 1965. Deportistas de elite coma Cade McNown, Kareem Abdul-Jabbar, Reggie Miller, Jimmy Connors, Bill Walton ou Jackie Robinson proceden de UCLA.
O equipo feminino de wáter-polo deulle á universidade, en 2007, o seu título nacional número 100, un récord absoluto na NCAA.
Deportes
[editar | editar a fonte]Os Bruins participan nas seguintes modalidades deportivas:
|
|
Baloncesto
[editar | editar a fonte]Os Bruins, cuxas orixes se remontan a 1920, posúen o récord de 11 campionatos da NCAA gañados. O equipo de UCLA adestrado por John Wooden gañou 10 títulos en 12 tempadas, entre 1964 e 1975, incluídos 7 consecutivos entre 1967 e 1973. O actual adestrador dos Bruins, Ben Howland, semella devolver ao equipo á elite nacional, presentándose na Final Four nas tempadas de 2006 e 2007.
Un total de 70 xogadores dos Bruins chegaron á NBA[1]
Récords da NCAA
[editar | editar a fonte]O equipo de baloncesto de UCLA posúe varios récords da NCAA:[2]
- 11 títulos da NCAA.
- 7 títulos consecutivos da NCAA (1967-1973).
- 13 aparicións na final da NCAA.
- 17 aparicións na Final Four.
- 10 Final Four consecutivas (1967-1976).
- 26 vitorias en Final Four.
- 38 vitorias consecutivas en partidos do torneo da NCAA (1964-1974).
- 134 semanas coma número 1 na lista AP Top 25 dos mellores equipos universitarios.
- 221 semanas consecutivas na lista AP Top 25 (1966-1980).
- 54 tempadas consecutivas con porcentaxe de vitorias superior ao 50% (1949-2002).
- 88 partidos consecutivos gañados na fase regular (1971-1974).
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Campión da NCAA de fútbol americano: 1954.
- Campión da NCAA de baloncesto (masculino) : (11) 1964, 1965, 1967, 1968, 1969, 1970, 1971, 1972, 1973, 1975 e 1995.
- Campión da NCAA masculino: atletismo (8), golf (1), fútbol americano (4), ximnasia (2), natación (1), tenis (16), voleibol (19) e wáter-polo (8).
- Campión da NCAA feminino: atletismo (5), golf (2), ximnasia (5), softbol (10), voleibol (3) e wáter-polo (4).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Lista de xogadores de UCLA na NBA". Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2008. Consultado o 25 de xaneiro de 2009.
- ↑ "Records da NCAA ata 2006" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de marzo de 2006. Consultado o 29 de marzo de 2006.