Saltar ao contido

Xi'an

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaXi'an
Fotomontaxe
Imaxe

Símbolo oficialMilgrandeira (flor)
Sófora (árbore) Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 34°15′40″N 108°56′32″L / 34.2611, 108.9422
Provincias da República Popular da ChinaShaanxi (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Shaanxi (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación12.952.907 (2020) Editar o valor en Wikidata (1.282,87 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Shaanxi (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Superficie10.096,81 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude405 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Organización política
Órgano lexislativoCongresso de Xiam (pt) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal710000 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico29 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webxa.gov.cn Editar o valor en Wikidata
BNE: XX461130

Xi'an (en chinés: 西安; pinyin: Xī'ānTradución: “Paz Occidental”), antigamente romanizado como Sian, é a capital e cidade máis poboada da provincia de Shaanxi, na China. Ten preto de 3.2 millóns de habitantes, 8 millóns se se ten en conta toda a municipalidade, e é un centro industrial, comercial e turístico. Foi a capital da China ó longo de varias dinastías: Chin (255 a 206 AC), Han (202 AC a 25 DC) e Tang (618 a 907).

A cidade actual de Xi'an reconstruíse durante a época Ming no lugar da antiga Chang'an, capital das dinastías Sui e Tang.

Prehistoria

[editar | editar a fonte]

A cunca baixa do río Amarelo, da que o río Wei é o tributario principal, foi o berce da civilización chinesa. No val do segundo, ao sueste da cidade actual, téñense atopado restos de Homo erectus de entre un millón e 500 000 anos de antigüidade (Home de Lantián).

Xa no neolítico, para o 4.500 a.C., houbo un asentamento de cinco a sete hectáreas no bordo leste da cidade (Banpo[1]). Pertencente á cultura Yangshao, estaba rodeado dun foso defensivo.

Primeiras capitais

[editar | editar a fonte]

Pero a entrada do lugar na historia coma zona de asentamento de capitais das dinastías fundacionais prodúcese no 1046 a.C. cando os Zhou, pobo establecido no oeste do val do Wei (por iso chamados Zhou Occidentais ata 772 a.C.), derrocan a dinastía Shang e instauran a súa. Os dous primeiros reis, Wu e Cheng, implantan unha dobre capital subsidiaria nas ribeiras do Feng (afluente do Wei no bordo occidental da cidade actual[2]). Chaman Feng á parte oeste e Hao á do leste (Fenghao ao conxunto[3]). Duns dez quilómetros cadrados, os principios que rexerían a súa feitura poderían seren os marcados no clásico Ritos de Zhou, onde se teoriza sobre os principios básicos da arquitectura e urbanismo chinés que anticipa a planta das capitais imperiais posteriores[4].

No 771 a.C. os Zhou, atacados por nómades do oeste, desprazan a súa capital ao leste (Luoyang; por iso Zhou Orientais). Fenghao debeu ser destruída ou progresivamente abandonada. Ata que no século IV aC, un novo pobo, os Qin (Chin), aséntase no val do Wei. Vasalos dos Zhou Orientais ao comezo, trala época dos Reinos combatentes (475-256 a.C.), acaban por unificaren China nun só imperio.

O ano 350 a.C. foi o do ascenso do reino de Qin de periférico a dominante dos seus veciños. O conselleiro do Duque Xiao de Qin, Shang Yang, vai revolucionar a administración e o goberno do poder chinés, sentando as bases de máis de dous milenios do réxime imperial. Amais, supervisou o traslado e a construción dunha nova capital nunha posición máis estratéxica: Xianyang (nordeste da actual cidade homónima), na beira norte do río Wei. Os sucesivos gobernantes Qin amplíana construíndo novos pazos[5] ata que Qin Shi Huangdi, o primeiro emperador chinés, decide construír o seu na beira sur do río (219 aC[6]), acorde en magnificencia co novo rango de capital imperial. Tamén nesa beira, ao leste, sitúase o achado arqueolóxico máis importante do século XX e posiblemente do XXI: os guerreiros de terracota, pertencentes ao xigantesco complexo aínda por desenterrar do mausoleo do emperador.

Changan, capital da dinastía Han Occidental

[editar | editar a fonte]

No -206 unha guerra civil terminou coa breve pero intensa dinastía Qin, queimando ata os cimentos a súa capital e pazos. A dinastía Han foi instaurada e de seguido unha nova capital imperial construída: Changan.

Sobre as ruínas dun dos pazos Qin na beira sur do Wei, o Xingle, o fundador da dinastía dos Han Anteriores ou Occidentais, Liu Bang, reconstrúe en -202 un novo que chama Changle, feito tomado coma fundación de Changan. Dous anos despois erixe o pazo Weiyang (4,8 km²; suroeste da cidade). E entre 194-190 aC levántanse as murallas da cidade cun perímetro de 25,7 km e 36 km² protexidos (dos que dous terzos son pazos, situados maiormente no sur onde a topografía era máis elevada [7]).

Esta capital palaciana dun grande imperio foi a urbe cosmopolita na que comezaba a Ruta da Seda (a partir do -130) e a igual á Roma do tempo, no outro extremo da ruta. Aínda despois dos conflitos que levaron á disolución da dinastía e a súa retoma coma Han Orientais ou Posteriores, xa con capital en Luoyang (25), Changan non deixou de manter o prestixio acadado, sendo capital ocasional durante o longo e sanguento interregno dos Tres Reinos, as Seis Dinastías e invasións dos Hunos (séculos IV a VI).

Daxing, a nova Changan da dinastía Tang

[editar | editar a fonte]

No 582, despois de restaurar a unidade imperial, o fundador da dinastía Sui, o emperador Wen, decide erixir tamén unha nova capital, unha ducia de quilómetros ao sueste de Changan (que estaba moi arruinada tras tantos séculos de guerras e decadencia, os acuíferos salgados, e con risco sempre de ser asolagada polo Wei). Xa no soar da actual cidade moderna, chámaa Daxing[8].

O plan do mestre arquitecto Yuwen Kai segue os ditados arriba vistos dos clásicos de Zhou pero levados a unha escala endexamais vista (9,7×8,7 km, 85 km2[9]). A cidade divídese en tres partes ben diferenciadas por murallas: a cidade pacega cos pazos imperiais, a cidade imperial próxima cos edificios de goberno e administrativos, e a cidade propiamente dita de bloques residenciais, con mercados e templos [10]. O deseño será o modelo urbano, non só das cidades chinesas posteriores (Pequín, Yuan e Ming), senón tamén de todo o extremo oriente (por exemplo as capitais imperiais xaponesas, Heian-Kyoto)

A vella Changan é demolida e reutilizados os materiais. Deseguido (582-583) o gran complexo palaciano é construído no centro do muro norte co gran pazo Da Xing (Taiji despois).

Pero a nova capital vai acadar a súa máxima expresión e esplendor coma maior cidade do mundo pouco despois, coa dinastía Tang (618-907). Aínda que a tradición chinesa sinalaba que cada dinastía erixise unha capital de seu, os Tang manteñen a capital Sui pero renomeándoa co nome de Changan[11].

Pronto un novo gran pazo de verán esténdese polo nordeste, fóra das murallas, o Daming (634-62)[12]. A gran pagode Da Yan (do Ganso Salvaxe) elevouse entre 652 e 704, e ao ser de ladrillo conservouse ata hoxe. Os dous mercados do leste e oeste son os máis activos do mundo, onde chegan toda sorte de mercadorías pola Ruta da Seda.

No 904 toda esta metrópole foi devastada coa caída da dinastía e a maioría dos habitantes obrigados a trasladarse a Luoyang, ao que seguiron décadas de divisións e invasións de pobos turcos. Só unha pequena área continuou ocupada.

En 1370, co comezo da dinastía Ming, o anaco habitado arrodéase de murallas con foso (14 km[13], 11,5 km2) e recibe o nome de Xi'an [14]. Aprovéitanse en parte (oeste e sur) as do recinto da cidade imperial e palaciana da época Tang. O conxunto é o recinto histórico da metrópole actual. Tradicional chinés, dous grandes eixos entre as portas principais córtanse na praza central onde se levanta a Torre da Campá e a Torre da Tambor. O cuadrante nordeste resérvase para o palacio Ming e edificios administrativos[15].

Inda que dende esa época Xi'an non foi máis que capital provincial sen medrar significativamente ata a segunda metade do século XX[16][17], o seu antigo prestixio conservouse como unha das catro grandes antigas capitais da China (con Luoyang, Beijing e Nanjing). Da man dos extraordinarios descubrimentos arqueolóxicos que inda se están a desvelar, o futuro da urbe coma destino turístico de primeira orde e centro do desenvolvemento do interior do país están garantidos.

  1. "Páxina do Museo de Banpo". Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2009. Consultado o 04 de xullo de 2009. 
  2. "Esquema das sucesivas capitais ao longo do tempo no área de Xian". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 27 de marzo de 2013. 
  3. "Restos arqueolóxicos de Hao". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 27 de marzo de 2013. 
  4. "Traza da cidade ideal segundo os Ritos de Zhou". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2012. Consultado o 27 de marzo de 2013. 
  5. Situación da capital, pazos e tumbas Qin[Ligazón morta]
  6. Pazo de Qin Shihuang na beira sur do Wei ("The magic square", Alfred Schinz)
  7. "Planta da Changan Han (pazos en amarelo)". Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2004. Consultado o 27 de marzo de 2013. 
  8. "Esquema coa situación de Daxing respecto as outras capitais". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 14 de xullo de 2009. 
  9. "Esquema da traza de Daxing comparada co ideal dos Ritos de Zhou". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 14 de xullo de 2009. 
  10. "Visión interactiva da Changan Tang". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 27 de marzo de 2013. 
  11. "Reconstrución da Changan Tang en 3D; Universidade de Singapur". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2009. Consultado o 16 de xullo de 2009. 
  12. "Planta do Pazo Daming". Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2013. Consultado o 15 de xullo de 2009. 
  13. Vista das murallas Ming; Porta Sur en primeiro plano[Ligazón morta]
  14. Planta da Xian Ming[Ligazón morta]
  15. Xian intramuros entre os séculos XV-XX[Ligazón morta]
  16. Xian moderna; anos 70[Ligazón morta]
  17. Xian moderna; anos 90[Ligazón morta]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]