Saltar ao contido

favor

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /fa.'βoɾ/ (AFI)

Substantivo masculino

favor
(sg: favor; pl: favores)

  1. Axuda, protección ou socorro que se fai a alguén, por amabilidade ou afecto.
    • Exemplo: Fíxome moitos favores.

  2. Apoio, preferencia ou protección.
    • Exemplo: Este actor goza do favor do público.

Termos relacionados

a favor, de favor, en favor, facerlle un favor a alguén, fágame o favor, faime o favor, por favor, por favor!, vender o favor