por
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /'poɾ/ (AFI)
por
- Lugar onde ou lugar a través de que.
- Exemplo: Di que perdeu a carteira polo camiño. Vai pola corredoira collendo amoras. Polo mar abaixo vai unha troita de pé
.

- Ante topónimos, denota o tránsito polo lugar indicado.
- Exemplo: Foi a Lalín por Vilatuxe
.
- Exemplo: Foi a Lalín por Vilatuxe
- Ante topónimos, indica unha localización aproximada.
- Exemplo: Esa aldea está pola Terra Chá

- Denota unha parte ou un lugar concretos.
- Exemplo: Agarrei ao Xoán polo brazo
.
- Exemplo: Agarrei ao Xoán polo brazo
- Úsase cos nomes de tempo, determinándoo.
- Exemplo: Na miña horta as cereixas está maduras alá polo San Xoán. Por agosto

- En clase ou calidade de.
- Exemplo: O rei recibiu por esposa a unha duquesa

- Denota causa.
- Exemplo: Por unha delación dun compañeiro detivérona. Pechado por vacacións

- Denota o medio de executar algo.
- Exemplo: Co estranxeiro entendime por señas. Falei con ela por teléfono

- Denota o modo de executar algo.
- Exemplo: Por forza. Por todo o alto. Fíxeno polas boas

- Denota prezo ou contía.
- Exemplo: Compreino por cen pesos. Pola casa ofréceme unha boa horta

- A favor, en defensa ou en proveito de alguén ou de algo.
- Exemplo: Fágoo por ti. A miña neta tratoume moi ben, polo que a deixo mellorada. Por el daría a miña vida

- En substitución de alguén ou de algo.
- Exemplo: Ten aos seus mestres por pais

- A xuízo ou opinión de.
- Exemplo: Teno por un santo
.
- Exemplo: Teno por un santo
- Xunto con algúns nomes, denota que se dá ou se reparte con igualdade algo.
- Exemplo: A perdiz por barba. Tocan dez euros por persoa

- Relaciona os factores dunha multiplicación.
- Exemplo: Tres por seis: dezaoito.
- Exemplo: Tres por seis: dezaoito.
- Introduce o complemento dalgúns verbos.
- Exemplo: Andaron preguntando por vós. Vinde por min ás cinco.

- Expresa o axente.
- Exemplo: O problema é coñecido por todos

- Seguido do pronome interrogativo que, serve para preguntar a causa ou o motivo polo que se fai ou ocorre algo.
- Exemplo: Por que non viñeches? Dime por que non viñeches

- Indica medio de transmisión ou de transporte.
- Exemplo: Escoiteino pola radio. Fixen a viaxe por ferrocarril

- Indica substitución.
- Exemplo: Cambiou os zapatos polas botas

- Denota proporción.
- Exemplo: A tanto por cento
.
- Exemplo: A tanto por cento
- Úsase para comparar entre si dúas ou máis cousas .
- Exemplo: Vila por vila, cal prefires, Carballo ou Negreira

- Denota idea de compensación ou equivalencia.
- Exemplo: O un polo outro. O comido polo servido

- En orde a, acerca de.
- Exemplo: Alegáronse varias razóns por unha e outra parte

- Pasar a través de.
- Exemplo: A vella pasou o fío polo ollo da agulla. Escorreu os chícharos por un coador

- Denota carencia ou falta.
- Exemplo: Isto está por puír. Quedan prazas por cubrir

- Úsase en lugar da preposición a e o verbo traer ou outro.
- Exemplo: Fun a por leña. Foi por viño. Hai que ir por pan

- Con certos infinitivos, para.
- Exemplo: Por mor da censura corrixín o texto

- Con certos infinitivos, denota a acción futura destes verbos.
- Exemplo: Está por vir. A sala está por varrer

- Detrás dun verbo, e diante do infinitivo dese mesmo verbo, denota falta de utilidade.
- Exemplo: Comer por comer. É moi detallista, está varrendo por varrer.

- Precedida de non, ou seguida dun adxectivo ou dun adverbio e de que, ten valor concesivo.
- Exemplo: Non por moito pintarte estarás máis guapa. Por atrevido que sexa non o fará

- Tempo pouco preciso.
- Exemplo: Aí polas tres da tarde hei de pasar por aquí. Polo mes de xaneiro neva e vai frío

- Duración no tempo.
- Exemplo: Déronlle traballo por seis meses

- Causa ou motivo.
- Exemplo: Has xantar ti só por chegares tarde

Observacións
A preposición por contrae coa segunda forma dos artigos lo, la, los, las, dando as seguintes formas: polo, pola, polos, polas.